Maio 2023

Clasificación final Torneo Xadrez 3º trimestre 2023

O último torneo deste curso ofrece a seguinte táboa de gañadores: 

RAÚL           5º curso
10,5
DANI           5º curso
8,5
YAGO          5º curso
8
ÁLEX           5º curso
8
ZAID            5º curso
6
MARTÍN C    2º curso
5,5
MARTÍN S    4º curso
4
ROBERTO    4º curso
4
ABEL           6º curso
3
BORJA        4º curso
2,5
MARIO        5º curso
1,5
ROI              5º curso
0,5

En cor figuran os gañadores por ciclos. Raúl gañador absoluto, Martín C gañador do primeiro ciclo e Martín S gañador do segundo ciclo.

Lembrade que estamos invitados a unha xornada de convivencia o domingo 18 de xuño en Ponteareas (Fraga do Rei)

Xornada Pho3nix

 

Hábitos de vida saudables

IMPRESORA 3D

Completamos o proceso de utilización da impresora 3D, os alumnos de 6º deseñan con Tinkercad e exportan a un pendrive en stl.

No ordenador de polos creativos e mediante o Creativity Slicer converten os seus deseños nun Código que o ordenador poida interpretar (SEGMENTACIÓN). Pasan ese código á tarxeta SD da impresora 3D.

Insertan a Tarxeta na Impresora e proceden á Impresión dos seus deseños

 

Entrevista á escritora María Xosé Lamas

 Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.

Educación vial

A educación vial unha parte trascendental nas nosas vidas. Promocionado polo Concello de Marín os alumnos de 5º e 6º, o 18 de Maio disfrutaron dunha xornada de Educación Vial.  Amablemente tanto a DXT como a Policía Local, explicaron aos nosos alumnos como comportarse axeitadamente tanto coma peóns como conductores, primeiro mediante unha charla e logo dun xeito máis lúdico mediante un circuito con Karts que previamente se montara no patio. 

Tantos os alumnos como os ensinantes desfrutaron dunha actividade que esperemos que teña continuidade por parte do Concello, máis cedo que tarde.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Estimadas familias:

Dende este luns 22 de maio ata o mércores 21 de xuño poden solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de tres xeitos diferentes: 

    - Electrónica: na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  e posteriormente presentar a solicitude en Sede Electrónica.

    - Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  , imprimindo os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro, en horario de 9:05 a 9:50 horas, de luns a venres. Para entregar noutro horario chamar previamente ao 886151325.

    - Presencial manual: no noso centro. 

Poden recoller a solicitude en horario de 9:00 a 14:00 horas e presentala no horario establecido no apartado anterior.

Aqueles nenos/as que pasen para a ESO presentarana no Instituto onde están admitidos. 

Un saúdo, Ana Belén Mata Vidal (secretaria do CEIP Sequelo-Marín)

 

LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS

O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.

Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"

Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza

O Baúl dos Libros: entrevista a Víctor Rivas

A visita de Víctor Rivas serviu como excusa perfecta para crear un novo programa que vai xirar ao redor da nosa biblioteca:  a lectura, escritura creativa, deseño gráfico....En resumo, o mundo dos libros, un mundo do que as ilustracións de Víctor son parte.

 

Os Maios da Ascensión

Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou.  Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira.  Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión.  A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.

De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu. 

Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.

Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira

Maio da Chave

Embarcación Río Lameira

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.