Xuño 2020

Retoooo!!!!! (Ed. Física)

Esta semana toca………….. un novo reto, están moi ben os vídeos que me mandades dos anteriores, vexo que o primeiro foi sinxelo e o segundo é máis complexo, vamos ver que pasa co terceiro.

Grazas a todos e todas as que me mandades vídeos ou fotos explicándome que vos resultou difícil ou sinxelo.

Espero comentarios, vídeos, fotos… e tamén algunha proposta… (profetamaraef@gmail.com). 


Desfrutade da fin de semana!!!!

#euficonacasa
#euquedonacasa

COLOCA OS PRONOMES CON AMOR

A que cando falas en inglés, non se che ocurre deixar unha oración afirmativa sen suxeito, ou colocalo ao final da frase?

En galego unha das cousas que máis renxe cando un se bota a falar, fóra dos tempos compostos que tamén renxen de seu, é a colocación inapropiada dos PRONOMES. Neste vídeo explícannos a todos como colocalos con AMOR.

E para que sexas un experto en colocar os pronomes se non é con amor, a xeito, deixámosvos unha recolleita de frases que fomos procurando nos medios. Dicimos o pecado pero non o pecador, porque na nosa autonomía dende o Presidente ata o último cidadán se trabucan. Tratade os pronomes con amor e dicídenos nos comentarios onde están os erros

1. Aos políticos os critica todo o mundo.

2. A esta coma aos outros lle convén continuar.

3. Lle vou contar a verdade, señoría.

4. O fago así desde hai moito tempo.

5. Mo levo porque me gusta

VENRES... (12-06-20209)(3º)

3!!!!!!  2!!!!!! 1!!!!!!!! ................. VENRES!!!!!!!

E chegou o día!! Non sei que pensar! Teño emocións e sentimentos enfrentados! Por un lado estou esgotado, coma vós, e polo outro, triste, decaído, abatido, melancólico, morriñento... morriñento de vós, de que isto remate e non ter a oportunidade de volver a vervos en condicións normais nin nun espacio tan familiar e lúdico como é o colexio, a aula, onde nos quedaron tantas e tantas cousas por ver, facer e aprender. Primeiro aprender de vós! Fundamental!! E logo aprender todos xuntos, buscando, investigando e trabucándonos! Que necesario é equivocarse!!

Sinto que o universo me roubou un tempo de estar con vós, de traballar xuntos, pero tamén que me regalou un período para coñecervos mellor, a vós e a vosa familia, na vosa intimidade, na miña intimidade! Por iso, a pesar de todo, doulle as gracias a ese "tempo roubado" porque o 2020 vai unido a Marín, ao cole de Sequelo e a vós! E ainda estamos en xuño! Na metade do ano! Quedan 6 meses por diante para que sexa un ano magnífico! As cousas que quedan por suceder!!! Todas boas!! Non pode ser doutra maneira!! Non vos parece???

Pois por ser o último dia de "deberes" vouvos dar a elexir entre as seguintes tarefas: 

1º. - https://www.liveworksheets.com/sp784108xn 

2º. - https://www.liveworksheets.com/qn812020dx

Agora van uns documentos adxuntos (Fíxoos Cris, unha compañeira do ano pasado) A ver se vos gusta!

Recordade que para a semana mando igualmente traballo pero queda nas vosas mans facelo ou non!

Mil apertas e bo fin de semana!!

Relixión Evanxélica (6º)

Hola 6º evanxélica

 

Relixión Evanxélica (4º)

Evanxélica de 4º

 

Relixión Evanxélica (3º)

ésta también para 3º

 

Relixión Evanxélica (3º)

HOLA 3º evanxelica.

 

Relixión Evanxélica (2º)

Hola 2º de evanxelica, esta semana viaxamos con Xosé

Relixión Evanxélica (1º)

Hola 1º de evanxelica

Xogo coas mans (Música - Ed. Física)

Na entrada de hoxe Hugo tráenos a entrevista que lle fixo a súa avoa, coñecedes este xogo?

Hugo móstranos tres versións do mesmo xogo. Esperámos que vos gustaran.

 

 

Encontramos este vídeo en youtube onde podemos ver un exemplo de como se xoga, pero seguro que vos coñecedes outra variante, eu lembro de sentarme no colo de miña avoa para que me contara a historia dos dedos e do ovo.

 

Xa estamos a rematar a semana!!! Desfrutade moito do que queda dela!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.