Maio 2019

Estamos en Allariz

Saímos cediño de Manzaneda, paramos en Castro Caldelas para mercar bicas e ás 12 e media chegamos a Allariz, un dos concellos máis fermosos de Galicia. Visitamos a zona do río, os xardíns e cando xa ían esfameados... ao Fío de Liño, onde estamos agora.  Logo tomaremos un xeadiño e dereitiños para a casa.  Mantemos a hora de chegada para as 17:30.

XX Premio de Poesía para Escolares do Concello de Marín

Dende a civilización séguennos chegando boas novas. No XX Certame de Poesía para nenos do Concello de Marín foron premiados na categoría de 3º e 4º de Primaria co segundo premio Daniel Graña Portela co seu poema "Vila de Marín" e na categoría de 5º e 6º de Primaria, Álvaro Pereira Omil co primeiro premio polo seu poema "Cantiga de Marín". Aquí tedes a Álvaro nunha foto desta tarde no Multiaventura.

Parte informativo do serán (3º día en Manzaneda)

Por fin, xa só queda cea, discoteca e de volta.  Uffff!! :)  Esta tarde, foi de multiaventura, arco é piscina. Como somos moi recatados comprenderedes que non mandemos da piscina, mais si do resto das actividades.

Non ao Bullying

Unha pequena animación con Stykz de Angela Durán Silva e Marta Pazos Castro de 6º B preparatoria da que logo imos levar a cabo co Scratch e que nos serve para enlazar co proxecto das Curtas no Museo na que tamén estamos inmersos

Parte informativo do mediodía (3º día en Manzaneda)

Estamos nun dos días fortes; de mañá pelota canadiense e karts. Choques, adiantamentos... Moito Fernando Alonso temos.

Parte informativo da mañá (3º día en Manzaneda)

Xa parece que sexamos nativos.  Hai unha eternidade que chegamos.  Todo ben, as cousas lóxicas de toda excursión: sono, festa e cansanzo. 

Onte pola noite velada nocturna.

Equitación/Rocódromo Manzaneda 2019

Esta tarde tocou o turno á equitación e á escalada. Cansos pero disfrutando de que os nosos alumnos disfruten compartindo un día xuntos.

 

 

 

V Concurso de Relato Curto "Marín Conta"

Inda lonxe da "civilización", nos chegan noticias dela e son boas. Parabéns a Noa Vázquez Feijoo e Ángela Silva Durán, as dúas de 6º e que coas súas historias foron 1ª e 2ª, respectivamente na súa categoría, cos seus relatos "Un anaco de historia nun banco" e "Pick, constructor de petroglifos", no Certame de Relato Curto que como cada ano convoca o Ateneo Santa Cecilia.

Foto das felices gañadoras:

Sendeirismo (Manzaneda 2019)

Os mortos vivintes resucitaron un anaquiño para emprender unha loooonga camiñata polo entorno da estación de Manzaneda. Unhas paisaxes espectaculares e que cariñas.... Noites alegres, mañáns tristes..

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.