Febreiro 2023

Plano Cenital?

Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?

Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios

Adiviña o Plano

Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións

Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é

 

Kopa Deportes nº 3

Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.

Admisión do novo alumnado para o curso 2023/2024

 ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

  • O prazo para presentar a solicitude de admisión para o novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.

  • As solicitudes poderánse presentar presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • O impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:15 horas a 14:00 horas.

  • Tamén poden descargar a solicitude de admisión ED550B no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • Para calquera dúbida poden enviar un correo ao noso centro (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ou chamar ao teléfono 886151325.

     PRAZAS VACANTES CEIP SEQUELO-MARÍN

CURSO

PRAZAS VACANTES

INFANTIL

23

1º E. P.

11 (3 reservadas para alumnado NEAE)

2º E. P.

7

3º E. P.

10

4º E. P.

5

5º E. P.

3

6º E. P.

7

Normativa que regula o proceso de admisión:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023

Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".

Rematamos con festa no colexio e degustación de lambetadas típicas de Entroido, aportadas polas familias.


Obradoiro de filloas. Entroido 2023

Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos  protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!". 

A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.

 
 
E como seguro que moitos de vos non lembrades como e cando chegou a ser a filloa "Raiña do noso Entroido" no CEIP Sequelo; foi ocorrencia dalgúns mestres no Entroido do 2004. 
Como presentación tivo esta modesta pegatina.
 

 

Solicitudes de reserva de matrícula

Estimadas familias:

As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.

Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).

"Radio Sequelo" en Escolas nas Ondas

Polo Día Mundial da Radio 2023 participamos en "Escolas nas Ondas" cos programas de radio realizados para o Día da Paz 2023.

 
Premendo neste enlace teredes acceso a páxina de "Escolas nas Ondas" na que aparecemos.
 

Se queredes saber más de "Escolas nas Ondas" e escoitar o que fan outros compañeiros aquí tendes o enlace.

 

"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023

O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. 

Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.

 

Kopa Deportes Programa 2

Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.