Xuño 2015

Liga de Fútbol-Cole 2.013-2.014

Un ano máis e xa van 5, vaise a celebrar a liga escolar que durante os recreos varios equipos do colexio pasarán un rato divertido e diante dos compañeiros e compañeiras xogarán unha liga por equipos con rapaces e rapazas de diferentes clases.

Se facedes click enriba da foto vos levaraá á galería para ver máis fotos!

O TRAXE DE METAL

Dentro do Obradoiro de Creación Audiovisual que os alumnos de 5º B están levando a cabo, chéganos esta cuarta película en blanco e negro, recreando o cine clásico de terror e fantástico ao redor desta historia que recollía Pablo Díaz no seu primeiro disco Tic Tac

 

CURTAS DE ANIMACIÓN

Como andamos co video as voltas aos rapaces gustalle moito, pero que moito a animación e mellor e máis doado programa ca este, para iniciarse e estudar os movementos do corpo humano non hai, Stykz. Unha das primeiras creacións dos nosos alumnos cheas de erros pero é así como se aprende

CONCURSO "NO VERÁN REFRESCATE CON LIBROS"

Tivemos a sorte de que 3 alumnos nosos, Guillermo Rodríguez González, Paula Santiago Rosales e Gabriel Cao Martínez de 5º B, na categoría de 5º e 6º quedaran nos tres primeiros lugares. Esperemos que iso motive aos demais para seguir esforzándose en mellorar a súa escrita.

SAÍDA DIDÁCTICA AO CASTRO DE SUBIDÁ

Podíamos ir de visita ao castro de Troña (que xa fomos), ao de Baroña, a Campo Lameiro (que foron os de terceiro) ou ao máis socorrido de Santa Tegra, pero tendo un castro das dimensións e da importancia de Subidá preto da casa que se nos perdía a nos nesas encomendas. "Primeiro o noso con razón ou sen ela".  Visitamos deste enorme castro de 2 ha, o 1 por cento do castro está excavado.Para esta viaxe andivemos na procura de quen máis aló dos 3 miseros letreiros que alí hai, que son os mesmos que hai no museo, nos contase a historia deste castro con case dous mil anos de antigüidade e con lendas coma sempre de mouras ao seu redor; e topamos co licenciado en Historia, o marinense Aarón Franco Outón que tiña traballado nesas 2 casiñas castrexas, e que por casualidade fora alumno noso en tempos.
A lección que aprenderon hoxe os rapaces: "Conserva o teu patrimonio"

 

PEGADAS DE PEDRA DOS DEVANCEIROS (I)

Pouco a pouco, e durante todo o ano fomos elaborando "productos" ao redor do proxecto que levamos a cabo este ano, "Pegadas de Pedra dos devanceiros". Desta foi unha exposición con traballos realizados polos nenos dende medallóns a reproducións de monumentos megalíticos. E a cousa non remata aí. Un traballo enorme de todalas aulas do colexio. Preme na foto e acede a todos os traballos

 

FRASES FEITAS QUE NON SON (II)

Nova frase feita Contar co ovo no cu galiña, máis fisno por estas cousas da heráldica e do rei aquel Favila ao que comeu o oso, éche a expresión "vender la piel del oso antes de cazarlo". Pero de galega nada, nin sequera asturiana. Como moito o de "espabila Favila, que viene el oso". O noso é CONTAR CO OVO NO CU DA GHALIÑA

QUE NON PASE OUTRA VEZ

Un dos traballos primeiros de creación de video, primeiros porque é dos primeiros que se fixeron, que non pola calidade, pois contando con axudantes de luxo na producción, perruqueria e outras artes audiovisuais... Sexa como sexa Ana Barreda, Uxía Tomé, Aixa Sanjorge, Julia Nogueira e Tatyana García non puideron máis que aprender  para poder voar soas en futuras ocasións que veñan logo deste "Que non pase outra vez" Un apuntamento:  isto non deixa de ser un traballo máis de Lingua Galega coma outros máis que se poidan facer con papel e boli

FIN DE CURSO NO ZOO...

TALLER DE CURTAS 2015 (II)

Do noso taller de curtas naceron dúas máis destinadas ao Concurso de Queremos Galego, gañar non gañaremos, pero non será polas ganas  que lle botan.

 

Se caudal on Vimeo.

 

8

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.