Xuño 2021

XIX e XX Torneos de xadrez online CEP Sequelo 2021

Chegamos ao remate do campionato de xadrez celebrado durante este trimestre, que nos levou ata un total de 20 torneos! Esta semana celebraremos os dous últimos torneos.

 
Os gañadores e gañadoras de cada curso, e cun mínimo de tres torneos xogados, recibirán un diploma en recoñecemento do seu saber facer.
 
 
Nota: Continuaremos cun novo campionato no primeiro trimestre do curso que vén, así que non deixedes de practicar!

Recursos para traballar con alumnado TEA

Na web da Asociación Navarra de Autismo, atopamos unha selección extensísima de materiais e enlaces de interese, a maior parte provén de tres fontes: materiais creados por Amaya Ariz, materiais da web de Arasaac e da web www.lasonrisadearturo.com. Con eles podemos traballar:

- vocabulario e linguaxe

- praxias

- condutas

- emocións e habilidades sociais

- secuencias e funcións executivas

- as axendas e as horas

- contos con pictos

- cancións

- anticipar situacións

- grafomotricidade e lectoescritura

- materiais para traballar no primeiro ciclo de primaria, etc.

Na web trespuntocero recompilan ata 15 recursos, na súa maioría aplicacións informáticas e recursos vía web, para traballar con este tipo de alumnado.

Outra fonte de recursos interesantes é o blog: El sonido de la hierba al crecer

XVII e XVIII Torneos de xadrez online CEP Sequelo 2021

 
 
Tamén podedes seguirnos desde a Aula Virtual, ou enlazarnos directamente desde a web LICHESS.ORG, accedendo con usuario e contrasinal, e pinchando no menú principal en COMUNIDADE e logo EQUIPOS e escoller aí CEP Sequelo para acceder directamente aos torneos.

Unha planta de perixel para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente!

A coidar moito a planta e a seguir plantando, polo noso ben e polo noso planeta Terra!

 

PRESENTACIÓN DO "BRICORROBOT"

Hoxe tivemos  a oportunidade de observar de preto o "Bricorrobot" xunto ás explicacións que nos dou o seu propio autor, José María Viñas. Que mellor xeito de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente! Nesta actividade, que puido ser seguida por todo o alumnado do colexio no patio exterior cumprindo as normas do protocolo Covid-19, o seu autor explicounos como a partir dunha idea e botando man de materiais destinados ao contedor do lixo, se poden chegar a elaborar interesantes creacións plásticas. Todos, en maior ou menor medida podemos facelo.

Grazas, José María, polas túas expllicacións. Non deixes nunca de buscar formas de expresarte, non deixes nunca de soñar!

LÉ GALEGO

Mellor explicado non podía estar:  se les galego, se te emocionas coa cultura propia da lingua, acabarás usándoa.

CADERNO DE BITÁCORA

Froito do Taller de Escritura que tódolos anos levamos a cabo en Sexto, este ano coa colaboración moi especial de poetas como Helena Villar Janeiro ou Antonio García Teijeiro xurde este Caderno de Bitácora que recolle moitos dos traballos dos nenos, todo aderezado con cadanseu Haiku (5-7-5)

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

      " REIMAXINA, RECREA, RESTAURA"

O Equipo de Biblioteca e EDLG acordaron  celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Este venres, de 10 a 11.30 horas todos os grupos asistirán por quendas de 15 minutos a unha breve charla explicativa a cargo de José María Viñas, artista de vocación e autor do "BRICORROBOT", feito con material de refugallo. Nas aulas faranse distintas actividades relacionadas co coidado e conservación do noso planeta.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.