blogue dejosean

O ganso do Nilo

Outra das especies invasoras en Galicia e moi de moda nas noticias neste momento. A cousa foi creación de Xoel Sequeiros e Breixo Vidal.

Cando apareza o gardabosques co seu arco de bolas asustagansos dispáraas premendo a tecla x, para que o ganso se marche de Marín.

 

A raqueta antivelutina

Antes de poñerte a estragar raquetas de badminton sen ton nin son para loitar contra as velutinas, practica un pouquichiño con este simple xogo de Roberto de 5º.  Dalle a bandeira e cando a velutina se mova seguea co rato e cun click dalle coa raqueta.

Salpas

Como parte do noso PDI "Chegamos a bo porto" hai un tempo entrevistabamos a Xosé Iglesias Lamela, un patrón da costa da Morte, que nos falaba dun animal moi curioso chamado salpas e que daquela invadían o mar. 

Como nos picou a curiosidade botámonos a investigar que eran aquelas salpas (non confundir cos peixes do mesmo nome) que en Galicia tamén se coñecen cos nomes de Augamalas e Marmocas. Os resultados tédelos aquí, traballados a través da ferramenta de presentación colaborativa de Google Docs

 

Alexandra-Irene-Sara-Martín e Candela

 

Carla-Roi-Laura-Breixo Vidal

 

Maroua-Carlota-Xoel-Elva

A miña tía Manuela: Contos da tradición oral (XI)

O último conto da nosa rica tradición? Non o sabemos, porque esperamos que algún máis nos chegue.. Desta vez ben da man de Dani Quintana e vai do que lle pasou a dous curmáns que foron facer aquilo que se chamaba o "servizo militar". O conto ten moita retranca como ten que ter un conto galego.

Mingos ten xenio: Contos da Tradición Oral (X)

Nun determinado momento das nosas vidas todos lle temos que botar valor ao asunto e amosar quen manda, coma o Minguiños neste conto tradicional que nos conta Xoel Sequeiros Paz

A raposa e mailo galo: Contos da tradición oral (IX)

Hai moito tempo cando os animais falaban un galo e unha raposa.....Isto é o que nos conta Roi neste conto cheo de retrousos con rima, que funcionan a xeito de recursos nemotécnicos.

O esmoleiro: Contos da tradición oral (VIII)

A globalización da que tan amplamente se falaba antes da chegada do COVID, non era algo novo na transmisión de saberes e coñecementos; o que sucedeu e que ese proceso que estaba presente nas comunidades humanas acelerárase por mor dos medios de comunicación.  O conto que nos trae hoxe Carlota Díaz sonaravos coma "O conto da Leiteira", outro dos contos espallados por toda Europa. Antes cando a globalización era máis a modiño, daba tempo a que chegaran e a que se adaptasen á realidade de cada pobo.

O Andaluz e o Galego: Contos da tradición Oral (VII)

Un andaluz e un galego sentados xuntos nun tren, só pode resultar en intentar amosarlle ao outro do que son quen, esaxerando un pouquirrichiño iso si, polo que nos conta Roberto Armada Aneiros.

A vella e o soldado: Contos da tradición oral (VI)

Da man de Rubén Argibay Pedrosa chéganos estoutro conto dun soldado que volvendo da guerra foi pedir pousada na casa dunha vellla e o que alí pasou.

O Can católico: contos da tradición oral (V)

Recollido en Marín este conto, a súa estrutura provén dos testamentos dos burros que supuñan antes da chegada de costumes foráneas, como o enterro da Sardiña, o fin do Entroido. Nunha graciosa adaptación moi galega, cóntao Sara Fernández Blanco.

As vodas do ceo: Contos tradicionais galegos (IV)

Se hai un conto que se poida dicir tradicional, e que está amplamente espallado por toda Europa e este que nos conta Carla e que recolle dunha forma popular o mito de Icaro, aquel que quixo tocar o sol, e acabou esnafrado.

"Fuxe laxe que te esfarelo, que se saio desta, non quero máis vodas do ceo"

A galiña asustada/O inspector: Contos de tradición oral (III)

Na nosa rica tradición oral vas topar como no resto de Europa fábulas, contos onde os animais falaban, cunha singularidade:  maiormente os nosos contos populares comezan co aquel de "Hai moito tempo cando os animais falaban...".  O da galiña asustada non é o caso, pero si remata cunha rima exemplificadora, cunha moral aplicable á vida cotiá. No conto de Candela Bermúdez contamos ademais cuns incribles efectos especiais, que lle dan vida ao conto.

O segundo conto que nos manda Martín Barreiro ten que ver moito coa nosa realidade: inspectores, alumnos, mestres, contidos...

O galego, o andaluz e o cabalo branco: contos da tradición oral (II)

Xa hai algún tempo e grazas a un bo amigo, ademais bo contador de historias, comezamos unha viaxe a traves da forma innata de transmisión oral do galego, a literatura oral. Os nosos pais e avós, sabían moi ben que elementos mesturar nas súas historias para facilitar a transmisión da cultura onde esas historias naceran. Con frecuencia soían, como regra nemotécnica, para facilitar a lembranza do conto, que consistía na inclusión ao final do conto dun pequeno verso ao estilo de moral e que ao final acababa sendo parte do léxico diario da xente do común.

Asi, deste xeito esquecido que quixemos recuperar, era como transmitían e ensinaban os nosos devanceiros; así con contos coma este que nos conta Irene Pazos Estévez.

Guiñol de 5º A: Festival Virtual 2020

Os nenos de 5º A empeñáronse en, malia a todo, ter un Festival de Fin de Curso, e desta vez son Manuel e Breixo, os que nos narran esta divertida historia dun rei, un mago, unha princesa convertida en rá....e todo a traves de personaxes de Guiñol.

Princesas no Museo (Stop Motion)

Tanto é o material que temos gardado en recamara que imos ter que seguir publicando ata ben entrado o verán. Un traballiño que se nos quedou atras do noso taller de Stop Motion. Fallaba no timing pero solucionado, aqui o tedes.

E a cousa inda non acabou.

Entrevista a Algarabía Animación

Todo este curso, mentres foi normal e especialmente cando se volveu extraño, a xente de Algarabía Animación con sede na Coruña foi un claro referente para o noso traballo co cine e moi especialmente coas curtas en Stop Motion. Estamoslle moi, pero que moi agradecidos pola súa desprendida colaboración connosco, tanto suministrándonos material de traballo en forma de interesantes unidades didácticas como por ser unha constante fonte de inspiración.

Nesta entrevista, á que amablemente se prestaron Virginia e Tomás, aprendimos máis do seu día a día e do traballo que leva elaborar todolos aspectos dunha curtametraxe; na entrevista falan de que unha curta de 10 min lévanlles máis de 6 meses traballando a tope, 6 meses!! E que incluso facendo un traballo máis  por riba para youtube cada minuto son 3 dias.

FESTIVAL FIN DE CURSO (5ºA)

Os alumnos de 5º A coidaron de que malia ser, este un ano "raro", por todo o que nos arrodea, o colexio non podía quedar sen Festival de fin de curso e decidiron montar un de xeito virtual dende as súas casas. Agradéceselle moito a iniciativa que ten un pouco de todo aquilo que nos faí falta na vida: humor, poesía, cancións e ata un toque de maxia.

>

Ladróns Parvos: revista de humor gráfico do CEP Sequelo

Por fin xa esta aquï!! Xa saíron á rúa esta "Ladróns parvos", a revista de humor gráfico do Cep Sequelo, volvendo ás pesetas.

Para realizar esta revista os nenos de 5º utilizaron unha multitude de ferramentas tanto offline como online.  Unhas para corear e escribir os diálogos (Gimp), outras para unicamente escribir  (o PdfEscape) e outras, maiormente apps para crear as propias tiras gráficas (ComicStrip) ou propiamente páxinas (MakeComixBeliefs). Con esta morea de ferramentas montamos o número I.

 

Romancillo de Maio: Poemas dende a casa (34)

Xa hai un tempo que chegou Maio a nós, e coma nós, celebran a súa chegada en toda a Península Ibérica, cada quen ao seu xeito. O poeta Miguel Hernández coñecía de primeira man a tradición en Castela-A Mancha, pois el traballara de pastor en pleno contacto coa natureza e así neste Romacillo de Mayo retrata o que son os Maios da Mancha.

O fondo musical son os Maios de Albarracín en Teruel

Caminante no hay camino: Poemas dende a casa (33)

Martín e Irene recrearon este curto e coñecido poema de Antonio Machado que é en si mesmo unha gran lección de vida. O camiño faise andando e o que queda detrás son ronseis que duran o que dura o paso do barco.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.