Marzo 2020

Reto 3: Baila tres cancións que non sexan reggaeton.

Bos días!

Xa tedes superados os retos do luns e do martes? Espero que gocedes do que toca hoxe, eu xa teño pensadas as miñas tres cancións favoritas, cando regresemos ao cole xa me contaredes.

Hoxe teño uns traballos extras pensados para algúns de vós, os traballos para segundo curso animo a todo o cole a que os faga, así poderedes contarme cal vos gustou máis, se se pode repetir, se xa os coñeciades,...

Espero que disfrutedes moito das actividades que fagades hoxe.

 

Lingua Galega (3º)

Deixo un texto e unhas preguntas para traballar a comprensión lectora. Podedes imprimir o documento e realizar os exercicios sobre el ou ben copiar as preguntar nunha libreta ou folio e facelas.

Vamosss!!

Matemáticas (3º)

Empezamos con resolucion de problemas para que practiquedes a comprensión. Pensade moi ben o que ides facer antes de responder, de acordo?

Podedes mandar as solucións a través dunha fotografía ou adxuntando o mesmo documento que vos mando ao correo que vos facilito. Ánimo!

Lembrade o e-mail: terceirosequelo@gmail.com

Mirade os problemas nos dous ficheiros adxuntos.

Contos desde a casa

Nestes días de retiro propoñémosvos que gravedes un video cun fragmento, de aproximadamente un minuto,  do voso conto favorito e nolo enviedes á seguinte dirección: sequelonacasa@gmail.com

Para que teñades un exemplo, a profe Silvia animouse a ser a primeira en participar, con este fragmento de "Galofoguete".

Agardamos polos vosos!

Saúdos do profe Ángel (3º)

Para contactar comigo usade este e-mail:

terceirosequelo@gmail.com

Envíovos unha mensaxe para ler no ficheiro adxunto

Matemáticas 4º

Déixovos tarefa de matemáticas para repasar, procurade repasar as táboas de multiplicar e facer cada día unha suma, unha resta, unha multiplicación e unha división. As actividades que deixo e para traballar ao longo da semana.
Engado uns xogos de división(31 marzo)
 
 
 
 
Durante a semana santa non se mandara tarefa,deíxovos un caderno de matemáticas para que repasedes.Feliz semana santa!!!
 

14 días - 14 retos (Educación Física)

Pinchade nos 2 ficheiros adxuntos

Recursos para a aprendizaxe en liña (INTEF)

O INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) creou o sitio web “Recursos para a aprendizaxe en liña”, no que se ofrecen diversos materiais e recursos para a ensinanza a distancia.

Constitúen unha selección de máis de 20 aplicacións online que resultan útiles para mellorar a metodoloxía docente.

Sociais 4º

Déixovos unha presentación do tema da poboación para que o repasedes na casa.

Ademáis adxunto uns enlaces cos que podedes realizar xogos sobre o tema:

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/vida-sociedad/campo-ciudad

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/poblacion_humana/poblacion.html

https://cplosangeles.educarex.es/web/cuarto_curso/sociales_4/poblacion_4/poblacion_4.html

https://cplosangeles.educarex.es/web/cuarto_curso/sociales_4/sector_primario_4/sector_primario_4.html

Bos días: deíxovos as presentacións en power point dos temas anteriores de sociais traballados polos nenos para que repasen. A partir de agora cada día subirei contidos ás distintas carpetas creadas de mates, lingua, naturais e sociais para non engadir  máis lapelas na páxina do cole, soamente tedes que meteros no blog de 4º e mirar o que se vai engadindo (que serán actividades de repaso e moi pouco). Recórdovos que tamén tedes actividades de música, educación física e relixión. Un saúdo.

Deíxovos a presentación da hidrosfera para repasar os temas anteriores

Actividades para casa 3º-4º

RELIXIÓN CATÓLICA.

Relixión Católica...   terceira semana

Bos días, queridiños.

Estas son algunhas das tarefas que podedes facer durante estas semanas,

cando collades a materia de relixión católica.

Son actividades para 3º-4º que se poden  COPIAR ou descargar e IMPRIMIR.

Facede clic debaixo, onde di adxuntos.

HONRARÁS A TEU PAI E A TÚA NAI

En 3º curso falamos de Moisés e dos 10 mandamentos.

Foron 10 palabras que Deus lles mandou obedecer 

para poder ser Felices sempre XUNTOS

Se obedeces á primeira todos seredes máis felices.

Procura dar as GRAZAS aos teus pais por poder contar sempre con eles.

FAMILIA UNIDA

SEMANA SANTA

Os favoritos de Xesús sempre foron os CATIVOS.

Mira a seguinte parábola de Xesús. Logo cóntalla a alguén.

 No seguinte enlace, entraredes noutro Blog de Relixión, no publiquei algúns enlaces para pasar mellor as tardes, con pasatempos cos que aprenderedes de forma máis divertida.SHALOM significa PAZ.

COMPARTIR PARA SER FELIZ...

é o momento de poñer en práctica o aprendido,

para contaxiar aos que temos preto a ilusión por 

 vivir xuntos.

Recordas as Obras de Misericordia?

Ter paciencia cos defectos dos demáis

Despois de ver o vídeo, intenta poñelo en práctica durante estes días.

Pregunta aos teus avós se recordan algunha, ou o mandamento de Xesús.

AMAOS UNS AOS OUTROS COMA EU VOS AMEI.

 

Biquiños

Moito  ánimo ..................................................................................biquiños.......

 

Facede clic debaixo, onde di adxuntos

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.