EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Poemas dende a casa (9): Helena Villar Janeiro

Esta semana os alumnos de 5º van traballar co libro de Helena Villar "As señoras cousas" e a súa autora tivo a amabilidade de compartir connosco un dos poemas do libro:  "Aquí ven o libro". Agora a poesía pasa da voz de Helena ás nosas.

Aqui ven o libro - Helena Villar Janeiro from Endl Cep Sequelo Marín on Vimeo.

Contos dende a casa (27): Lolo anda en bicicleta

Roi Rodiño Fraguas de 5º uniuse a todos aqueles que nestes días nos están contando contos dende as súas casas; para tal fin el elixiu este "Lolo anda en bicicleta".

Dia mundial do Teatro: Ai mamasiña que medo

Cada semana os alumnos de 5º len un libro e coincidindo que este domingo era o día Mundial do teatro dedicaron a lectura semanal "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" de Carlos Casares, pero xa na primeira semana de feche leran, este "Ai mamasiña que medo" que entre varios deles vos presentan e que foi escrito pola autora marinense Chus Pereiro. Punto e final.

Hoxe aplaudimos a...(2) A nai e o pai de Uxía

Uxía, de 6ºA aplaude aos seus pais porque...

Na miña casa os meus pais seguen traballando. O meu pai traballa nunha empresa que transporta peixe a toda España, esperta sempre moi cedo para ir traballar á lonxa de Vigo e non volve ata a tarde.

Por outra banda, a niña nai traballa coma contable nunha empresa e fai teletraballo diariamente. Ademais, sigue co seu outro traballo coma concelleira en Marín facendo vídeo chamada cos seus compañeiros.

A parte do seu traballo na empresa e o seu cargo como concelleira, tamen fai as tarefas do fogar,  fai a comida e sempre lle queda un momento para estar conosco.

Un día con...(4): Uxía de 6ºA

UN DÍA CON UXÍA

Espértome as 9:00h e ás 9:30h estou almorzando. Despois dúchome e prepárome para comezar o día.

Ás 10:00h xa estou no meu escritorio, facendo tarefas e repasando cousas de clase. Remato mais ou menos ás 14:00h e cálzome para baixar ao meu can, iso si, con mascarilla e luvas de latex. Volvo a casa as 14:10h e séntome á mesa para almorzar. Rematamos as 15:00h e limpamos a cociña.

Descanso un rato e ás 16:00h da tarde póñome a entrenar para rematar as 17:30h.

Pola tarde, vexo un intre a televisión e despois fago algunha manualidade ou debuxo.

Máis ou menos ás 22:00h, ceno e ás 22:30h póñome o pixama e prepárome para ir á cama. Sobre as 23:00h xa estou durmindo.  

Un aplauso polas nenas e nenos do CEP Sequelo

 

Bos días nenos e nenas,

Hoxe cúmprense 2 semanas de encerro na casa, dúas semanas nas que todos e todas estades demostrando o fortes que sodes e o poder que tedes, por iso hoxe ás 18:00 horas o aplauso vai a ser para todas e todos vós, porque non só os/as que están no hospital, nas ambulancias, no supermercado, na farmacia, nas rúas vixiando que non salgamos en exceso, os/as investigadores,… están traballando en contra desta pandemia, todas e todos os que estamos nas nosas casas con gañas de saír pero sabendo que non debemos tamén formamos parte da cura, porque cremos e credes que isto vai ser positivo, que se encontrará unha vacina, que os investigadores lograrán coñecer mellor este virus que non só por perigoso senón tamén por descoñecemento sobre el nos está a gañar unha guerra, todos e todas sodes importantes, si non nos poñemos enfermos e non contaxiamos somos unha barreira para esta enfermidade, uns pequenos soldados que sen sabelo salvaredes moitas vidas, moito ánimo para estes días que nos quedan na casa, sodes uns e unhas grandes guerreiras e guerreiros!!!!

Unha aperta enorme para todos os meus guerreiros e guerreiras do CEP Sequelo!!!! Verémonos moi axiña.

Música dende a casa (7): PABLO DÍAZ

Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.

Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.

 Obras publicadas para os nenos

Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.

Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.

Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.

Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco

Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.

Pablo é un dos interpretes que participara no libro-CD "A nosa memoria" que recollía a tradición popular oral da nosa vila.

Contos dende a casa (26): A lúa de Xoan

Elva Pintos Omil de 5º escolle esta Lúa mariñeira de Xoán para compartir con todos vós, moi repantingada dende o salón da súa casa.

Contos dende a casa (25): Tonino

El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón.

Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e máis veciños.  El soña con marchar para o deserto; é o único certo.

Esta é a historia que nos trae dende a súa casa Martin de 5ºB

Hoxe aplaudimos a...

O meu aplauso é para...

Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións

Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco.  E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.

Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.

A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

As Voces dos Animais (Faranduleando)

Cando a un alumno lle pides que continúe unha canción tradicional sobre animais e che manda unha marabilla coma esta, danche ganas de non xubilarte nunca.  Dos nosos alumnos, logo destes días podes dicir calquera cousa, agora que non lles vaia a farándula, non.

No principio Deus púxolle nome aos animais, agora ás voces deles o grande Roi Rodiño Fraguas

As voces dos Animais from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos

Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos

 

Contos dende a casa (22): Iria Alfonso de 4ºA "Escarlatina a cociñeira defunta"

Iria de 4ºA le un fragmento do libro de Ledicia Costas titulado "Escarlatina a cociñeira defunta".

Carta aberta a un enfermo do virus. Óscar 6ºB

Carta aberta a un enfermo do virus

Ola! Ti non me coñeces; eu a ti, tampouco. Son Óscar, teño 11 anos, son de Marín (Pontevedra); máis concretamente da parroquia de San Xulián. Espero que te atopes, dentro das túas circunstancias, ben. Estarás maldicindo a este virus e aos seus culpables, se os hai. Que saibas que eu tamén o estou facendo. 

Sempre mente positiva. Disto vaise saír, cedo ou tarde, co traballo de todos os cidadáns, dos teus médicos, das túas enfermeiras, das nosas familias, de todos e todas. Fai plans para cando estés san. Iso sí, o primeiro propósito é abrazar e bicar aos nosos seres queridos e aos nosos amigos. Comidas e ceas, quedadas no parque, facer deporte ao aire libre,… Todo o que nos gusta.

Por certo, na miña familia, tamén tocou a lotería do virus. O meu tío Carlos, que vive en Madrid, leva 12 días aislado na súa habitación, con síntomas de Coronavirus, sobre todo febre. Fixéronlle a proba, pero a día de hoxe, non sabe o resultado. 

Sé forte e non baixes a garda, que o bichiño anda por todos os recunchos. 

Moita sorte e ata vernos!!

 

ÓSCAR DE LA TORRE ABOAL – 6º B CEP Sequelo-Marín

 

Dende a casa

Estimadas familias:

Recollemos varias propostas para levar a cabo cos nenos/as, e que figuran no primeiro bloque da dereita desta páxina web: Dende a casa. Todos podemos participar cos nosos vídeos de Contos, Poemas, Música, Manualidades, Hoxe aplaudimos a... ou Un día Con... e mesmo Mensaxes de ánimo. 

"HOXE APLAUDIMOS A....". Consiste en que os nenos/as nos manden unha redacción ou un pequeno video, como prefiran, relatando o traballo que moitos e moitas de Vdes. están realizando durante esta crise, tanto no ámbito sanitario como dos transportes, do mar, alimentación, comercio, industria, teletraballo, etc., xa que somos conscientes de que moitos de Vdes. están traballando arreo durante esta crise. Os nenos/as poden entrevistalos e contarnos en que consiste o seu traballo ou o dalgún familiar ou veciño durante estes días. Logo iremos subíndoos á paxiña web e aos blogs do colexio, contando coa súa autorización. 

Outra proposta é que os nenos/as nos contasen que fan cada día , en forma de diario ou de axenda, por ex. "levántome ás 9, almorzo, estudo,etc." . Chamariámolo "UN DÍA CON... (nome do neno/a)” e tamén se subirían á web. Saúdos cordiais.

Lembrade enviar as vosas propostas ao e-mail : sequelonacasa@gmail.com

Contos dende a casa (20): Iria Argibay de 3º "Caperucita Roja"

Este é o conto que Iria de 3º curso nos envía "Caperucita Roja". E xa levamos 20. Moi ben!!"

Contos dende a casa (19): O Papaventos Viaxeiro

Dende moi, moi lonxe, nunha aldea perdida (que sorte ten) de Ponteareas, en pleno contacto coa natureza, Breixo Vidal de 5º traenos este conto do Papaventos Viaxeiro.

Contos dende a casa (18): Lara Touza de 4ºA "Garavanciño"

Chegou o conto de Lara de 4ºA, ela e a súa irmá están desfrutando da lectura de "Garavanciño".

Volveremos!

Elva Pintos achéganos este vídeo no que transmite o seu desexo de voltar ó cole. Que sepas Elva que os profes do Sequelo estamos contigo e desexamos voltar, pero mentras tanto, sede responsables como o sodes e ficade na casa. Unha aperta moi grande!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.