Decembro 2017

Horario do encontro de Xogos Populares!

O martes, 12 de decembro, terá lugar a xornada de xogos tradicionais no Complexo Deportivo da Xunqueira.

 

O horario é o seguinte:

 

10:15 h  10:55 h  1º tramo   BILLARDA – BOLOS- CHAVE
11:00 h  11:40 h  2º tramo   BILLARDA – BOLOS -CHAVE
11:45 h  12:25 h  3º tramo  BILLARDA – BOLOS- CHAVE
12:30 h  12:40 h     Conclusions

 AUTOBUS:

Saída do centro escolar ás 09:15 horas

Regreso saída da Xunqueira ás 13:15 horas

 

Proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións"

Pinchando na imaxe temos máis información deste proxecto e outros máis da Fundación Meniños.

Espectáculo de percusión "Circopeta"

O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar como case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo. 
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.
 

Día contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de novembro, conmemorouse no noso colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello e a través do Centro de Información á Muller (CIM), mandaron ao noso centro un contacontos temático, representado polo "Teatro Piollo" sobre a violencia de xénero, coeducación e convivencia. Tamén repartiron unhas pulseiras de sensibilización para o alumnado.

 

           Mohammed, Raquel e Xabi.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.