Marzo 2014

ADIVIÑAS PROXECTO 40 ANOS DE ESCOLA

O proxecto que dende o colexio se esta levando a cabo, vai collendo forma, dentro das propostas de actividades cos compañeiros da Biblioteca programaron para o segundo ciclo estaba a de realización de adiviñas/definicións e a espera de serén editadas nun libro impreso, dende 4º A mándannos este póster interactivo cunha pequena seleción das que fixeron para o proxecto.

 

AULA DA NATUREZA

Os venres escomezamos esta actividade onde nenos de ditintas aulas cóntanlle ao resto dos nenos diversos aspectos da  Natureza que están estudando. Os primeiros en saír á palestra foron os alumnos da profe Mirta que co apoio visual de presentacións dixitais faláronnos sobre os animais da selva

 

O RAP DAS PREPOSICIÓNS

Se as preposicións as aprendedes como o fan os rapaces de 6º, de seguro que non se vos esquecen

 

DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO

O 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro realizamos lecturas colectivas dos seus poemas tanto na Biblioteca como no espazo da aula de Psicomotricidade habilitado para a ocasión. Pedimosvos que nos acompañasedes nesta lectura e houbo familias dabondo que puderon achegarse ata o colexio. Tamén contamos tanto en directo como en diferido cunha chea de artista do Morrazo que amablemente nos acompañaron neste día. Graciñas a todos e ata ao ano que vén.

 

Rosalía 24 from Endl Cep Sequelo Marín on Vimeo.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día da muller traballadora deste ano adicamosllo á escritora e mestra Helena Villar Janeiro. Mesturamos o día con dous dos nosos proxectos (40 Anos de Escola e Un mar de Cantigas) para traballar sobre a sua obra e cantar un dos seus poemas máis coñecidos que incluiremos nun videocomic.

 

ENTROIDO DE VIANA DO BOLO

Hogano, a parte didáctica da celebración ao redor do Entroido centrámola no máis tradicional de Viana do Bolo, que conta con persoaxes e costumes de seu, ademáis de conservar vivo o calendario do Ciclo do Entroido vivo.  Grazas á presenza da mestra Alba orixinaria deste pobo de Ourense, todo o proceso adquiriu un carácter moito máis vivenciado, que nos permitiu diversificar o traballo a través das distintas áreas:

 

A PLÁSTICA, co realización de caroutas e da persoaxe  típica do Entroido Vianés, O BOTEIRO

O MUSICAL, a través do ritmo dos seus folións, que lles ensinou a falta de bombo co outro dos instrumentos de percusión que os folións utilizan, a aixada

e sobre a figura do BOTEIRO quedámonos con estas tres cousiñas:

Resumo do "X Obradoiro da Filloa"

Así foi este ano o "X Obradoiro da Filloa"

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.