Abril 2022

III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022

Esta semana dá comezo o último campionato deste curso, que rematará no mes de xuño. Seguiremos co horario de martes e venres, de 16:30 a a 17:30 horas. Este campionato será online e está aberto a toda a comunidade educativa do CEP Sequelo. Utilizamos a plataforma LICHESS.

Se eres novo xogador ou xogadora e aínda non te rexistraches no equipo CEP Sequelo, podes seguir estas instrucións para facelo.

Moito ánimo e a participar!

Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro

TODOS OS TORNEOS NA WEB DE LICHESS, EQUIPO CEP SEQUELO

Visita ao Museo do Mar

Como complemento ao traballo de investigación que os alumnos de 5º fixeron neste segundo trimestre ao redor do invento do teléfono, visitaron o Museo do Mar, para coñecer máis de preto a aplicación deste invento nos barcos pesquerios. De primeira man, dos expertos, e grazas a un aparello de telefonía que había no Museo, puideron falar como se nun barco estivesen, a través da Costera; incluso utilizando os códigos secretos que utilizaban nas súas comunicacións os patróns e os armadores. O obxectivo era que o resto da frota se puidese oír a conversación non se enterasen do que pescaban e a zona onde estaban situados.

E así falaron pola telefonía Ramiro e Naiara

Aarón e Graciela

Humble e Graciela

e Aylen.

Pero tamén viron moitas máis cousas.

Teléfono Violeta

Dentro do Proxecto Dixital Integrado "Os inventos que cambiaron o mundo", neste segundo trimestre aos de 5º asignóuselles investigar sobre o teléfono e por mor do día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.

Contos por telefóno

Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.

Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.

O Sr. Bianchi de Varese

O caramelo instructivo

 Historia do reino de Lambonia

Aprobado máis dous

Os homes de manteiga

Brif, bruf, braf

 

Historia da Radio

Dentro do Proxecto Documental Integrado que eliximos para traballar os de 3º fixeron un programa de radio marabilloso contándonos a historia do medio.

Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano

Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.

Hecho con Padlet

Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués". Proxecto "Edukasano".

Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.

Listaxe Provisional Alumnado. Admisión Curso 2022/2023

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023, a "Listaxe Provisional de Alumnado Admitido" está exposta no taboleiro de anuncios do interior do centro, onde os interesados poden consultalo.

A partir de agora, aquelas persoas que desexen solicitar praza deberán facelo polo procedemento extraordinario.

II Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificacion Final

Rematou o segundo campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 21 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:

En 6º curso: 

1º Marcos, con 57 puntos

2º Mateo, con 18 puntos

3º Martín e Noa, con 6 puntos

En 4º curso:

1º. Dani, con 3 puntos

Profesores:

1º. Xosé 30 puntos

2º. Miguel 2 puntos

Ex alumnos:

1º. Breixo, 9 puntos

2º. Darío, 5 puntos

CLASIFICACIÓN FINAL

Noraboa aos gañadores!!

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.