Xuño 2018

Apadriñamos as árbores do Río Lameira

O 19 de Xuño os alumnos e alumnas do C.E.P Sequelo puxemos unhas placas cos nomes das árbores. Como por exemplo: Salgueiro, Bidueiro, Sabugueiro, Acibro... e algunhas árbores máis.

 

HEROINAS GALEGAS

O dia 14 de xuño, fixemos unha exposición de mulleres famosas galegas como por exemplo: Irene González, que era futbolista; MªVictoria Moreno, á que se adicou este ano o dia das Letras Galegas, Luz Casal unha cantante, etc...  

Este traballo foi elaborado conxuntamente por alumnos do CEP Sequelo, CEIP Carballal e Menstre Landín de Marín. Estades todos invitados a ver a exposición.

Exposición de fotos antigas do río Lameira

Estimadas familias, temos unha exposición no colexio que fixeron os mestres. Na exposición vese como era antigamente o Río e o pobo de Marín. Esperemos que vos guste.           

  Comisión periodÍstica 5ºB

20180620_110727.jpg

20180620_110738.jpg

20180620_110721_0.jpg

Excursión a Arzúa

O pasado venres, 15 de maio, os alumnos/as de 5º de primaria fixemos unha viaxe a Arzúa. Saímos as 9:15 e voltamos as 17:40.

Visitamos o museo do mel e a fervenza de Hortas. No museo fixemos múltiples actividades e aprendemos moitas cousas sobre as abellas e o mel. A fervenza e o seu entorno era espectacular! Tamén vimos o pantano coa súa central eléctrica e o fermoso río Ulla.

Comemos e xogamos ao aire libre. Foi unha xornada xenial. Divertímonos un montón!!!

 

Proxecto Robótica 4ºA

Os alumnos de 4º A comenzamos este curso a iniciación á robótica, levando a cabo varias sesións de iniciación á programación de robots mediante o programa de MBOT, coñecendo alguns dos sensores que emprega este robot. O proxecto que levamos a cabo está relacionado co proxecto de centro sobre "O Río Lameira", das moitas saídas que fixemos este curso para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, unha das que máis lles gustou foi a das construcións que hai no río. Uns expertos no tema!!!

Presentación proxecto Río Lameira 4ºA

Ao longo do presente curso os alumnos de 4º A fixemos unha serie de saidas ao río Lameira para coñecer a flora, fauna, minerais, os elementos do río, construcións do río, o río e as matemáticas, adornos de nadal que fixemos cos materiais que recollimos no entorno do río... Un total de sete saídas para estudar os diferentes temas. Na clase de informática recollimos toda esta información nunha presentación que nos explican Aroa e Paula e que expuxeron para os compañeiros doutros cursos.

Lectura dos relatos gañadores do concurso "A viaxe de Birlo"

Os gañadores e gañadoras do concurso de relatos "A viaxe de Birlo" pasaron polas clases para ler os relatos aos seus compañeiros e compañeiras. Clicando sobre as iconas podedes velos e escoitalos.

O Acuario de A Coruña

Os alumnos de 4º de primaria visitamos os museos científicos de A Coruña : primeiro a Casa das Ciencias, despois O Domus e rematamos no Acuario.

O Domus

Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar os museos científicos de A Coruña. Empezamos na Casa das Ciencias e continuamos no Domus.

Concurso "A viaxe de Birlo"

Debuxos e relatos gañadores do concurso "A viaxe de Birlo", no que o alumnado relatou como foi a "Volta de Birlo" ao CEP Sequelo, despois das súas andainas por todo o mundo recollendo libros para a nosa biblioteca.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.