Outubro 2022

Coidamos a Creación

 

O MUNDO É UN REGALO

CÓIDAO

Entre os compañeiros de Infantil e 1º

que asisten á clase de Relixión,

fixemos este vídeo para non esquecer

que compartimos un planeta

que temos que coidar. 

 

 

A TERRA É A CASA DE TODOS

O xogo da miñoca

O alumnado de 1º segue aprendendo a coidar do planeta. Desta vez separamos o lixo. Grazas ao xogo da miñoca da Deputación de Pontevedra, xa sabemos que tipo de materia orgánica podemos levar ao composterio. Esta actividade pertence ao Plan Revitaliza. O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.

 

Actividades inicias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"

Iniciamos o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" con dúas actividades introdutorias.

Primeira: Actividade de plástica para concienciar da importancia das tres RRR (Recicla, Reutiliza, Reduce). Consistiu en rechear tres grandes "R" con materiais de reciclaxe.

Segunda: "Cada contedor co seu lixo" actividade de ideas previas, que consistiu en rechear unha ficha con recortes de folletos, identificando o lixo correspondente ao seu contedor.

 

Coñecémonos

Chegou o momento de coñecernos mellor.

coñecemos as nosas facianas de Ruth PT

PDI Protexo o meu planeta! Protéxome eu! Comezamos

Comezamos coas actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.

Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento  do proxecto ao longo do curso.

Agardamos a vosa colaboración nas actividades que vos iremos propoñendo.

 
Toda a información e traballos realizados co PDI iranse recollendo nunha páxina web creada para este fin "CEIP Sequelo. Curso 2022-2023. Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
 
Podedes acceder premendo no anterior enlace, ou na imaxe que está na columna esquerda desta web; tamén dende o blog da biblioteca.
 

Vale material escolar- ampliación

A partires de mañá poderán recoller o vale de material escolar- ampliación na Secretaría do centro, en horario de 9:00 a 9:50 horas, de luns a venres.

Recordamos que só levará o vale o pai, nai ou titor/a legal ensinando o seu DNI. Tamén poden autorizar a outra persoa que traerá a autorización escrita xunto coa copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal do alumno/a.

O prazo para recoller o cheque remata o 25 de novembro.

"Puré de Chícharos" de Daniel Neskens

Outro dos clásicos recomendados polos alumnos de 6º. Desta vez Uxía Sanjorge.

Plan Director 2022/2023

Como en anos anteriores, efectivos da Policia Nacional de Marín, visitaron aos alumnos de 5º e 6º, nunha charla centrada no acoso escolar.

Danza de espadas de Baiona

Este ano por mor da festa de San Miguel, unha das danzas de Espadas dos mariñeiros, a de Baiona veu visitar Marín. Da súa visita aprendimos que tódalas danzas de espadas son moi semellantes, pero así mesmo con diferencias, como as que teñen a de Marín e a de Baiona.

Experiencias no San Miguel

Os nenos e nenas do CEIP Sequelo vivencian o San Miguel dun xeito diferente.

Collage Fotos Vacaciones con amigos Colores de Ruth PT

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.