Septembro 2020

BENVIDOS AO COLE

Dende o CEP SEQUELO, queremos darvos a benvida a este ano tan especial, onde coma sempre e incluso moitísimo máis, imos ter que traballar pais, alumnos e profes cóbado con cóbado para saír con ben desta situación que nos tocou vivir.  Todos xuntos somos Escola.

O Xoves, 10 de Setembro comezan as clases. Haberá dous turnos de entrada:

ás 9 horas:  1º e 3º;

ás 9:10 horas: 2º curso.

O Venres, 11 de Setembro, engadiranse os 4º, 5º e 6º , onde xa estarán tódolos cursos entrando os impares ás 9:00 e os pares ás 9:10, é dicir:

ás 9:00 horas: 1º, 3º e 5º cursos

ás 9:10 horas: 2º, 4º e 6º cursos.

A saída será respectivamente ás 2 e 2:10.

Lembrade que cada curso ten asignada unha entrada e unha saída das catro que van existir no centro.

DOCUMENTOS COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Deixamos nos ficheiros adxuntos a información relativa aos protocolos COVID-19 adaptados ao noso centro para a súa información e consulta.

Estes protocolos de actuación poderán variar en función das directrices das Consellerías de Educación e Sanidade, tanto para flexibilizalos como para restrinxilos, en función da evolución da pandemia.

Estén atentos oa servizo de mensaxería Abalar nos vindeiros días.

Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a  NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).

Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría  de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO  886 151 325 ou mandar  correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal

Benvidos a este curso. Procuremos coidarnos entre todos.

REUNIÓNS DE PRIMEIRO

O día 9 de Setembro celebrarase a reunión de 1º A ás 16:00  e 1º B as 17:15 ámbalas dúas no Patio das Columnas.  Acceso pola porta anexa ao pavillón. Esperámosvos

Entradas e saídas

ENTRADA PRINCIPAL  ESQUERDA (MIRANDO DE FRENTE)

-As 9:00 5ºA e 5º B

 -As 9:10 6º A

 

ENTRADA PRINCIPAL  DEREITA (MIRANDO DE FRENTE)

-As 9:00 1ºA

 -As 9:10 2º

 

ENTRADA PATIO INTERIOR  ESQUERDO 

-As 9:00 3º

-As 9:10 6º B

ENTRADA  TRASEIRA (PATIO DAS COLUMNAS)

Acceso pola porta anexa ao Pavillón

-As 9:00 1º B

-As 9:10 4º

CLAUSTRO 2020-2021

Se premedes enriba da imaxe accederedes á información referente á composición do claustro da nosa Comunidade escolar, tanto titores como especialistas.  A estas alturas inda non se nos asignaron os novos mestres que substituirán aos compañeiros que están de baixa:  Orientación e Educación Física. Nestes días, cando se incorporen, completarase.

Entre mañá e pasado, informaremosvos pola web, especialmente aos novos alumnos do centro do horario de entrada e saída, e da entrada que corresponde a cada curso. Ademais, antes do comezo do curso subirase a esta páxina web o protocolo e os alumnos de primeiro terán unha reunión informativa ao aire libre coas súas mestras.

MATERIAL 6º CURSO

EN NADA TEREMOS COLGADO NA PÁXINA WEB DO COLEXIO OS PROTOCOLOS COVID DO CENTRO ASÍ COMO AS NORMAS DE INICIO DO CURSO. POR FAVOR, LÉANO CON ATENCIÓN E RECOLLAN TODAS AS DÚBIDAS QUE TEÑAN PARA PODER SOLVENTALAS NA REUNIÓN VIRTUAL QUE TEREMOS O DÍA 29 DE SETEMBRO AS 17:00.

 Podedes descargar o arquivo como anexo

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2020-2021

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (mércores).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

e tamén dun modo máis detallado no novo Portal de Bolsas de Educación:

Que documentación necesitamos? 

Pasos a seguir para solicitar a bolsa

A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.