blogue deMiguel

Rosalía de Castro

Neste vídeo vos deixamos un resumo do magnífico traballo que fixo o alumnado de 2B e 6B xunta cos seus mestres Susana e José Antonio, sobre Rosalía de Castro. No  corredor dos pequenos tedes os seus debuxos e podedes velos recitar os seus poemas coa app de realidade aumentada Aurasma. Só fai falta un dispositivo móbil. Esperamos que vos guste.

 

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2016/2017.

Adxúntanse os arquivos do procedemento para a admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos para o CURSO 2016/2017.

Liga Fútbol Sala

Boas! Xa podedes consultar na Web do noso centro todo o relativo a liga de Fútbol Sala, que se está a disputar nos recreos. Tedes na parta inferior dereita a clasificación, os equipos, xornadas e tablón de anuncios. Se facedes clic en cada categoría, mandaravos á ligazón correspondente. Aquí debaixo tedes onde hai que mirar. Por outra banda, animámosvos a participar na creación do escudo do voso equipo. Podedes escoller unha foto, un debuxo ou un logo e mandármolo ao correo miguelsequelo@gmail.com, poñendo o nome do equipo e adxuntando o escudo. En pouco tempo, o teredes na web posto co voso equipo. Ánimo e a participar.

Clasificación Liga Fútbol Sala 2015/2016.

Entroido 2016.

Aquí vos deixamos unha recopilación das fotos do Entroido 2016. Se pinchades enriba da foto, ides á galeria de fotos. Esperamos que vos gusten. Ah, se alguén quere unha copia do orixinal da súa foto que nola pida para mandarlla nun email ou copiarlla. Podedes pedila a estes correos: cepsequelo@gmail.com ou miguelsequelo@gmail.com

Alice in Wonderland.

Os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria asistiron o pasado 21 de xaneiro en Pontevedra a obra de teatro en inglés, "Alice in Wonderland", que ven de celebrar o pasado mes de maio de 2015 o seu 150 aniversario. Foi unha sesión moi entretida onde puideron practicar inglés interactuando e cantando en inglés cos protagonistas da obra.

 

Digalego.

Nace Digalego, o máis completo dicionario de galego en Internet.

Realizado pola editorial Ir Indo, consta de 65.000 entradas e equivalencias en inglés, alemán ou chinés. Por GCiencia | 11/01/2016 18:24.

Un novo dicionario dixital máis actualizado e con máis de 65.000 entradas. Así é Digalego, realizado pola editorial ‘Ir Indo’ e que a Xunta vén de poñer a disposición de toda a cidadanía, con acceso gratuíto. Trátase dunha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, para unha obra que levou 20 anos de traballo e investigación e que agora pasa a propiedade da Administración autonómica. O acceso está xa dispoñible no enlace digalego.xunta.gal, así como a través do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

O conselleiro, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o editor de Ir Indo, Bieito Ledo; presentaron o proxecto, que pretende ser unha ferramenta para os colectivos que a necesiten para o desenvolvemento do seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos. “É dicir favorecemos a presenza do galego no tecido empresarial e profesional–dixo-, tal e como estamos comprometidos a facelo a través do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico”, dixo o conselleiro.

O dicionario inclúe un ‘repertorio de formas incorrectas’ con voces non admitidas en galego.

Como segundo obxectivo da publicación en aberto do Digalego, está a proxección exterior do galego e a súa difusión internacional. Neste sentido, e dado que o dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet.

Cabe salientar que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).

Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.

O Apalpador.

Xa están preto as datas do Nadal. Imos recordar un personaxe de noso que ven das montañas do Courel, o Apalpador, que lles trae aos meniños e meniñas galegos moitos agasallos. Aquí tedes unha canción de Paco Nogueiras, sobre este personaxe que publica Kalandraka no libro-disco "Brinca vai".

 

Visita ao Museo de Pontevedra.

O alumnado de 6º de primaria visitou o pasado xoves 15 de outubro, como cada ano, o museo de Pontevedra, onde este ano se inauguraron instalacións. A visita este ano xirou en torno a unha exposición que mostra a vida desde o Paleolítico á época dos romanos. Lembráronos que todos podedes acudir a este interesante cita de maneira gratuita, cos vosos amigos ou familiares. Ánimo, que vos gustará!

 

Que sabes da Historia do Libro?

Despois do excelente traballo que realizou o noso alumnado sobre a Historia do libro, aquí tedes tamén en formato dixital as preguntas do concurso "Que sabes da Historia do libro?". Os que xa o entregachedes por escrito non o fagades aquí, porque só se admite unha resposta por alumno/na. Os que aínda non participachedes, podedes facelo pola Web. Ánimo e sorte!

 

 

Información Matrícula 2015/2016.

Adxúntanse os documentos relacionados coa información para a matrícula do Curso 2015/2016.

Tecnoloxía ou Metodoloxía?

Os vídeos dos Dereitos Humanos (10 de decembro).

O Apalpador.

Fol Música deséxavos un bo Nadal con esta fermosa canción de Malvela dedicada O Apalpador, o noso Rei Mago... e con un video para os nenos da casa feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G. publicado por Biblos Clube de Lectores, e que xa vai na terceira edición. Se queredes coñecer máis cousas sobre este simpatico personaxe podedes visitar www.apalpador.com. Nesta web ademais de contar como se relaciona o Apalpador con outras tradicións europeas do Nadal, podedes atopar imaxes para colorear e outras moitas brincadeiras.

 

Libro dixital E-Dixgal.

Calendario Escolar 2016-2017

O comezo do Curso 2016-2017 é o día 12 de setembro, ás 09:00h. Polo entrada dianteira, 3º-5º-6º. Pola entrada do patio traseiro(patio de columnas), 1º-2º-4º.

 

Libros de texto 2014-2015.

Este é o listado de libros de texto para o vindeiro Curso 2014-2015. Tedes tamén un pdf en arquivos adxuntos para descargalo.

Obxecto da convocatoria e principais novidades

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

As principais novidades desta convocatoria son:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros),

 Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Calendario Escolar 2014/2015.

O Calendario Escolar ven determinado pola Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. nº 120 do 26-06-2014), orde que podes descarregar no ficheiro adxunto.

Representación de "Odaiko. Vaia circo" en Pontevedra.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro, acudiron hoxe, 19 de marzo de 2014, a Pontevedra para ver o novo espectáculo deste fantástico grupo de percusión galego "Odaiko". Aquí tedes unha mostra do que puideron disfrutar o noso alumnado e os profes.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.