Xaneiro 2024

Plan madruga e comedor

Empresa Spazo Sport.
Teléfono de Contacto :
Javier 659275614.
 
Prezo de día esporádico:
3'5 euros sin almorzo.
4 euros con almorzo.
 
Prezo para días fixos:
 
 
 
O noso comedor é xestionado dende a Anpa, pola empresa Arume.
 
Este curso coma novidade temos un novo servicio,
O Xantar Go. Que é a opción de solicita-lo menú dos peques para levar a casa.
 
Para a xestión do comedor tendes que darvos de alta na aplicación "Cole Chef". 
 
Recordade que unha das ventaxas é a xestión diaria de asistencias extra ou ausencias dos servizos prestados. Esta comunicación deberase realizar antes das 15.00h do día lectivo anterior e a facturación é por días de asistencia.
 
Adxunto as instrucions de contratación.
 

 

Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos

 

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

 

No noso centro, o 14 de novembro de 2023 foi aprobada, en Consello Escolar, a seguinte norma que se recolle nas Normas de organización e funcionamento do centro: 

ASUNTO: Normativa para regular o uso dos dispositivos telefónicos e electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons

 

Dende o CEIP Sequelo- Marín recomendamos non acudir ao centro con dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons, pero comprendemos que para algunhas familias son considerados como elementos de seguridade, polo que o alumnado poderá acudir ao centro cos dispositivos mencionados, sempre e cando os manteñan apagados. En caso de detectarse o seu uso dentro do recinto escolar, o aparato será requisado e gardado pola dirección do centro, que avisará ás familias para que veñan a recollelos.

O centro non se responsabilizará da perda, roubo ou deterioro dos dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compatir imaxes e sons cos que acudan ao centro.

No caso das saídas complementarias, estes dispositivos non estarán permitidos, debendo quedar custodiados no centro.

Os dispositivos tecnolóxicos que se empreguen de forma pedagóxica sempre serán aportados polo centro.

Terase en conta a seguinte normativa:

Lei 3/2018 do 5 de decembro, De Protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais

Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a lei de convivencia.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.