O alumnado de 1º., 2º e 3º de Ed. primaria está desenvolvendo un PDI centrado na ciudade italiana de Siena.
Unha viaxe polas cores das "contradas" de Il Palio, na cidade de Siena, levounos a coñecer unha parte da arquitectura da Piazza del Campo, coa Torre del Mangia e a Fonte Gaia. Tamén soubemos da historia da súa fundación como cidade da man de Senius. Situámola en Tuscany, Italy, en Europe e a súa relación con Spain e the UK.
O proxecto enmarcado nas seccións bilingües da área de plástica, ampliou as linguas nas que se desenvolve o proxecto, galego, castelán e inglés, para coñecer algunhas palabras de italiano. Deste xeito, foron quen de presentar as súas "contradas", cantar unha canción, “Io sono un bambino” e recitar un pequeno poema sobre a chuvia, “La Pioggia” para conmemorar o día da poesía.
E non podíamos rematar o noso proxecto sen disfrutar dun postre tradicional da Toscana, os Cantuccini.
Foi un traballo cooperativo no que todos os nenos e nenas participaron no proceso de creación, desenvolvemento e interese por mostrar o seu traballo aos demais compañeiros da escola.
Bravo bambini !!!
GALERÍA DE IMAXES