Marzo 2020

MATEMÁTICAS. Multiplicacións I (3º)

Déixovos uns exercicios de matemáticas para repasar as multiplicacións. É unha triloxía, polo tanto, esta é a primeira entrega!

Reto 8: Ioga

O reto de hoxe é practicar posturas de ioga, na sesión do reto 5 a volta á calma xa vimos algunhas posturas como a montaña, a estrela e o triángulo, coñeces algunha máis?

 

Recordarche que para a sesión de hoxe precisarás un colchón, mantiña,… algo que nos permita traballar sobre unha superficie branda para que non provocar ningunha lesión.

 

Vamos empezar a clase cun conto.

Para seguir envío un enlace a unha sesión de ioga que podedes facer por parellas, ten unha pequena introdución a acroioga (só como experimento), realizade a primeira parte da sesión.

 

O ioga axuda a correxir posturas corporais, aumentar a flexibilidade, equilibrio,... as culturas orientais que na súa expansión polo mundo occidental, trouxeron mandalas como obxectos de relaxación, tranquilidade e reflexión, favorecendo a concentración, equilibrio, creatividade, … existen moitas e moi variadas, eu propoño que lle poñas cor a unha para terminar a clase de hoxe porque comezou a primavera e vamos dedicarlle un ratiño.

 

 

 

Este último enlace é para facelas no ordenador ou na tableta.

 

 

Namasté 

 

 

Naturais 4º

Bos días: déixovos actividades de naturais para repasar, ademais cambio o formato das actividades de matemáticas porque ocupan moito  e engado actividades para repasar o tempo e o diñeiro.

Recordo que podedes participar nas actividades de centro como contos na casa. Soamente tedes que gravaros, pódese co móbil, contando un conto ou un poema e mandalo a sequelonacasa@gmail.com. Recórdovos que as actividades propostas non son obrigatorias e que soamente son unha guía para que teñades os pais e nais. O máis importante é que dediquedes un tempo á lectura e á comprensión lectora facendo preguntas sobre a lectura e repasar as táboas e as operacións de cálculo. Moito ánimo.

Contos dende a casa (13): Paco Nogueiras Nodar

Quen nos colexios de primaria non coñece a Paco Nogueiras Nodar e o seu disco Brinca Vai? Hoxe manda un saúdo para toda a nosa Comunidade escolar.

Músico e actor. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.

Moitas grazas de corazón, Paco.

Contos desde a casa (12): Iker Crespo de 5ºA "Estás como unha cabra!"

Moi ben nenos e nenas! Seguimos recibindo os vosos contos. Esta vez o de Iker de 5ºA, que nos le un fragmento do libro "Estás como unha cabra!".

Contos dende a casa (11): Titiricircus

Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.

Contos dende a casa (10): Juan Carlos Epifanio

Hoxe é a quenda para Juan Carlos Epifanio que dende a súa casa lenos este "SHERLOCK TÓPEZ Y EL JABALÍ MALHUMORADO".

Contos dende a casa (9): Alonso Arribas López

Alonso aproveita que está na casa para ler. Hoxe regálanos o conto do Gaiteiro e o lobo.

Segue o blog de 1º e 2º no seguinte enderezo: verdeiroles.blogspot.com

Lengua Castellana (3º)

Ejercicios de comprensión lectora

Ciencias da Natureza (3º)

Le atentamente o texto e responde ás preguntas sobre "as etapas da vida"

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.