Obradoiro de Consumo "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido. 

Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que  un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.

 

 

 

 

Poemas de Paz

Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.

Campo a través- Portas

O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.

Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.

Noraboa!

Xornadas de portas abertas

Día da Paz 2023.

Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:

"Se ti sorrís o mundo sorrirá"

Visita ao Lago de Castiñeiras.

O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.

 

Radio Paz 2023

Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.

Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.

Regalámonos o mellor de cada un

Todo o mundo ten algo bo e debemos aprender a recoñecelo.

 Saber aceptar os eloxios, tamén é importante.

E máis cando nos fan sentir tan ben. Haberá que repetilo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!

A casa de Kike

Actividade na que o alumnado domotiza unha casa virtual, colocando distintos dispositivos domóticos no seu sitio correcto nunha presentación de Genially. A información de onde vai cada dispositivo atópase espallada polo aula, e terán que discernir entre a información fiable e a información falsa. Finalmente, participan nun concurso de preguntas en Quizizz sobre información real e falsa do mundo da domótica.

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!

Primeiros Deseños 3D

A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.

Lapis 3D

Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear.  Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.

Pesadelo na Biblioteca

Tras un terremoto, os libros da biblioteca automatizada de Digitaldría desordenaronse. Incluso nalgúns borráronse os seus datos. O alumnado completou os devanditos datos buscando a información na web da biblioteca para logo transformarse nos robots automáticos da mesma coa misión de organizar os libros da forma que corresponda.

 

Un novo Aguinaldo

As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.

O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".  

A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.

 

A Noitiña de Nadal

Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.

Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.

 

Reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2023-2024

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS

O alumnado de 6º curso de primaria pode solicitar a reserva de praza para o seu centro adscrito, que é o IES Illa de Tambo.

Asimesmo, o alumnado de 6º curso de Educación Infantil da EEI O Grupo pode solicitar a reserva de praza para o CEIP Sequelo.

O PRAZO É DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DE 2023.

Para presentar unha solicitude deberán seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace:

Solicitude de reserva de praza para centros adscritos

LEXISLACIÓN APLICADA:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Felicitamos as festas

Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.

Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!

 

Festa de Nadal 2022

Así rematamos o primeiro trimestre do curso:

Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".

Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.

Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.

Boas festas a todos!!!

Vémonos no 2023!!!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.