Skip to Content

Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca de Centro

Gañadores do Concurso de Fotografía: O Mar

Tres son os gañadores do Concurso de Fotografía do MAR, proposto polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para o Proxecto interdisciplinar 2014. Tras un gran éxito de participación e o alto nivel das fotografías presentadas, tres son as fotografías escollidas. Noraboa aos gañadores e a todos os participantes. 

 

Para acceder á galería de todas as fotos participantes prema aquí.

Prensa: I Semana Temática

Diferentes xornais recollen hoxe a noticia:

Noticieiro Galego

 

(A Voz de Galicia, 30 de Maio 2014)

I Semana Temática: Esculturas de Area

O alumnado de 2º ESO  de Ciencias Sociais, realizou xunto a outros 400 estudantes de 7 IES de toda Galicia esculturas de area na praia da Lanzada (O Grove). A actividade enmárcase dentro da I Semana Temática- IES Praia Barraña, adicada ao MAR.

Diferentes xornais recolleron a noticia. Aquí os enlaces:

 
 
 

Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca de Centro, 2013-14

No curso 2013-14 o "Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca de Centro" adícase a:

Os alumnos-as estarán acompañados polo profesor de cada materia e traballarán unhas unidades didácticas, previamente deseñadas, que nos darán unha perspectiva e visión do mar desde as distintas materias do currículo:

  • O mar na literatura: como espazo, tema o protagonista. As lendas do mar…
  • O mar: fonte de recursos.
  • O mar na pintura.
  • Os deportes de mar.
  • A música do mar.
  • As mulleres e os homes do mar.
  • Salvemos o mar.
  • ...

Abril, mes dos libros. Concurso de fotografía "O MAR"

 

Preme na imaxe para acceder á galería das fotos participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut