Saltar navegación.
Inicio

Conversa con Antonio Yáñez Casal

Antonio Yáñez e Lucía Fontal

Fai clic para ver máis fotos

26/04/2013

Este xoves, 25 de abril, contamos na Biblioteca de Secundaria do Feal co escritor Antonio Yáñez Casal

O autor ferrolán achegouse ao noso centro para manter un interesante coloquio cos alumnos de 3º e 4º da ESO sobre o seu libro Vento galerno.

Algunhas das cuestións que nos aclarou xiraron arredor da elección do título do libro, a inspiración na vila de Cariño (terra da súa familia) á hora de ambientar a súa historia ou sobre a súa identificación con todas as personaxes da novela en maior ou menor medida... unha charla ben aproveitada que rematou - non podía ser doutro xeito - coa cola que se formou para que asinase os libros dos alumnos que llo pediron. 

Dedicatoria de Antonio Yáñez

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com