Febreiro 2024
Curiosidades Animais (II)
Enviado por josean o Xov, 22/02/2024 - 01:45Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity. Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.
Xogo de preguntas Scratch
Enviado por josean o Mér, 21/02/2024 - 21:44Preme na bandeira e intenta contestar axeitadamente estas preguntas que sobre o tema que están estudando che deixa Issam e Mateo de 5º
Reservas de matrícula curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 21/02/2024 - 14:30Estimadas familias:
As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.
Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).
Circuitos de Papel
Enviado por josean o Mér, 21/02/2024 - 00:56A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron. Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.
A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos
Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez (II)
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 23:48A Avoíña Paz era un dos tantos personaxes que creou Manuel Vázquez para Editorial Bruguera e que tiña como característica especial que o 80% das súas historias tiñan lugar no bosque, onde ademais vivía un lobo feroz que se enfrontaba á feroz avoíña.
Dentro do noso proxecto do río, Que é o que tenta facerlle entender ás rás a Avoíña Paz?
Traballamos a Banda Deseñada con Alfons Figueras
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 23:25Dentro dos autores máis clásicos do mundo do cómic español Alfons Figueras, que como Conti e Vázquez traballaron para a Editorial Bruguera, crea un estilo diferente cun estilo propio cheo dun humor subrrealista en personaxes como Topolino, o último heroe, Aspirino e Colodión, Cine Locuras ou en historietas curtas coma esta "Aquí está don Gaspar", marcada pola ausencia de diálogos.
Placas Makey Makey
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 03:22Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.
Curiosidades animais
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 02:21En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña
Traballamos a Banda Deseñada con Conti
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 01:22Conti, outro dos mestres xurdidos nos anos 40 na barcelonesa editorial Bruguera que durante 40 anos foi o núcleo ao redor do cal xiraba o mundo da potente historieta cómica xuvenil e infantil en España, que surtía semanalmente as estanterías dos nosos kioscos e librerías cunha manchea de revistas.
Así reinterpretou un dos nosos alumnos o seu personaxe "O Tío Magdaleno".
Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 01:13Este ano, á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiu centrar o seu traballo ao redor dun xeito de contar tan antigo como o home, a Banda Deseñada. Noutrora a Banda Deseñada tivo unha forte presenza en España con dous importantes focos en Valencia e Barcelona, no que se refire á historieta de humor. Da "escola Bruguera" con sede en Barcelona xurdiron importantes mestres coma Manuel Vázquez co que traballaron os nosos alumnos nun dos seus personaxes menos coñecidos, este Azufriño que ía sementando o mal polo mundo.
Dímoslles tódalas viñetas menos a da resolución da historia e curiosamente este alumno chegou a un final semellante ao que nos anos 50 lle dera o autor. Moi interesante ese achado das sombras sinalando na última viñeta