Marzo 2020
Aprende ciencia na casa co CSIC
Enviado por xose o Mar, 31/03/2020 - 10:53O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) conta cun amplo abano de recursos online para achegarse á ciencia a calquera idade.
Exposicións e museos virtuais, debuxos animados e outros vídeos, blogs, experimentos, xogos, apps ou libros descargables sobre todas as áreas do coñecemento son algunhas destas propostas.
Traballando cos ángulos (III): Desafío angular
Enviado por josean o Mar, 31/03/2020 - 08:45Outro día máis tentando averiguar que tipo de plano angular é este que lle aplicou Elva a ese boneco.
Pero é que a min xúrdenme máis preguntas vendo a foto:
-Que fai o boneco na cociña?
-E que acaso tiña fame?
Movede ese maxín, dádelle á cabeciña que para iso a tedes!
Retos en familia 3º (4)
Enviado por Anónimo o Mar, 31/03/2020 - 00:16Martes! Xa? Pero que rápido pasa o tempo!
Retos para pensar, pero pensar con cabeza!
Moito ánimo a todas e todos! (inclúe ás persoas adultas)
Estades facéndoo estupendamente! (Tamén inclúe ás persoas adultas)
A polo martes!!!
Hoxe aplaudimos a... (3)
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 20:10Contos dende a casa (29): Gatiño e a neve
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 18:14Xa case que nos mandaron 30 contos dende a casa. A ver quen é quen de redondear a cifra, o número 29 é o que nos deixa Roberto Armada de 5º.
MATES: Sumas e restas para pensar (3º)
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 14:11Aí vos van exercicios de repaso de matemáticas sobre sumas e restas aplicados a diferentes contextos.
Ánimo con eles!!
Poemas dende a casa (10): Fran Alonso
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 13:24Fran Alonso hai case unha década pasara polo noso colexio para amosarlle aos nenos un libro que xa é referencia dentro do eido poético destinado ao mundo infantil "O meu gato é un poeta" e agora volve estar connosco a través das redes, para lernos outro dos seus poemas este STREET POEMS.
Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano.
Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001.
Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018. Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).
Como a súa obra é tan extensa só imos resaltar aquela destinada ao público infantil e xuvenil:
-Cidades, 1997, Edicións Xerais (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe"). Traducida ao castelán.[5][6]
-O brillo dos elefantes, 1999, Edicións Xerais (Ilustracións de Luis Castro Enjamio).
-A casa da duna, 2002, Edicións Xerais.
-O brillo dos elefantes, 2006, Edicións Xerais.
-Cartas de amor, 2006, Edicións Xerais. Traducida ao castelán.
-Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Edicións Xerais.
-A vida secreta de María Mariño, 2007, Edicións Xerais (Ilustracións de Fino Lorenzo).
-A araña e máis eu, 2009, Kalandraka. Foi traducida ao castelán, ao portugués, ao inglés, ao italiano e ao coreano.
-Folerpas de Novoneyra, 2010, Edicións Xerais.
-O meu gato é un poeta, 2011, Edicións Xerais.
-A punta de pistola, 2012, Edicións Xerais.
-Poemas birollos para ler cos ollos, 2016, Xerais.
Retos en familia 3º (3)
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 12:20Aí vos vai os retos para hoxe!
Espero que vos guste!!
A pola terceira semana!!!
Vamosss!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »