Decembro 2014

O Nadal no noso colexio

ILUSIÓNS 

Os nosos artesáns seguen ilusionados traballando cos tapóns de cortiza.

Aquí tedes algúns dos seus mellores traballos.

 

Ramón de 4ºB

 

 

Guillermo, Martina, Noelia Veiga,

Fran, Raúl e Noelia Iglesias de 3ºB

 

Corredores e clases con adornos navideños feitos por eles...

Sagrada Familia de Nazaret:

Xesús, María e Xosé.

Feito por Paula de 5ºA

 

 

 

Unha árbore de Nadal feito por María de 4ºA

 

 

Na entrada dianteira do noso colexio tamén puxemos un Belén feito por nos.

Se vos acercades a contemplalo podedes escoitar o son dalgunha panxoliña.

 

 

 

 

Na clase de P.T. da profesora Mari Mar tamén é Navidad

 

 

O Apalpador.

Fol Música deséxavos un bo Nadal con esta fermosa canción de Malvela dedicada O Apalpador, o noso Rei Mago... e con un video para os nenos da casa feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G. publicado por Biblos Clube de Lectores, e que xa vai na terceira edición. Se queredes coñecer máis cousas sobre este simpatico personaxe podedes visitar www.apalpador.com. Nesta web ademais de contar como se relaciona o Apalpador con outras tradicións europeas do Nadal, podedes atopar imaxes para colorear e outras moitas brincadeiras.

 

Concurso Tarxetas de Nadal 2014

Un ano máis celebramos o Concurso de Tarxetas de Nadal, aquí temos os gañadores.

  

FOLLAS DE MAIO E MICROALGAS

Na prensa apareceu estes días que por efecto da subida da temperatura das augas, as follas de maio, unha alga marrón que forma bosques submarinos no fondo das rías e que se podía ver na "Rocha do Sal" en Portocelo está desaparecendo. Rápidamente contactamos cos pais tan estupendos que temos que nos puxeron en contacto cun científico marinense que aparte de falarnos deste problema das algas, contounos do seu traballo no grupo de investigación do que forma parte na Universidade de Vigo, traballo que se centra nas utilidades futuras das microalgas. Polo camiño descubrimos que Diego Moldes Moreira fora alumno do noso colexio, e aprendimos ademais que outras algas "as carriolas", esas cintas marróns tan delgadas que arrastran os temporais a praia eran as responsables daquilo que os teus pais che dicían: "ata San Xoán non te bañes que as aghuas non purgharon", que o bocho era un perfecto abono e que "a partir de mañá xa non paga a pena botarlle gasoil ao coche, mamá, que van ir con aceite de algas"

 

 

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ESCRITA

No Obradoiro de Expresión Escrita estamos mesturando a obra gráfica de Leandro Lamas coa narrativa que a mesma nos suxire.  E como prefacio para o libro que estamos preparando surxe este inicio de poema colectivo  que recolleu así o autor e a quen lle temos que dar as grazas.

...de camiño a Belén.

Temos moi bos artesáns para decorar con xeito a nosa clase 

e facelos preparativos do Nadal.

 

 

Pedro Farto de 5º fixo os 3 porquiños

 ...camiño a Belén

 

Tatiana de 5º e Claudia de 4º fixeron os anxos.

Os pastores cantaban gabando ao Señor Xesús que naceu

 

...comenzando o Advento

 

PASTORES E OVELLAS CARA AO PORTAL

 

 

A SAGRADA FAMILIA DE NAZARET; XESÚS, MARÍA E XOSÉ

 

 

No noso Belén mariñeiro non faltan as dornas feitas polo compañeiro Fran de 3º

Este ano os Magos de Oriente veñen en renos...

 

 

...entre figuriñas do Belén

Estes son algúns dos protagonistas do noso Belén na clase de Relixión Católica.

 

Raquel, Carlota,María e Claudia de 4ºA

Tamén os pequenos de 3º fixeron uns pastorciños, cabalos ...

Hugo Conde, Hugo Fernández, Xoel, Uxía e Carlos.

 

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.