Manualidades dende a casa

Manualidades dende a casa (26): Xavier Enciso saudando á primavera

Xavier Enciso de 5ºA fixo este bonito saúdo á primavera para que non esquezamos que aínda que non poidamos saír a primavera está aí agardándonos.

 

Manualidades dende a casa (25): Breixo Casqueiro creando e explicando

Breixo Casqueiro de 5ºA mándanos este pequeno titorial de como el aproveita distintos materiais que ten na casa para facer estas manualidades.

Estade atentos, ao mellor sacades algunha idea para facer vós co que atopedes.

Levántate Maio... 2020 (3)

Os Maios do Sequelo

Manualidades dende a casa

Vanse animando máis compañeiros no labor dos maios.

Mirade que artistas!

 

Rodrigo 5º Carlota 4ºB

 

Xa están listos para poñer nas ventás

Levántate Maio... 2020 (2)

 Os Maios

Sequelo 2020

Maio enviado por Pablo Torres 5º

Maio. Sequelo 2020

Xenial

¡¡Animádevos!!

Clasificación final do III Torneo de xadrez online CEP Sequelo

Temos a clasificación final do III torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa a todos/as os participantes.

Este torneo gañouno Breixo Vidal, de 5º curso, seguido por Darío, Roi, Xoel e Roberto. A primeira muller na clasificación foi Irene. Así que noraboa aos gañadores e tamén a todos/as os que participastes.

Preparamos outro torneo para o vindeiro martes, ás 18:30, estade atentos!

E para seguir practicando aquí tendes os libros de iniciación que nos ofrece a Federación Galega de Xadrez.

Levántate Maio...2020

LEVÁNTATE MAIO...

CEP SEQUELO 

MARÍN 2020. 

Este ano non nos cadra ben o de ir buscar fiuncho ou flores,

por iso aquí tendes un recurso adaptado á corentena.

Faremos cada un o noso Maio na casa.

Podedes mandar unha foto cando o rematedes, e  as colgaremos nestas páxinas.

 Non esquezades poñer o voso nome.

Quedarían xenial pegados nas ventás.

 

 

Día 1 de Maio

Animádevos

LEVÁNTATE MAIO . Sequelo 2020

III Torneo de xadrez online CEP Sequelo

O xoves, día 23 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o terceiro torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.

Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail (Se xa estás rexistrado non necesitas facer este paso).

Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.

Cando che pida o contrasinal para acceder ao torneo escribe:  sequelo

As partidas serán de 5 minutos por xogador.

Así que ánimo e a participar!

Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.

Clasificación final do II Torneo de xadrez online CEP Sequelo

Temos a clasificación final do II torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa porque imos subindo o número de participantes, fomos 12 hoxe, e as nenas comezan a animarse.

Este torneo gañouno Dani Quintana, de 5º curso, seguido por Breixo, Darío, Roi e Roberto. Así que noraboa aos gañadores e tamén a todos/as os que participastes.

Preparamos outro torneo para o vindeiro xoves, estade atentos!

E para seguir practicando aquí tendes os libros de iniciación que nos ofrece a Federación Galega de Xadrez.

 

II Torneo de xadrez online CEP Sequelo

O martes, día 21 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o segundo torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.

Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.

Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.

Cando che pida o contrasinal para acceder ao torneo escribe:  sequelo

As partidas serán de 5 minutos por xogador.

Así que ánimo e a participar!

Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.

Manualidades dende casa...(24): Muñeco con calcetín. Juan 6ºB

Nesta ocasión, Juan Epifanio Casado mándanos unha manualidade moi chula, un boneco feito cun calcetín. Moi ben.

Manualidades dende a casa...(23): Arcoiris antiestrés. Ángel 6ºB

Ola! Aquí tedes outra manualidade moi chula, feita por Ángel Sorbet Méndez de 6ºB. Un arcoiris antiestrés. Parabéns!

 

Clasificación final do I Torneo de xadrez online CEP Sequelo

Rematou o primeiro torneo de xadrez online CEP Sequelo, con dez participantes. A experiencia foi boa e esperamos repetir proximamente, e a ver se chegamos aos vinte participantes!

A clasificación final de hoxe foi...

Como podedes ver na imaxe, os cinco primeiros postos foron para: Breixo Vidal, Roi, Darío, Yago e Antón. Noraboa!

O vindeiro día todos/as teremos outra oportunidade para superarnos!

Manualidades dende a casa (22): Xaque Mate (Stop Motion)

Os alumnos deste colexio son uns monstros, non polo feos que son, senón polas cousas que son quen de facer. Dende Ponteareas os irmáns Vidal Salgueiro, Darío e Breixo, co Stop Motion, enxeño, paciencia e tempo mándannos esta incrible partida de xadrez PUNTO E FINAL

I Torneo de xadrez online CEP Sequelo

O martes, día 14 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o primeiro torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso. Cantos máis sexamos máis partidas poderemos botar. 

Para poder xogar terás que rexistrarte previamente na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail. A seguir terás que elixir o torneo, e pinchar no botón Iniciar Sesión.

As partidas serán de 5 minutos por xogador.

Se che pide un contrasinal para acceder ao torneo escribe:  sequelo

Así que ánimo e a participar!

Pdta: Se te animas a participar, apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.

Manualidades dende a casa (20): Pablo Torres debuxos coas mans

A Pablo Torres isto das manualidades dáselle estupendamente, hoxe mandounos este debuxo feito coas mans, como propoñía o vídeo.

 

Manualidades dende a casa (19): Pablo Torres facendo madalenas

Pablo Torres de 5ºA está aproveitando moi ben estes días de confinamento, se o outro día nos propuxo facer xoguetes reciclando materiais, hoxe proponnos facer manualidades comestibles, esta vez madalenas; e ata nos deixa a receita.

Ingredientes para 40 madalenas: 1/4 litro de aceite de oliva, 1/4 kg de azucre, 6 ovos, 350g de fariña, un sobre de fermento en pó, 2 culleres de brandy ou vainilla, 40 moldes de papel (aproximadamente).

Preparación: Bater os ovos enteiros co azucre, o aceite e o brandy (ou vainilla). Unir a fariña co fermento en pó e engadila, pouco a pouco á mestura anterior. Colocar os moldes de papel en dúas bandexas de forno (para que queden separados uns dos outros) e ir botando a masa sen encher de todo (pois sube ao cocer). Espolvorear con azucre. Levar ao forno a 175°C durante 15-20 minutos e listas para comer.

Moitas grazas por compartir con nós esta receita, esperamos que vos animedes a facer esta ou outras manualidades comestibles, sempre baixo a supervisión dos vosos pais.

 

Manualidades dende a casa (18): Debuxa a man

Atrévete con algunha das divertidas manualidades, e nunca mellor dito, que se nos amosan neste vídeo e mándanolas.

Manualidades dende a casa (17): De viaxe / Visita ao Museo (STOP MOTION)

Séguennos mandando dende a casa máis probiñas do Stop Motion Studio, desta vez Roberto Armada Aneiros e Candela Bermúdez Santiago de 5º.

Manualidades dende a casa (16): Pablo Torres construíndo xoguetes e reciclando

Pablo Torres de 5ºA aproveita estes días de confinamente facendo xoguetes á vez que recicla envases. Ben feito Pablo, divírteste e reciclas a un tempo.

Se vos animades é unha idea moi boa, reutilizar os envases para facer xoguetes.

Manualidades dende a casa (15): Da terra á lúa / Un castelo de Naipes (Stop Motion)

Esta é só unha pequena mostra dalgúns dos que nestes días se atreveron a fedellar con Stop Motion Studio.

A  primeira película fainos retroceder á primeira película de ciencia ficción da historia do Cine en 1902, dirixida por aquel entón polo cineasta francés George Melies e curiosamente levaba o mesmo título "Un viaxe á Lúa", neste caso a dirección é cousa de Breixo e Darío Xosé Vidal.

Estoutra realizada por Irene Estévez Pazos ten como nome  "Un castelo de Naipes". Xa vedes eles fixérono, VOS TAMÉN PODEDES.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.