Skip to Content

Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca de Centro

Actividades da II Semana Temática

Onte celebramos outra xornada de actividades culturais no IES Praia Barraña de Boiro, no marco do II Proxecto de Biblioteca de Centro, na Semana das Tradicións e Costumes.
Visitounos Uxía, unha oleira que nos ensinou o manexo do torno de alfarería, que nos engaiolou a todos, en especial aos rapaces e rapazas que foron quen de tornear algunha peciña de arxila. Foi unha xornada moi distendida e sobre todo aprenderon a valorar o traballo artesán e tiñeron a satisfacción de realizar utensilios por si mesmos.

Ao longo da semana exaltamos o valor do propio, a importancia da tradición, dos costumes, da lingua,… como conformadores da nosa identidade. Valorando o noso poderemos valorar o alleo.

 Hoxe en diferentes espazos do centro, o alumnado dispuso mesas temáticas que reflectían as tradicións culturais e gastronómicas de diversos países anglófonos, como a India, os Estados Unidos e o Reino Unido.

 

Mañá pecharemos os actos desta segunda Semana Temática cunha exhibición de baile tradicional por parte de alumnado de segundo de bacharelato.


Semana Temática: Quico Cadaval

(La Voz de Galicia, 22 de abril 2015)

(Diario de Arousa, 22 de abril 2015)

Versos de Rosalía inauguran a Semana Temática en Barraña

O concerto de NARF foi o primeiro acto dunha semana repleta de actividades culturais. Enlace á noticia La Voz de Galicia.

(La Voz de Galicia, 21 de Abril 2015)

II Semana Temática (20-24 de abril)

O IES Praia Barraña de Boiro celebra, entre o 20 e o 24 de abril, a II Semana Temática dedicada este curso ás “Tradicións e Costumes”. Ao longo da semana daranse a coñecer os distintos traballos realizados polo alumnado nas diferentes materias arredor do tema elixido.

O proxecto, proposto e coordinado pola Biblioteca Escolar do centro, ten como obxectivo o uso dos fondos documentais como base para un traballo de investigación dun tema común a través dos distintos departamentos didácticos.

Inaugúrarase a Semana Temática, o próximo día 20 ás 12:30, cun concerto didáctico de Narf, “De Rosalía a Craveirinha, A marabillosa viaxe da lingua galega” . O martes 21, ás 10:30 teremos a  actuación de Quico Cadaval.

Exemplo dos traballos realizados e expostos polo alumnado.

Monólogo/Contacontos de Quico Cadaval o Martes 21 ás 10:30

O alumnado de segundo de bacharelato terán o pracer de asistir a unha sesión de contacontos/monólogos da man do sorprendente Quico Cadaval, o martes 21 ás 10:30, dentro do ciclo de actividades da II Semana Temática do IES Praia Barraña.

Quico Cadaval en Pontevedra.jpg
Quico Cadaval, nado en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.
Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc".

Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.

En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.

Quico Cadaval nunha gala na boirensa Pousada das Ánimas.

Fonte: Galipedia

Concerto didáctico de NARF o día 20 ás 12:30

Este lúns o alumnado de primeiro de bacharelato do IES Praia Barraña terá a ledicia de disfrutar da inauguración da II Semana Temática cun fabuloso concerto didáctico de NARF, o roqueiro que canta a Rosalía.
Marcade a data no calendario!

De Rosalía a Craveirinha. A marabillosa viaxe da lingua Galega.

Tras varios anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de países como Brasil, Mozambique, Portugal, Cabo Verde ou Guiné Bissau, Fran Pérez “Narf” foi construíndo un repertorio que, partindo do Galego, foise ampliando co intercambio con outros creadores da Lusofonía, xerando un pequeno ámbito de convivencia entre linguas que comparten a mesma orixe.

Aproveitando o lanzamento do seu último disco “Nas Tardes escuras”, no que NARF explora a poesía de Rosalía de Castro desde a linguaxe innovadora e contundente do Rock contemporáneo, con sorprendentes resultados e magníficas críticas; o artista propón para os estudantes unha viaxe musical que ilustrará diferentes aspectos da potencia e modernidade da nosa lingua no mundo de hoxe, como vínculo de intercambio, expresión artística e de comunicación coas distantes culturas que comparten con nós o tesouro dunha lingua de raíz común. Poemas cantados, que van dende a voz atlántica da nosa Rosalía ata os poemas índicos do Mozambicano José Craveirinha pasando polo portugués Luis de Camões, ata outros autores contemporáneos como Xelís de Toro (Galiza), Sonia Sountuane (Mozambique) ou Paulo Macamo (Mozambique).

Ademais outras cancións escritas polo propio Narf en colaboración con artistas como Manecas Costa (Guiné-Bissau). Neste concerto, de formato intimista, escoitaremos cantar en Galego, en Portugués, en linguas de orixe bantú como Shangana ou Machopi, e tamén en Inglés escrito por galegos, dando a entender a gran capacidade do noso idioma e da nosa identidade para conectar a persoas de moi diferente orixe cultural, pero que teñen o vínculo da fala, que funciona como una ponte única para o encontro.

Desas experiencias vitais, reflectidas nas cancións, falará Fran Pérez durante o concerto, ofrecendo tamén a posibilidade de establecer un diálogo cos alumnos, de maneira moi distendida, entre canción e canción, respondendo ás preguntas que desexen facer.

 Fran Pérez “Narf” participou en importantes festivais da Lusofonía, como o Mercado Cultural de Salvador da Bahía, (Brasil), varias edicións do Festival d D´Agosto en Maputo (Mozambique) Festival de Mindelo (Cabo Verde) ou Cantos na Maré en Pontevedra. Tamén presentou os seus concertos en cidades como Sao Paulo, Buenos Aires, Londres ou Nova Delhi.

Recentemente o disco “Aló Irmao”, un traballo conxunto co Guineano Manecas Costa, acadou o nº 1 das listas da emisora RDP AFRICA, que emite para todos os países da Lusofonía. En decembro de 2013 foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, como o mellor artista galego na categoría de Rock/Blues/Funk/Soul.

        Na actualidade presenta os seus concertos en formato de trío rock, ou en solitario.

                                               www.franpereznarf.com 
                                                   Facebook NARF

II Semana Temática no IES Praia Barraña

       

 

        O Equipo da Biblioteca de Centro do IES Praia Barraña da continuidade con esta segunda edición a coordinación do Proxecto Interdisciplinar para implicar o alumnado na lectura. Trátase dun proxecto que implica a todos os Departamentos do Centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o Equipo da Biblioteca propuxo ao comezo de cada curso. 

      Nesta segunda edición 2014-15 o tema escollido e traballado foi TRADICIÓNS E COSTUMES.

      Con esta “II Semana Temática – IES Praia Barraña” pretendemos expoñer e dar a coñecer todos os traballos realizados polos alumnos e profesores do Centro durante o curso arredor da temática das Tradicións e costumes.

I Semana Temática no IES Praia Barraña

     O Equipo da Biblioteca de Centro do IES Praia Barraña inicia con esta primeira edición a coordinación dun Proxecto Interdisciplinar para implicar o alumnado na lectura. Trátase dun proxecto que implica a todos os Departamentos do Centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o Equipo da Biblioteca propuxo ao comezo de cada curso. 

      Nesta primeira edición 2013-14 o tema escollido e traballado foi O MAR.

     Con esta “I Semana Temática – IES Praia Barraña” pretendemos expoñer e dar a coñecer todos os traballos realizados polos alumnos e profesores do Centro durante o curso arredor da temática do Mar.

      O longo da semana iranse activando os seguintes enlaces segun se vaian realizando as actividades programadas. Preme en cada icono para acceder á información detalllada e as galerías das actividades.

Alumnado de Plástica do IES Praia Barraña obtén o Primeiro Premio do VI Concurso de Murais de Azulexos da Costa da Morte co mural “Explotación-Conservación: Navalla e Longueirón”

O pasado xoves 5 de xuño tivo lugar en Cee o acto de entrega de premios do VI Concurso de Murais da Costa da Morte, patrocinado por Suministros LAR S.A.

 

 

 

Alumnos de 4º de ESO do IES Praia Barraña de Boiro participaron dende a asignatura de Educación Plástica e Visual, impartida por D. Pascual Vidal González.

 

O tema proposto nesta sexta edición eran os mariscos da Costa da Morte. Sendo que ao IES Praia Barraña tocoulles por sorteo ante notario representar “navallas” e “longueiróns”.

Ante o reto de representar dous mariscos prácticamente iguais e non demasiado estéticos, e como a forma de monolito do mural obligaba a desenvolver dúas esceas. tomuse a decisión de representar unha delas amosando o marisco vivindo no seu entorno natural en liberdade, e noutra a típica estampa dunha mariscadora apañando marisco, como forma de actividade de explotación humana, amosando así una dicotomía como punto de partida do discurso.

 

 

O mural estaba feito con anacos de azulexos de cores colocados con técnicas de mampostería.

O tribunal que fallou o resultado estaba composto por Dona Beatriz González, Directora da Ciudade da Cultura de Santiago, Don Anton Castro, escritor, ex director da escola Cervantes de Milan, e profesor de historia do arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e Dona Covadonga Carrasco, Arquitecta na Coruña, con numerosos recoñecementos á súa profesión.

 

Esta esta é a segunda vez que o IES Praia Barraña participa, como instituto invitado que xa tiña participado na IV edición, e a primeira vez que obtén un galardón.

 

Preme a seguinte LIGAZÓN se queres visitar a galería completa de fotos

Beach cleanup 2014

Después  del monográfico “  don’t  leave  your  print  at  the  beach”.
El  curso  de  4ºESO A  junto  con  la  profesora Pury Vez, el 29  realizaron  una  limpieza de  la  playa Barraña.
El  grupo  se  dividió en  3  equipos  de  batida.  Cada uno  tenía  asignado  una  zona  de  la  playa.  La  recogida  efectiva  d

e  basura  duró  unos  35  minutos  .  En ese  tiempo  se  recogió:

  • 3  filtros  de  motor.  Uno  de  ellos derramaba  aceite
  • Un  bidón  de aceite  de  motor
  • 1 Pañal  de  bebé
  • Varios  envoltorios de  tampón femenino
  • 2  cepillos  de  dientes
  • Mecheros
  • Un teléfono  móvil
  • Varios vasos  de  yogur
  • Multitud  de envoltorios de  snacks
  • Botes y botellas  de  bebida
  • 2 frascos de  lejía
  • Un  calcetín
  • Varias  agujas  de  plástico para  redes

ESTA  ES NUESTRA HUELLA  EN  LA  PLAYA!!

Pinche en la imagen para acceder a la galería completa de fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut