Novembro 2014

PREPARAMOS O BELÉN....

NADAL

Outro ano ás portas do Nadal...

 

Xa empezamos os ensaios das panxoliñas.

Estámonos a reunir nos recreos os luns, martes e mércores...

 

Nesta semana podemos empezar a pensar nun Belén para a clase 

de Relixión. Este ano probaremos con tapóns de corcho.

 

Aquí vos deixo algúns exemplos do máis doado....FAI CLICK NA IMAXE...

 

MAGOSTO 2014

Xogos, adiviñas, cantigas, castañas asadas, moitas castañas asadas e borro ata as orellas, cunhas pinguiñas este ano da música de Paco Nogueiras e o seu rap do Magosto

ADIVIÑAS PARA O MAGOSTO

Dentro do traballo que para o Magosto levamos feito e seguindo as pegadas máis tradicionais do día, houbo cantigas, xogos... mais tamén houbo adiviñas.  Algunhas de creación propia coma estas dúas.

SAMAÍN 2014

Fai click enriba da foto e accederás a todas as fotos que reflicten o traballo que tanto a Anpa como nas aulas se levou a cabo polo Samaín

TARDE PIACHES

Tarde piamos en dar a solución á primeira pregunta do noso Concurso de Normalización, da voz dos nosos ledos gañadores.

CONTOS DE MOURAS

Algunhas das lendas tradicionais de carácter fantástico que os rapaces de 6º teatralizaron como base do seu traballo cara ao Samaín.

 

A BRUXA

Para o Samaín a clase de 5º B cos pobres medios cos que contamos, prepararon esta canción. Desta vez volvéronse, co maior respecto á cultura dun pais que tantas afinidades ten co noso como é México, cantadores de Huapango. Os rapaces souberon desta vez da dificultade de adaptar unha canción dunha lingua a outra, inda que sexan tan cercanas. Sen coñecer a melodía e tendo que conservar os esquemas rítmicos, o producto final foi moi aceptable. A canción orixinal é un clásico da cultura tradicional do Norte de México que ten un cento de letras diferentes, dende Lila Downs ao grupo veracruzano Tlen Hiucani que foi a que se elixiu para adaptar ao galego.

  

AS MOURAS E OS CASTROS

Este é o material que os nenos e nenas de 6º empregaron para traballar a nosa rica tradición oral de carácter fantástico de cara a este Samaín, material que preparou a nosa Coordinadora de Normalización Lingüística e que se centrou nos habitantes fantásticos dos nosos castros, as Mouras.

 

TALLER DE ESCRITA PARA O SAMAIN

Outro ano máis que comezamos o noso taller de Escrita. Os nosos manuais son este ano "As señoras cousas" de Helena Villar Janeiro e visto os bos resultados de anos anteriores "Meu gato é un poeta". A partir dunha sensación... que ten que ver coa época do Samaín que estamos vivindo, fixemos cos rapaces unha treboada de ideas, eleximos de entre elas un personaxe principal e co esquema dun dos poemas de Fran Alonso elaboraron colectivamente este pequeno texto. O Acrostico por outra parte foi únicamente traballar a partir dun sentimento, buscaron palabras a redor do tópico que empezasen por esa letra, buscaron rimar palabras e desta vez empezaron polo final que nunha reviravolta sorprendente era tamén o título. Estudaremos outras formas de crear textos.

 

 

 

Aterradores chíos,

Ruidos infernais,

Risas pantasmais,

Estraños estoupidos,

Perigos Terribles

Invanden de rostros,

Os ollos da noite

 

VEÑO DA VIRXE DA BARCA

Xa empezamos co noso Proxecto "Pegadas de Pedra dos Devanceiros" e sendo un colexio Abalar non podiamos empezar doutro xeito que abalando a pedra. Tendo de man a profe Barca que é nativa de Muxía, non podía ser doutro xeito que aprendendo da súa voz a tradición da pedra da vila da Costa da Morte. Os rapaces de 5º B a tal fin entrevistaron á profesora e aprenderon esta cantiga tradicional chea de significado.

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.