Xuño 2012

SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.

 

CÓMICs San Pablo 6º...

PABLO DE TARSO
"Pablo, Pablo ¿Por qué me persigues?"dijo JESÚS a Pablo.


San Pablo 6º...

 

PABLO DE TARSO 

San Pablo cumplió 3 grandes misiones,

pasando todo tipo de desventuras para

fundar las primeras iglesias cristianas. 

 

 

CONFERENCIA SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO

A profesora e investigadora marinense, Ana Acuña Trabazo, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo, achegouse ao noso colexio para falarlles aos nenos de 6º sobre a traxectoria vital e poética de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento.

EXCURSIÓN A MANZANEDA DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de Primaria acaba de chagar da excursión de fin de curso, que se levou a cabo un ano máis no maravilloso entorno natural de Cabeza de Manzaneda. Cabe destacar a cantidade de actividades realizadas, como por exemplo: escalada, karts, cabalos, supervivencia, etc... e como non, esquecíaseme, A DISCOTECA!!!!!!!

Bueno ahí tedes un adianto das imaxes da excursión, antes de que vos den o cd con tódalas fotos, A DISFRUTAR!!!!!! (facede click dentro da foto)

 

CHARLA DO CLUBE CICLISTA MARÍN

Hoxe visitounos un ano máis, o Director do Clube Ciclista Marín. Como sempre ven cargado de materiais propios da especialidade que dirixe, bicicletas, maillots, fotografías, etc.... e de ilusión para transmitirlle ó alumnado de 5º de Primaria a pasión por este deporte.

O ARTE DA LUTHERÍA EN MARÍN

Estas son algunhas das alfaias que Cesar crea no seu taller de Cadrelo. Para que vos decates da precisión e o arte que require cada ano fai unha media de doce zanfonas e entre dúas ou tres arpas. E se facedes ben as contas botádelle canto lle leva facer unha zanfona

CESAR LOUREIRO E CARMEN GALLEGO VISITANNOS

O Cep Sequelo, seguindo nesta semana co achegamento que estamos facendo Á NOSA PROPIA CULTURA, tan lonxana para os nosos nenos, ás veces; recibimos a visita de dous veciños do pobo, pero non dous calquera senón a dun gran artesano e luthier CESAR LOUREIRO e a violinista CARMEN GALLEGO, que acompañados polos instrumentos que César mesmo fabrica puxéronnos en contacto coas súas fermosas profesións e cun anaquiño da nosa cultura tradicional no eido tanto musical como artesanal que xa é milenaria.

FIZ, O NENO MAIS PORCO DO MUNDO

Fiz é unha persoaxe que Kiko da Silva creou para a extinta revista de Banda Deseñada "Golfiño" e que ten revista de seu. Fiz pasa por ser o neno mais porco do mundo e polo debuxo co seu pai artístico nos deixou del, ben podería ser.

http://revistafizgal.blogspot.com.es/search/label/Debuxos%20Lectores

KIKO DA SILVA PRESENTA NO NOSO COLEXIO O SEU PROXECTO DO GARAXE HERMÉTICO

Os nosos alumnos coñeceron de man do debuxante o p Kiko da Silva, o proxecto O GARAXE HERMÉTICO a primeira escola Profesional de BD e ilustración de Galicia á que se lle fixo entrega en doazón, dun volume da histórica revista de Bd Galega "VAGALUME", que pasará a formar parte da BDteca do Garaxe Hermético e será restaurada para a súa conservación.


Ademais Kiko da Silva explicoulles o funcionamento da escola de BD e informoulles dos cursos de verán que comezan en xullo, tanto para nenos como para adultos e impartiulles unha clase sobre a creación de personaxes de banda deseñada.


PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.