Outubro 2023
Formación de Usuarios da Biblioteca
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 10:01Durante as primeiras semanas do curso e nas próximas deste mes de outubro,
as distintas clases dende Infantil ata 6º de Primaria, están recibindo unha sesión didáctica sobre
Formación de usuarios na Biblioteca do noso centro;
en especial para ter unhas sinxelas nocións sobre a CDU - clasificación decimal universal-
e que a distribución dos libros nos andeis non sexa un misterio.
Empezamos o cole xogando.
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 09:56Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren
Enviado por Belen o Xov, 05/10/2023 - 15:16A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras.
A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.
Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.
Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.
Animavos a tódalas familias a participar neste evento!
Ponte a Conducir
Enviado por Ruth o Xov, 05/10/2023 - 12:26
Achegamos a información aportada dende o Concello de Marín:
Ponte a Conducir terá lugar o día 7 de outubro no parque Eguren en Marín ás 10:00 horas, para que o teñan así para a difusión da actividade que considere oportuna.
O lema deste ano é o “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava edición, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.
O obradoiro celebrarase na seguinte data:
· Marín: sábado 7 de outubro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial que se montará no Parque Eguren – Marín.
HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.
A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:
· Nome e apelidos do/a participante
· Curso escolar
· Centro educativo ao que pertence
· ANPA (se é socio)
· Nome do pai, nai ou titor/a responsable
· Teléfono de contacto
· Firmar o documento de toma de imaxes (pode descargarse da páxina da FANPA)
Tamén poderanse escribir presencialmente o día da actividade, sempre que haxa prazas dispoñibles.
TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.
NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.
CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre o lema do mesmo.
Días non lectivos
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 10:48A Xefatura Territorial declara non lectivos para o CEIP Sequelo- Marín os días 13/10/23 e 20/05/24 de acordo co calendario laboral.
Plan de Traballo da Coordinación de Benestar e Convivencia
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 10:43O Plan de traballo recollido na ORDE do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia poderedes consultalo aquí.
Proxecto Lingüístico de Centro
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 10:40Aquí poderedes consultar o Proxecto Lingüístico de centro
PXA 2023/2024
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 10:38Achegamos a PXA aprobada no Consello Escolar celebrado o día 3 e outubro de 2023.