Novembro 2021

Camiño en Violeta: "Alza a túa voz". 25 Novembro

Este ano conmemoramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", alzando as nosas voces para construír un "Camiño en Violeta" cara á Igualdade e á NON Violencia. 

Alzamos as voces, enchendo os corredores coas nosas mensaxes, para non esquecer que o "Camiño en Violeta" témolo que construír día a día.

Panxoliñas 2021

 CONSERVANDO AS TRADICIÓNS

Empezando o Advento

 

Tempo de espera e preparación

O VALOR DA ESPERANZA

PACIENCIA

para as vacacións 

e celebracións do NADAL

Outro ano máis ensaiando panxoliñas para despedir o primeiro trimestre.

Podedes ir ensaiando na casa para aprender a letra das panxoliñas.

 

 FELIZ  NAVIDAD FELIZ NAVIDAD    Feliz Nadal                                                                                                                                                                                                                                                                  2021                 3º-4º-5º-6º  

DÚRMETE, NENO BENDITO

1.*Dúrmete, Neno bendito,

dúrmete caraveliño,

que están os anxos á beira

do teu berce pequeniño.

Durme estreliña do ceo,

pombiña dos meus amores,

que tamén te están gardando

Xosé e mailos pastores.

2.*Dúrmete...Durme…

Dúrmete, Neno bendito,

dúrmete caraveliño,

que están os anxos á beira

do teu berce pequeniño.(BIS)

 

3.Déixame encherte de bicos,

déixame darche unha aperta,

déixame cantar cos anxos

a paz que Ti traes á terra.

Durme estreliña do ceo,

pombiña dos meus amores,

que tamén te están gardando

Xosé e mailos pastores.

2.*Dúrmete...Durme…

Dúrmete, Neno bendito,

dúrmete caraveliño,

que están os anxos á beira

do teu berce pequeniño.(BIS)

 

O NOSO NENIÑO

1.Deitadiño está nas pallas,

Súa nai está con Él.(bis)

Tamén xunto de El está,

Sentadiño San Xosé.

 

estribillo

Correde meniños e nenas tamén

Que o Noso Meniño

naceu en Belén.

Enriba das pallas está o Noso Ben.

¡Que pequerrechiño que bonito é!

¡Que bonito é! ¡Que bonito é!

 

2.Noite  de estrelas douradas,

Noite de luces de amor.(bis)

En Belén naceu Xesús

O Divino Redentor.

Estribillo

 

FELIZ  NAVIDAD    FELIZ NAVIDAD   Feliz Nadal 2021                                                                                                                                                                                                                    

 

FUN, FUN, FUN…

25 de Diciembre, fun, fun, fun
25 de Diciembre, fun, fun, fun

Un niñito muy bonito
Ha nacido en un portal
Con su carita de rosa
Parece una flor hermosa
Fun, fun, fun (bis)

 

Venid venid pastorcillos fun, fun, fun
Venid venid pastorcillos fun, fun, fun

Venid formar panderetas
Y castañuelas al portal
A adorar al rey del cielo
Que ha aparecido en el suelo
Fun, fun, fun

25 de Diciembre, fun, fun, fun
25 de Diciembre, fun, fun, fun

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LLEGA LA NAVIDAD

Llega la Navidad con sabor de mazapán
De turrón, de mieles y de pan
Vamos a celebrar la familia en el hogar
Nuestra Nochebuena una vez más.

Con nueces peladillas y un poquito de champán
Cantando una canción que diga con mucha humildad
Que aquí niños y niñas piden a la humanidad
Que reine la paz.

Llega la Navidad con sabor de mazapán
De turrón, de mieles y de pan
Vamos a celebrar la familia en el hogar
Nuestra Nochebuena una vez más.

Con nueces peladillas y un poquito de champán
Cantando una canción que diga con mucha humildad
Que aquí niños y niñas piden a la humanidad
Que reine la paz.

Llega la Navidad con sabor de mazapán
De turrón, de mieles y de pan
Vamos a celebrar la familia en el hogar
Nuestra Nochebuena una vez más.

 

 

 

 

FELIZ  NAVIDAD    FELIZ NAVIDAD   Feliz Nadal 2021                                                                                                                                                    1º-2º

 

 

Porque aquí non é ben ruar

 

 

-Imonos xa pra aldea

porque aquí non é ben ruar. (2)

Porque Xesusiño durme (2)

E podémolo despertar (2)

 

…e laralará, e laralará…

 

Porque aquí non é ben ruar. (2)

 

 

 

 

 

 

 

FELIZ NADAL 2021

FELIZ NAVIDAD

.............

Arre borriquito…

 

1.En el cielo hay una Estrella,
que a los Reyes Magos guía,
hacia Belén para ver,
a Dios hijo de María.

Cuando pasan los monarcas,
sale la gente al camino,
y alegres se van con ellos,
para ver al tierno Niño.

Arre borriquito, arre burro arre,
anda más deprisa que llegamos tarde.
Arre borriquito vamos a Belén,
que mañana es fiesta
y al otro también.

2.Hacia el portal de Belén

Se dirige un pastorcillo

Cantando de esta manera

Para alegrar el camino.

Que ha nacido el Niño Dios

En un portal miserable

Para enseñar a los hombres

La humildad de su linaje.

 

 

 

 

 

Programa Xogade. Carreira "Campo a través"

Seguindo co empeño de fomentar hábitos saudables entre o noso alumnado, hoxe participamos na competición "Campo a través", dentro do Programa Xogade.

Ciclomarcha organizada pola ANPA AIDÓN

Este domingo a ANPA AIDÓN organizou unha ciclomarcha, con saída do colexio, á que se uniron outros centros escolares de Marín.

Ademais de fomentar hábitos saudables e o uso da bicicleta, foi tamén unha marcha reivindicativa pola eliminación da violencia contra a muller,  adiantándose á conmemoración do próximo día 25 "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".

Así pois todos os participantes non se esqueceron de levar un pano violeta, e disfrutaron dunha xornada soleada, saudable e reivindicativa en bicicleta.

ciclomarcha

 ciclomarcha_2

Traballamos no horto

Xa está en marcha o horto escolar! O pasado venres  o nenos e nenas de terceiro estivemos a traballar no horto escolar:

  1. Preparamos a terra abonándoa e aireándoa.
  2. Plantamos repolos.
  3. Regámolos.
  4. Estivemos vendo todo o que xa plantaran os nosos compañeiros doutros cursos.

Agora toca coidalo!!!

Celebramos o Samaín

Que medo daban os disfraces dos nenos e nenas de terceiro! Algúns estaban irrecoñecibles!!

Aquí os tedes ao lado dos seus terroríficos traballos do Samaín.

 

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS AOS DISTINTOS ESTAMENTOS DO CONSELLO ESCOLAR

 A Xunta electoral, en reunión mantida o 15 de novembro de 2021, acordou a proclamación das seguintes candidaturas presentadas para o proceso electoral  de renovación do consello escolar:

Candidatos a representar aos pais, nais e /ou titores legais:

o    Dª. Ana Cambeiro Méndez

o    D. Damián Garrido Portela.

o    Dª. Tania Mª Pérez Area.

o    Dª. Mª Benita Piñeiro García

o    Dª. Fatima Zohra Nacer.

·Candidatos a representar ao profesorado:

o    D. José Antonio Pazos Pazos.

Prazo de alegacións: Ata o 17 de novembro de 2021, incluído.

INFORMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Estimadas familias:

 

De acordo coa Orde do 28 de outubro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22, o ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2021-2022, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pode presentar solicitude sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:

       Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

       Alumnado matriculado en educación especial.

       Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

       Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo e forma de presentación: para o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar:

       Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

       Para o alumnado que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é dicir, un mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.MNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIA

       Presentación. Unicamente de forma presencial na Secretaría, con cita previa.

Resumo do Magosto 2021.

O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo. 

A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas. 

Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo.

Se queredes consultar información da man dos protagonistas mirade atentamente o vídeo da entrada anterior "Informativo Especial Magosto 2021".

Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.