1º Primaria
LEGO WEDO en 1º de primaria
Enviado por xose o Mar, 28/03/2023 - 13:06O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:
1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,
2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth
3. Escribir a programación utilizando bloques
4. Comprobar que funciona!
E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.
Visita ao Lago de Castiñeiras.
Enviado por Miguel o Ven, 03/02/2023 - 01:00O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.
Día da Constitución Española (6 de decembro).
Enviado por Miguel o Mar, 06/12/2022 - 16:00Este ano, o alumnado de 1º de primaria coñeceu algo máis sobre a Constitución Española, que este 6 de decembro cumpriu 44 anos. Fixeron un pequeno vídeo para contarvos algo sobre ela. Esperamos que vos guste.
Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.
Enviado por Miguel o Mér, 30/11/2022 - 21:18Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable e cariñoso nos tres lugares onde estivemos.
Teatro " La aventura de aburrirse"
Enviado por Miguel o Mar, 22/11/2022 - 23:16Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron, xunto cos profes dunha fantástica obra de teatro titulada "La aventura de aburrirse" en Afundación-Pontevedra.
Déixovos un resumo desta obra: Rita é unha nena, que a pesares de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar soa. Pero un día na casa da súa avoa, cun simple patiño de goma, empeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes…
E agora siempre quere ir a casa da avoa para aburrirse un ratiño.
Este espectáculo pretende motivar a creatividade dos nenos e nenas, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa.
O xogo da miñoca
Enviado por Miguel o Xov, 27/10/2022 - 15:00O alumnado de 1º segue aprendendo a coidar do planeta. Desta vez separamos o lixo. Grazas ao xogo da miñoca da Deputación de Pontevedra, xa sabemos que tipo de materia orgánica podemos levar ao composterio. Esta actividade pertence ao Plan Revitaliza. O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.
Visitando a horta do colexio
Enviado por Miguel o Ven, 07/10/2022 - 20:12Hoxe fomos por primeira vez á horta do colexio, acompañados pola profe Belén, que axudou aos nenos e nenas de 1º a plantar, abonar e regar as súas primeiras plantiñas. Desexando velas crecer!
Programando con DOC
Enviado por Miguel o Ven, 30/09/2022 - 00:00Os nenos e nenas de 1º de primaria empezan a dar os seus primeiros pasos na programación co seu amigo robot DOC, traballando ao mesmo tempo a lateralidade e orientación espacial. Moi ben feito!
San Miguel 2022
Enviado por Miguel o Xov, 29/09/2022 - 00:00Os nenos e nenas de primeiro vestíronse co traxe típico da "Danza das espadas" de Marín para festexar o San Miguel. Despois imitaron con manualidades esta danza e con percusión seguiron o ritmo da música. Viva San Miguel!
Os Inventos... Exposicións Orais 1º-2º, 4º-6º
Enviado por inesduran o Ven, 03/06/2022 - 12:58INVENTOS QUE CAMBIAN O MUNDO
Exposicións Orais entre clases.
Os inventos estudiados nos 1º e 2º trimestre
foron a razón de xuntarnos por clases
para escoitar e aprender a través
das voces dos nosos compañeiros.
O LUME e a súa Simboloxía.
A IMPRENTA
A TELEVISIÓN
1º-2º
A PRENSA ESCRITA
OS USOS DA RODA
O CÓDICE CALIXTINUS
4º-6º
Facendo o noso MANUSCRITO
REUNIÓN NAIS E PAIS ALUMNOS DE 1º CURSO
Enviado por Anónimo o Ven, 03/09/2021 - 21:18Algúns xa coñecedes o colexio e para outros é a vosa primeira vez; a todos benvidos e grazas por confiarnos os vosos fillos e fillas. Cada vez que se empeza unha etapa educativa sempre leva consigo ilusión, esperanza, pero tamén algúns nervios e incertidumes. Un colexio novo, profes novos e novos compañeiros agárdannos á volta da esquina.
Para darvos a benvida e falar dalgúns aspectos da organización escolar deste curso 2021-2022 gustaríame que asistirades á seguinte REUNIÓN TITORIAL:
DÍA: MARTES, 7 DE SETEMBRO DE 2021
HORA: 11.30
PATIO DE COLUMNAS DO CEP SEQUELO
Agardando que poidades asistir recibide un saúdo de,
Ramón Pastoriza (Mestre titor de 1º)
Traballamos a autoestima en 1º B
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 13:52A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.
Nadal 2020...1º
Enviado por inesduran o Mar, 29/12/2020 - 19:21FELIZ NADAL
Pequenos artistas de 1º
entre pandeiretas
ensaiando as panxoliñas
para a Noiteboa.
Saúdo (1ºB)
Enviado por Anónimo o Lun, 19/10/2020 - 11:31Bo día!
No caso de precisar poñerse en contacto coa titora de 1º B, lembramos que poden facelo a traverso do teléfono do centro escolar ou mediante correo electrónico.
Igualmente é necesario que nos manteñan informados de posibles ausencias por indisposición, estar pendentes de PCR ou dos seus resultados.
Grazas pola súa colaboración.
Está á vosa disposición: noemisanpedro@edu.xunta.gal
Saúdos!
REUNIÓNS DE PRIMEIRO
Enviado por josean o Lun, 07/09/2020 - 13:37O día 9 de Setembro celebrarase a reunión de 1º A ás 16:00 e 1º B as 17:15 ámbalas dúas no Patio das Columnas. Acceso pola porta anexa ao pavillón. Esperámosvos
LISTA DE MATERIAL DE 1º CURSO 2020-21
Enviado por Anónimo o Lun, 07/09/2020 - 00:02LIBRO DE 1º 2019/2020
Enviado por Anónimo o Xov, 25/06/2020 - 23:17Este libro pretende ser un resume do ano escolar que vén de rematar. Pensei que vos gustaría ter un recordo deste atípico curso, marcado polo confinamento. Está feito con imaxes e vídeos, sobre todo, pero tamén con textos e algún audio. Gran parte do contido corresponde ás fotos e aos vídeos que mandastes dende a casa. Foi feito en modo colaborativo; nel colaboraron os alumnos, os pais e nais, as mestras de Música, E. Física, Inglés, PT, Relixión Católica e o mestre titor. Espero que vos guste. FELICES VACACIÓNS!
DIPLOMA DO REINO DAS EMOCIÓNS
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 19:12Este ano, os alumnos de 1º continuamos no programa de educación emocional O REINO DAS EMOCIÓNS, promovido pola Fundación Meniños.
Dado que foi un curso "diferente", Draco en Andrea, os personaxes protagonistas destas historias, quixeron agasallar aos alumnos de 1º e 2º cun diploma por quedar na casa durante o confinamento e seguir traballando nas cousas do colexio.
NORABOA A TODOS E TODAS!