Marzo 2020

Dende a casa

Estimadas familias:

Recollemos varias propostas para levar a cabo cos nenos/as, e que figuran no primeiro bloque da dereita desta páxina web: Dende a casa. Todos podemos participar cos nosos vídeos de Contos, Poemas, Música, Manualidades, Hoxe aplaudimos a... ou Un día Con... e mesmo Mensaxes de ánimo. 

"HOXE APLAUDIMOS A....". Consiste en que os nenos/as nos manden unha redacción ou un pequeno video, como prefiran, relatando o traballo que moitos e moitas de Vdes. están realizando durante esta crise, tanto no ámbito sanitario como dos transportes, do mar, alimentación, comercio, industria, teletraballo, etc., xa que somos conscientes de que moitos de Vdes. están traballando arreo durante esta crise. Os nenos/as poden entrevistalos e contarnos en que consiste o seu traballo ou o dalgún familiar ou veciño durante estes días. Logo iremos subíndoos á paxiña web e aos blogs do colexio, contando coa súa autorización. 

Outra proposta é que os nenos/as nos contasen que fan cada día , en forma de diario ou de axenda, por ex. "levántome ás 9, almorzo, estudo,etc." . Chamariámolo "UN DÍA CON... (nome do neno/a)” e tamén se subirían á web. Saúdos cordiais.

Lembrade enviar as vosas propostas ao e-mail : sequelonacasa@gmail.com

Contos dende a casa (20): Iria Argibay de 3º "Caperucita Roja"

Este é o conto que Iria de 3º curso nos envía "Caperucita Roja". E xa levamos 20. Moi ben!!"

Música dende a casa (5)

Iria mándanos este animado vídeo co seu pai. Así nos gusta que non decaia!.

Reto 11: Emprega un anaco de cartón como raqueta...

  A actividade de hoxe está relacionada co reto 5, ese día había unha actividade de reciclaxe, preparástedes algún material para o 28 de abril?, eu estou empezando cos meus deseños, hoxe preséntovos a miña tetrapala, non tiña cartón para realizar unha pala como manda o reto, polo que modifiquei un pouco o material.

Vou explicarvos como fixen a miña tetrapala (buscade a explicación nos pdf adxuntos),invítovos a crear unha e enviarme as vosas creacións por correo electrónico.


 

Envío un vídeo que ten moitas actividades de materiais reutilizados e reciclados, hai moitos que non podemos realizar nin practicar, pero outros poden resultar divertidos e entretidos, espero que vos gusten, podedes enviarme algún vídeo ou foto dos que fagades.

 

Retos en familia (3º)

Primeira actividade de “retos en familia”

 

A ver se todos os días vos podo mandar un reto para resolver en familia e romper un pouco a cabeza!

 

Aconséllovos que escribades os nomes nun trozo de papel e que empecedes a combinar todas as opcións! A cabeza non para!

 

Mandádeme as solucións por privado!

 

Ánimo que mañá cúmprense dúas semanas e o becho, de momento, non entrou! 

 

#Queda NaCasa

Contos dende a casa (19): O Papaventos Viaxeiro

Dende moi, moi lonxe, nunha aldea perdida (que sorte ten) de Ponteareas, en pleno contacto coa natureza, Breixo Vidal de 5º traenos este conto do Papaventos Viaxeiro.

Música dende a casa (5): SERVANDO BARREIRO

Músico, contador de historias, e moi importante isto último, veciño de Valadares (Vigo). Baixo o seu alter ego do Bardo Abelardo percorre na compaña literaria de Anxo Moure tódolos recunchos de Galicia procurando divulgar nas súas cantiguiñas e contos o respecto á natureza.  Deixa moi especialmente para vos esta "Nana das árbores".

Músico de formación clásica debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996) na compaña do grupo Retrincos, "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.

Contos dende a casa (18): Lara Touza de 4ºA "Garavanciño"

Chegou o conto de Lara de 4ºA, ela e a súa irmá están desfrutando da lectura de "Garavanciño".

Volveremos!

Elva Pintos achéganos este vídeo no que transmite o seu desexo de voltar ó cole. Que sepas Elva que os profes do Sequelo estamos contigo e desexamos voltar, pero mentras tanto, sede responsables como o sodes e ficade na casa. Unha aperta moi grande!

Manualidades dende casa...(1): Irene 6ºB

Ola, boas tardes. Hoxe tamén engadimos outra nova sección á nosa páxina: "Manualidades dende casa". Para inaugurala, Irene Pazos Iglesias de 6ºB vos ensina como facer flores de papel. Animádevos a facelas! 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.