Outubro 2021
Decorando o colexio pola Danza das Espadas...
Enviado por inesduran o Sáb, 02/10/2021 - 17:32A orixe da festa de San Miguel
Enviado por josean o Ven, 01/10/2021 - 21:27De maneira "extraoficial" a festa púxose en Setembro, porque alí cadraba San Miguel, pero por moitas outras cousas que tiñan que ver co xeito en que os mariñeiros se ganaban a vida, e así nolo contan Kenia, Antón, Aaron e Noa e aos mandos estiveron Uxía e Aitana de 5º
29 de setembro no CEP SEQUELO
Enviado por inesduran o Ven, 01/10/2021 - 12:25Tras a iniciativa da ANPA de dar máis visibilidade ás festas locais,
dedicamos no colexio unhas horas de clase,
a coñecer as tradicións e orixes da FESTA DE SAN MIGUEL,
patrón dos mareantes, en Marín.
VESTÍMONOS DE BRANCO
DECORAMOS O COLEXIO
Mural da Danza feito por Noelia de 3º
ENLACE PARA COÑECER MÁIS SOBRE A FESTA E A TRADICIÓN RELIXIOSA
Estivemos moi atentos na Biblioteca
escoitando algunhas novas sobre o
Patrimonio Cultural da Nosa Vila Mariñeira.
Instrumento do Ferreñeiro da Danza das Espadas.
Ao o son da música, a gaita e tambores,
bailamos para rematar a festa.
ATA O PRÓXIMO ANO
Danza de espadas: entrevista a Lois Dopazo
Enviado por josean o Ven, 01/10/2021 - 07:42A Radio Sequelo ponse en movemento outro ano mais e para conmemorar o día 29 de Setembro, acude ás nosas instalacións o Presidente do Padroado de Mareantes, Lois Dopazo, que nesta instructiva entrevista cóntanos moitas cousas ao redor da orixe, características e formación da danza de festas e da festa onde se integra.