Novembro 2019

O magosto en 4ºB

Celebramos o magosto o venres 8 de novembro e fixemos moitos xogos como: tiro á diana, o limbo das castañas, relevos cunha castaña, pasar a castaña cun vaso... Despois repartiron as castañas para comer e o chocolate quente e uns biscoitos pequenos e mentres merendábamos xogábamos polo patio. Por último repartiron carbóns para pintar a cara e fumos para clase e tíñamos a cara chea de negro co carbón. Pasámolo xenial!!!

Mario, Xián, Estrella e Carlota

Día contra a Violencia de Xénero 2019

Este ano para traballar esta data faremos diversas actividades no centro como: 
  • Encher os símbolos de home e muller ♀♂ con frases en contra da violencia de xénero, que se traballarán nas aulas.
  • Participación nas actividades que cada ano nos propón o concello de Marín a través do CIM (Centro de Información á Muller) este ano coa "Caravana morada".
  • Culminaremos as actividades o día 25 de novembro representando os símbolos ♀♂  no chan e lendo algunhas desas frase traballadas; rematando o acto cantando a canción “Déjala que baile”, da que deixamos un video coa letra para que a vaiades aprendendo.

Liga Lego Junior 2019-2020 (1)

O pasado luns día 11 comezamos a andaina deste curso da LIGA LEGO JUNIOR. Somos un equipo de 8 nenos e nenas, de 7 a 9 anos: Raúl, Iria, Ramiro, Noa, Mateo, Iván, Miguel e Breixo. Na primeira sesión estivemos presentándonos, falando dos nosos gustos e afeccións, e xa tomamos contacto coas pezas de Lego que utilizaremos no proxecto.

Temos por diante a tarefa de construír un edificio moderno que cumpra as condicións de ser sólido e estable, que facilite a accesibilidade, funcional, que respecte o medio ambiente, que teña eficiencia enerxética,... e que sexa elegante e nos apeteza vivir nel.

Así que agora toca comezar a traballar. Xa fomos pensando en ideas para o noso edificio: que teña piscina, que teña xardín, con placas solares para obter enerxía, garaxe... e moitas máis que iremos pensando.

Esta semana teremos que buscar información na casa, cos nosos pais, sobre edificios que sexan famosos e que nos sirvan de inspiración para construír o noso. E teremos que debuxar nun folio o primeiro deseño do noso edificio. Ánimo!

Cogumelos no CEP Sequelo

 Onte tivemos a oportunidade de coñecer os cogumelos, pois estamos no tempo deles. Regaláronnos unha cesta chea e coa axuda do profe Xosé aprendimos a clasificalos, é dicir, a poñerlle un nome e un apelido a cada un deles.

Sabemos que hai cogumelos de moi diversas formas e tamaños, sabores, olores... e que uns son moi bos comestibles e outros tan velenosos que podes morrer se os comes.

Na cesta tiñamos exemplares de Amanita muscaria, Amanita rubescens, Chantarellus cibarius, Boletus Edulis, Licoperdon (Peidos de lobo), Hidnum repandum, Russulas, Lactarius e Laccarias.

 Para clasificalos seguimos o seguinte guión, comezando por 5 grandes grupos:

A. AGARICAIS: teñen láminas ou pregues debaixo do sombreiro.

B. PORADOS: Teñen unha capa de poros, coma unha esponxa, debaixo do sombreiro. Coñécense como Boletus, como por exemplo o Boletus Edulis, que o podemos atopar nos bosques de carballos ou castiñeiros.

C. HIDNADOS: Teñen aguillóns ou púas debaixo do sombreiro. Un moi frecuente e comestible é o Hydnum Repandum, tamén o atopamos nos bosques limpos.

D. CLAVARIÁCEOS: Teñen forma de columna ou pequena árbore. Destaca a Sparassis Crispa. Atópase moito nos pés dos piñeiros secos.

E. GASTEROMICETES: Son como un globo ou unha bola pechada e no seu interior teñen pó. Por exemplo temos o Lycoperdom perlatum, que é comestible de novo. Atópase nos prados de herba.

Na seguinte imaxe podemos ver a forma típica dun cogumelo do grupo AGARICAIS, que son os máis abondosos e presentan láminas ou pregues debaixo do sombreiro: (Imaxe recollida en https://medium.com/bioblog-esem/fungos-no-estrogonofe-5d85d1d5f3da)

Os AGARICAIS divídense nos seguintes xéneros:

1. CANTHARELLUS: Teñen pregues ou láminas pouco destacadas. O máis coñecido é o Cantharellus cibarius, excelente comestible. Atopámolo nos bosques de caducifolias.

2. LEPIOTAS: Teñen láminas e laminiñas de cor branco, separadas do pé, con anel móbil. A Macrolepiota procera é a máis grande de todos os cogumelos, e moi boa comestible. Atopámolas ao pé dos camiños, nas veigas e debaixo das viñas.

3. AMANITAS: Teñen láminas e laminiñas de cor branco ou marelo, con anel fixo (non se move) e con volva rodeando o bulbo do pé. A Amanita muscaria é de cor vermello no sombreiro e pintas brancas, a Amanita phalloides é de cor verde oliva e mortal de necesidade. Atópanse nos bosques de caducifolias.

4. LACTARIUS: Teñen láminas e laminiñas de cor branco ou marelo, sen anel, carne non fibrosa (graúda), láminas que deitan látex ao cortalas. O máis famoso é o Lactarius Deliciosus, de cor laranxa, tamén chamado níscalo. Atópanse na beira de camiños no monte.

5. RUSSULA: Teñen láminas e laminiñas de cor branco ou marelo, sen anel, carne non fibrosa (graúda), láminas que NON deitan látex ao cortalas. Estes cogumelos teñen de particular que algúns deles pican coma os pementos de Padrón. Atópanse nos bosques.

6. AGARICUS: Son os champiñóns. Teñen láminas e laminiñas de cor rosado cando son novos e ata negro cando son vellos, pé sen volva, con anel dobre. Podémolos atopar nos prados, no medio da herba. Un moi frecuente é o Agaricus Campestri.

7. LACCARIA: Teñen láminas e laminiñas libres (non pegadas ao pé) e bastante anchas, non son brancas nin marelas nin rosadas (soen ser laranxas ou azuis, como a Laccaria Amethystina, coa mesma cor que todo o cogumelo). Soen ser de tamaño pequeno. Atópanse nos bosques.

E aínda hai algúns máis... que deixaremos para outra ocasión.

Lecturas recomendadas: "El chico del Millón"

Candela de 5º B recoméndanos un dos libros que máis lle gustou

 

A nosa horta

Plantamos hortalizas de outono e están medrando moito!!

Visita praza de toros: "Exhibición policía"

O día 25 de outubro fumos a plaza de toros de Pontevedra, había policías, cans e cabalos; vimos como os cans facían acrobacias, como axudaban aos policías cos delincuentes e se defendían. Un can levantou a bandeira de España, tamén había un home que facía de delincuente que lle robou o bolso a un policía e meteuse nun camión e o can saltou pola fiestra agarrouno dun brazo e o tirouno pola fiestra do camión. Despois chegaron os cabalos que saltaron un aro ardente e tamén defenderon o coche da policía e andaban facendo zig zag. Sabedes que se poden adoptar os cans policías? (podedes informaros na páxina "Héroes de 4 patas").

Rocío, Emma, Aitor e Naiara.

Samaín 2019: 4º primaria

Os alumnos de 4º celebraron un samaín terrorífico!!!

Samaín 2019:" A auga sube e baixa"

Os alumnos de 4º escriberon un poema para celebrar o samaín. Esperamos que vos guste.

Noel vai de vendima

  QUE XENIAL IDEA A DE APROVEITAR DIFERENTES FROITOS DE OUTONO PARA INVENTAR HISTORIAS. ASÍ PODEMOS PROBAR UN POUCO DE TODO E NON SÓ CASTAÑAS SENÓN TAMÉN NOCES, MAZÁNS, MANDARINAS OU UVAS.

    OS DE PRIMEIRO INVENTAMOS UN CONTO NO QUE O PROTAGONISTA É UN NENO, NOEL, QUE VAI DE VENDIMA, É DECIR, VAI Á VIÑA COLLER UVAS COS SEUS PAIS.

    AQUÍ VOS DEIXAMOS A PORTADA E O EMPEZO DO MESMO. A VER SE VOS GUSTA!!

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.