PDI. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

PDI 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACCIÓN POLO CLIMA.

“Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais”

O curso escolar 2023/2024, a aula de 3º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”. O PDI do alumnado de 3º de Educación Primaria leva por título “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais”.
Neste curso escolar a temática céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso planeta centrándonos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dentro da Axenda 2030. O grupo 3º de Educación Primaria traballou o ODS 13 Acción polo clima, centrados nun maior coñecemento e concienciación da situación de risco climático na que nos atopamos. Facendo ao alumnado máis consciente dos cambios no modelo actual de vida que temos que levar e cabo, e dos posibles efectos que pode ter no planeta toda a actividade provocada pola man da humanidade. Un maior coñecemento das situacións climáticas daralle ao alumnado unha visión máis ampla dos efectos do quecemento global, así como das consecuencias en outras especies, como por exemplo os animais e a biodiversidade que existe en diversos entornos.
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
•    Aumenta a motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
•    Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
•    Maior compromiso mellorando o desempeño.
•    Máis ideas.
•    Máis creatividade e a aprendizaxe.
•    Mellora a comunicación e reduce a tensión.
•    Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Traballamos os seguintes OBXECTIVOS:
•    Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
•    Establecer obxectivos comúns.
•    Crear sentido de pertenza.
•    Involucrar ao alumnado na toma de decisións.
•    Buscar o entendemento entre partes.
•    Impulsar a comunicación.
•    Aproveitar a diversidade.
•    Celebrar os éxitos do grupo.
•    Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida.
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados na afirmación “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”, sendo os seguintes:  
Obxectivo xeral:
Ser capaz de coñecer e identificar os principais climas arredor do mundo, analizando as súas características por medio de climogramas. Ademais traballaremos os efectos que se están producindo neles debido ao cambio climático, así como as consecuencias na fauna mundial para conciencialos de que todos e todas xogamos un papel importante no cambio de modelo.
Obxectivos específicos:
1.    Estudar e comprender os principais tipos de climas arredor do mundo mediante a análise de climogramas e outros datos climáticos.
2.    Identificar os efectos do cambio climático nos diferentes tipos de clima e as súas consecuencias na fauna global.
3.    Investigar como o cambio climático está a afectar especies e ecosistemas vulnerables en diferentes partes do mundo.
4.    Promover a sensibilización sobre o papel crítico que cada un de nós xoga no cambio de modelo cara a unha relación máis sostible co medio ambiente.
5.    Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
6.    Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
7.    Recoñecer a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.
8.    Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
9.    Integrar o coñecemento adquirido sobre climatoloxía e biodiversidade nun enfoque práctico, traballando cara solucións sustentables e respectuosas co medio ambiente.
Contidos:
1.    Principais tipos de climas arredor do mundo.
2.    Concepto de climograma e análise dos datos climáticos.
3.    Impacto do cambio climático nos diferentes tipos de clima.
4.    Efectos do cambio climático na fauna global.
5.    Consecuencias do cambio climático para os ecosistemas vulnerables.
6.    Especies específicas ameazadas polo cambio climático.
7.    Estratexias de conservación para a protección da biodiversidade.
8.    Rol individual na promoción dun modelo de relación sostible co medio ambiente.
9.    Educación sobre a interdependencia entre humanos e medio ambiente.
10.     Ética e responsabilidade ambiental.
11.    Participación comunitaria na protección ambiental.
12.    Solucións sustentables para a adaptación ao cambio climático.
13.    O medio ambiente: coidado, sobrexplotación, biodiversidade...
14.    Identifica os elementos da natureza e do planeta.
15.    Describe o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
16.    Realiza unha acción de coidado do medio ambiente que podamos compartir co resto da contorna educativa e comunitaria.
17.    Identifica e recoñece a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.
18.    Participa na defensa do medio ambiente.
Indicadores de logro ou desempeño.
Principais tipos de climas ao redor do mundo
•    Identifica e describe os principais tipos de climas en diferentes rexións do mundo nun mapa.
•    Compara e contrasta os factores determinantes dos principais tipos de clima.
Concepto de climograma e análise dos datos climáticos
•    Interpreta climogramas para identificar patróns climáticos en diferentes rexións.
•    Analiza datos climáticos históricos e identifica tendencias ao longo do tempo.
Impacto do cambio climático nos diferentes tipos de clima
•    Describe como o clima está a cambiar en diferentes rexións e as súas implicacións nos ecosistemas e na sociedade.
•    Relaciona eventos climáticos extremos coas mudanzas climáticas globais.
Efectos do cambio climático na fauna global
•    Identifica especies afectadas polo quecemento global e a perda de hábitat.
•    Describe os impactos das mudanzas climáticas na distribución xeográfica das especies.
Consecuencias do cambio climático para os ecosistemas vulnerables
•    Identifica ecosistemas vulnerables e describe como están a ser afectados polas mudanzas climáticas.
•    Propón estratexias para protexer ecosistemas ameazados.
Especies específicas ameazadas polo cambio climático
•    Lista e describe especies en risco de extinción debido ás mudanzas climáticas.
•    Propón medidas de conservación específicas para protexer estas especies.
Papel individual na promoción dun modelo de relación sostible co medio ambiente
•    Desenvolve un plan persoal para reducir o impacto ambiental no día a día.
•    Implementa accións sostibles e avalía o seu impacto.
Educación sobre a interdependencia entre humanos e medio ambiente
•    Explica como as actividades humanas impactan nos ecosistemas locais e globais.
•    Desenvolve materiais educativos para promover a concienciación ambiental.
Ética e responsabilidade ambiental
•    Debate cuestións éticas relacionadas co uso dos recursos naturais.
•    Propón medidas para promover unha cultura de responsabilidade ambiental.
Contribución ás competencias clave e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado contribuíu ao desenvolvemento do conxunto das competencias claves definidas no marco normativo, contribuíndo as seguintes:  competencia en comunicación lingüística (CCL); competencia plurilingüe (CP); competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM); competencia dixital (CD); competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA); competencia cidadá (CC); competencia emprendedora (CE) e competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC). En especial destacar competencia persoal, social e de aprender a aprender xa que nos diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotándolles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.
Número de sesións: Dúas por semana.
Temporalización: Realizáronse 2 sesións de 50 minutos de cada unha das semanas do segundo e do terceiro trimestre.
Metodoloxía: Traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, integrando de maneira significativa o que os alumnos foron traballando e así construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Todos estes aprendizaxes terán como finalidade a creación dun lapbook onde se combinaran non só contidos senón tamén destrezas manuais, creatividade, soporte dixital axustándonos ás características e motivacións do alumnado e a súa contorna.
O PDI, “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais” tivo diferentes fases.
No primeiro trimestre,  sendo a miña compañeira “Iria Pérez Rodríguez” a que lles impartiu as materias da ciencias, ela encargouse de traballar a parte relacionada co tema dos animais e a súa clasificación. Contido necesario para a realización do noso traballo final.
No segundo trimestre, centrámonos no descubrimento progresivo da realidade climatolóxica desde unha perspectiva máis realista e achegada, movéndonos ata ter unha visión máis global do que está acontecer no mundo polo impacto humano na natureza.  
Os pasos que seguimos para levar este descubrimento foron os seguintes:
1º Coñecemento e identificación dos fenómenos atmosféricos presente no día a día. Como sinalei previamente, debido a dificultade do alumnado na etapa de primaria de entender conceptos abstractos e afastados, como pode ser todo o referente ao clima, o primeiro paso era acercarnos a súa realidade como entender o que están vendo dende as fiestras das nosas aulas. Para elo realizamos actividades de diversa índole como
-    Creación dunha maqueta onde o alumnado representou os diferentes tipos de nubes
-    Experimentos que axudaron para a comprensión de conceptos como a choiva
-    Ler libros onde nos axudaron a esclarecer as súas dúbidas relacionadas con esta temática como por exemplo:
Pregunta a Dra Peteiro
Libro sobre o tempo atmosférico.
2º Pasar do concreto ao abstracto, é dicir, do tempo ao clima. Para elo, traballamos as estacións meteorolóxicas e os seus instrumentos.
-    O alumnado recolleu información dos datos do tempo durante un trimestre usando un calendario en A3 onde se analiza o tempo na cidade de Ourense día a día.
-    E ademais o alumnado contou cuns mestres moi especiais, o alumnado de 6º de Primaria para coñecer a estación meteorolóxica en profundidade.
3º Grazas ao calendario, o alumnado entendeu dunha maneira práctica o proceso de tempo a clima. Isto permitiunos analizar sobre o clima de Ourense que estabamos tendo este ano e reflexionar se era o esperado ou non. O feito de reflexionar serviunos de introdución aos cambios que se producen debido ao cambio climático. Para elo, traballamos as características tradicionais das diferentes estacións dentro dun clima temperado como o noso, por medio de actividades diversas dende diferentes ámbitos como por exemplo:
-    A creación das estacións a través de manualidades
-    Traballar en música as 4 estacións de Vivaldi
4º Como o alumnado é diverso e procede de diferentes lugares como Cuba ou Ucraína, o obxectivo final do proxecto era analizar o cambio climático en diferentes países do mundo. Para elo, pasamos ao análise dos climas arredor do planeta e as características das súas paisaxes. Tema que nos serviu como punto de unión cos contidos dos animais dado no 1º trimestre. Fixéronse actividades como
-    Análise de mapas
-    Análise e creación dos seus propios climogramas
-    Recreación de diferentes ecosistemas ca súa fauna correspondente xunto cunha exposición oral en inglés
5º No terceiro trimestre centrámonos na concienciación do alumnado de como todo o que estiveran traballando ata agora sobre os climas e as paisaxes estaba a desaparecer pola acción humana. O alumnado estivo inmerso en actividades como:
-    A creación dunha maqueta onde se reflectiu o aumento de CO2 na atmosfera e a creación do chamado efecto invernadoiro
-    Experimento para a comprensión das consecuencias do efecto invernadoiro.
-    Durante a semana da prensa estivemos buscando noticias sobre o cambio climático
-    Visionado de noticias de telexornais doutros países de fala hispana e fala inglesa para axudarlles a comprender a magnitude do problema.
-    Lectura de libros como “Te necesitamos” onde os animais falan en primeira persoa e lles conta porque se están extinguindo e como os podemos axudar.
6º Creación do lapbook. Tras este longo proceso de investigación o alumnado tiña que por en práctica todo o aprendido ata hoxe para crear o proxecto. A palabra “crear” implicou ilusión por parte do alumnado. Máis aínda, para aquel alumnado estranxeiro que tivo a oportunidade de traer unhas pinceladas do seu país de orixe á aula. Para levar a cabo o lapbook foi necesario.
-    Busca de información usando os soportes dixitais.
-    Creación de carpetas, escolla de imaxes, traballar a mecanografía e outras habilidades asociadas ás novas tecnoloxías.
-     Creatividade á hora de deseñar os seus propios lapbooks.
-    Traballaron as artes plásticas: manualidades, seguindo os pasos para creas flipbooks ou os diferentes pregables, debuxo, recortar e demais habilidades tan importantes nestas idades para a súa psicomotricidade.
7º O libro “Te necesitamos” foi  o paso para pasar ao seguinte paso que é a busca de solucións onde o alumnado recompilou que graniños de area podían aportar no seu día a día para mellorar a problemática do cambio climático. Para elo, o alumnado creou un  mural onde se visionaba que accións favorecían o aumento do efecto invernadoiro e que alternativas tiñamos para frealo. O alumnado tamén contou coa visita de SOGAMA. Nesta visita explicáronlle os pormenores de todo o proceso relativo á reciclaxe. Puideron comprobar como se realiza este proceso e aclarar todas as dúbidas que tiñan ao respecto. E finalmente o alumnado creou e  firmou un documento onde se comprometían a cambiar os seus hábitos a favor do planeta.