Entrevista a Algarabía Animación
Todo este curso, mentres foi normal e especialmente cando se volveu extraño, a xente de Algarabía Animación con sede na Coruña foi un claro referente para o noso traballo co cine e moi especialmente coas curtas en Stop Motion. Estamoslle moi, pero que moi agradecidos pola súa desprendida colaboración connosco, tanto suministrándonos material de traballo en forma de interesantes unidades didácticas como por ser unha constante fonte de inspiración.
Nesta entrevista, á que amablemente se prestaron Virginia e Tomás, aprendimos máis do seu día a día e do traballo que leva elaborar todolos aspectos dunha curtametraxe; na entrevista falan de que unha curta de 10 min lévanlles máis de 6 meses traballando a tope, 6 meses!! E que incluso facendo un traballo máis por riba para youtube cada minuto son 3 dias.
Que interesante
É moi interesante este vídeo, agora coñecemos mais a Algarabía Animación e a música é moi pegadiza.
Candela 5Bº
Enviar un comentario novo