Maio 2017

Hora de Ler de 6º de Ed. Infantil

No tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de 6º de Educación Infantil, ademais de traballar programado para esta hora, realizou as seguintes actividades promovidades desde a biblioteca e que lles resultaron moi atractivas:



Hora de Ler dos máis cativos

Este curso, os nenos de cuarto e quinto de Educación Infantil realizaron unha serie de actividades na hora de ler que resultaron ser de moito proveito e moi divertidas.

No primeiro trimestre aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.

Comezamos cunha colección "Cuentos para portarse bien " editorial CCS. Primeiro contábaselles o conto, despois facíanse unhas preguntas moi sinxelas e, por último, eles facían debuxos sobre os contos.  Algúns como "El pulpito Moradito", "La osa Rosa" , "El ratón Antón"... gustáronlle moito.

Traballamos  a colección "En familia" que nos recordan canto nos queren e canto lles queren.  Entre outros debuxos quedou moi bonito o que fixeron coa súa nai.

Tamén se traballou con contos clásicos: La ratita presumida, Hanssell y Gretell , Ricitos de Oro... disfrutáronos  moito facendo debuxos de cada un deles.

Representaron en teatro de monicreques "Os tres porquiños" e "Carapuchiña vermella".

O día do libro, na biblioteca, contaron  a todos os  nenos e nenas do colexio o conto "A que sabe la luna" e fixérono cada un en cartolina e levárono a casa para contarllo a súa familia.

Memorizaron e recitaron poesías o día  da inauguración da biblioteca e o día da poesía.

Radio Sueiro

Galeria

O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio, ao longo do mes de maio, con motivo das Letras Galegas. Nel tiveron o previlexio de entrevistar a Carlos Casares, escritor ourensán homenaxeado este ano.

Os meteorólogos do Sueiro facilitaron os datos da súa estación metereolóxica para dar as novas do tempo no programa.

Na seguinte ligazón tedes acceso ao podcast integro do programa:

Gamificando a Carlos Casares

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares.

Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado.

Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación.

Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10.

Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula.

O libro viaxeiro

O alumnado de Educación Infantil leva dentro da súa mochila da biblioteca o "Libro viaxeiro" que consiste nun caderno que deberán ir completando, coa axuda das súas familias, sobre os libros que lean nas súas casas.

Esta actividade, que xa leva varios anos en funcionamento, ten gran aceptación por parte da comunidade educativa o que redunda en que a calidade dos produtos realizados sexa cada vez mellor.

Achegamos algunhas mostras de dito traballo.

Moitas grazas e parabéns para as familias dos cativos.

 Libroviaxeiro

 

Pinocchio en inglés

O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense.

Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade.

Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea.

Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura.

Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade.

Pasámolo xenial!!

A arte no noso corpo

As actividades da área de Ed. Física, en relación ao PDI, estiveron relacionadas voa Expresión corporal.

O alumnado participou en dúas das sesións:

  • “Suelo helado”.
  • “Bailamos”.

Ambas  sesións realizámolas no aula de música e a primeira foi con alumnado de 6º de primaria e a segunda con alumnado de 4º de primaria.

Na seguinte ligazón hai acceso á memoria gráfica das actividades.

 

Siena, ridng colours

O proxecto inicial de participación no PDI do centro era de dous pequenos proxectos: Un sobre a cidade de Siena e outro sobre Frida Kahlo. Debido a que o proxecto de Siena sufriu ampliacións, dado o interese do alumnado, e a posibilidade de actividades que foron xurdindo, decidimos deixar para outro curso o proxecto sobre a pintora mexicana.

O PDI sobre Siena desenvolveuse segundo o proxectado coas modificacións que agora puntualizamos:

  • Cambio de nome do proxecto consensuado co alumnado, Así decidimos chamalo “Siena, ridng colours”.
  • Postos en contacto co departamento de italiano da EOI de Ourense e manifestar a súa disposición a colaborar connosco, ao longo do proxecto non contactaron de novo co noso centro, polo que supuxo unha decepción.
  • O cónsul honorario de Italia en Galicia, Sr. Francesco Milani, confirmou a súa presenza no noso centro o 10 de maio. Por mor de problemas de saúde, na véspera da súa visita, tivo que ser anulada.
  • Ampliación de recursos e fontes empregados:
    • Fontes escritas:
      • ByME. Arts & Crafts 1,2,3. Ed. Macmillan.
      • Siena, playing with Art. Ed. Mandrágora.
      • Il Palio di Siena. Pacini Editore.
      • La belleza gótica de Siena. National Geographic.
      • Terzo di Siena 1, 2, 3. Assessorato al turismo. Comune di Siena.
      • Poema “La Pioggia”.  Associazione Vivacemente.
    • Fontes audiovisuais:

Os obxectivos, contidos e competencias clave que pretendíamos acadar foron as previstas e presentadas no PAL.

As actividades reflectímolas na presentación que se achega máis abaixo, así como nos enlaces da web do centro:

Da man de Baldomero, a pintura e escultura imos coñecer.

Comenzamos o traballo observando pinturas de  Baldomero Moreiras e pintámola porta da nosa aula a semellanza dun cadro deste autor “Cando chove é un bo día" que nos servirá tamén para o proxecto de Meteoroloxía. Da mesma maneira fomos facendo “Bolas de neve” con relación ás distintas actividades desenroladas no centro, utilizando  distintas técnicas creativas.

Despois de estudar distintos estilos de pintura realizaron na area de plásticas algunhas actividades: paisaxismo, retrato, modernismo, etc.

Tivémola sorte de que  Baldomero Moreiras quixera estar con nós para realizar un obradoiro plástico co que confeccionamos un cadro de pombas. Asemade, puidemos facecerlle unha entrevista.

No entroido disfrazámonos das esculturas ourensás de Ramón Conde:

Construimos a estatua de Joan Miró “Mujer y Pajaro”.

Para terminar buscaron documentación sobre escultura en distintas épocas e plasmámolo nun Power Point.

O traballo realizado foi moi satisfactorio e cumpliu cos obxectivos propostos no PAL.

Arte románica e gótica

O alumnado de 5º de Ed. Primaria traballou sobre a arte románica e gótica, levando a cabo as seguintes actividades:

  • Para o estudo das características da arte gótica e romana realizouse  unha pescuda, empregando diversas e variadas fontes de información. O produto final foi a realización dun mural cas imaxes mais representativas.
  • Unha arquitecta realizou un relatorio na aula para explicarlles estas manifestacións artísticas. Con esta actividade desfrutaron   moitísimo.
  • Posteriormente, para diferenzar os distintos elementos góticos e románicos, os alumnos memorizaron, debuxaron e ilustraron distintas portadas, que posteriormente identificaron.
  • Finalmente, para asimilar estas diferenzas, cada neno realizou un traballo escrito, e, a súa vez o estudo, debuxo e ilustración dunha planta románica e gótica.