Skip to Content

Novas

ACTIVIDADE TITORIAL "O PASO DO TEMPO" EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE DIA DE BOIRO

O  alumnado do  grupo  1º ESO C estivo  a  traballar unha  película durante  o  mes  de  xuño,  na que  se  reflicte o  paso  do  tempo  no  ser  humano.  Co  obxectivo  de  contribuir  o  coñecemento  e  o  respeto  cara  os  nosos  maiores  e  grazas  a  increíble  colaboración  do  personal  do  Centro  De  Día  do  Concello  de  Boiro ,  o  alumnado  visitou aos  maiores  de  dito  centro  acompañados  da  súa titora  Pury Vez.  Durante  a  estadía  no  centro,  a  rapazada adolescente  participou en  actividades conxuntas ca  rapazada  maior,  tales  como  carreiras con  andadores (  nas  que  os  xóvenes  levaban os  brazos  e  pes  atados  para reducir a  súa  movilidade) ,  concursos de  bordado ( nos  que  os  xóvenes  levaban luvas  para  simular a  reducción de  movilidade causada  pola artrosis) xogos  con  gafas  que  impiden  a  visión  nunha  simulación  de  cataratas  ou tapóns  nos  oídos  para  simular  pérdida de  audición. A  rapazada  adolescente implicouse  en  todas  as  actividades  amosando  cariño  e  respeto.  A  súa  actitude  foi  impecable  e  a  sensación de  " queremos  voltar".  Noraboa  a  todos. 

actividade titoria Puri1.jpg

 

 

actividade titoria puri 2_1.jpg

 

 

puri 3.jpg

 

Puri 4.jpg

Xornadas de nais e pais, educar en igualdade

 

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Xuntamos toda a información nos arquivos que se achegan máis abaixo.

Admisión 2019 - 2020 (listaxes definitivas de admitidos)

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido para cursar os seus estudos no IES Praia Barraña están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.

Debemos recordar que todo aquel alumnado que fixo a súa reserva de praza no mes de febreiro e aqueloutro que presentou solicitude de admisión entre os días 01 e 20 de marzo están admitidos no IES.

VI Semana Temática: Diversidades

Premendo na imaxe pódense consultar as actividades que se desenvolverán durante esta semana adicada á identidade e diversidade de xénero.

Admisión de alumnado no IES Praia Barraña

 

 

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Información xeral sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas.

Poden lela na seguinte ligazón:

Información xeral e prazas vacantes

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Formulario de admisión ED550B (proporcionado co impreso de prematrícula solicitado polo Centro)

b) DNI do/a alumno/a.

c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

d) Co obxecto de contribuír a unha mellor organización por parte do Centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Con este obxectivo, na táboa seguinte recóllense os impresos organizados por cursos xunto co formulario normalizado ED550B:

ESO BAC
 
 

 

Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Praia Xardín e IESP A Cachada) que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 15 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no IES Praia Barraña na etapa correspondente.

As listaxes deste alumnado admitido polo procedemento de reserva de praza están expostas no taboleiro de anuncios do Centro adscrito  para a súa consulta pública.

Alumnado de 2º de Bacharelato do noso IES participa na LV Olimpíada Matemática

 

 

 

Miranda Carou Laíño, Jorge Hermo González, Pablo Manuel Piñeiro Insua e Marina Ramallo Blanco, alumnos de 2º de bacharelato do IES Praia Barraña de Boiro participaron o pasado venres 18 de xaneiro na fase galega da LV edición da Olimpíada Matemática Española.

 

A proba celebrouse na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. 107 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia enfrontáronse a seis problemas repartidos en dúas sesións de 3 horas e media, unha pola mañá e outra pola tarde. Os tres mellores pasan a formar parte do equipo galego na fase estatal.

 

O gran labor da organización, co profesor Felipe Gago Couso, permitiu que os premios se entregasen esa mesma noite. Marina Ramallo Blanco, quen cursou a ESO no IES A Cachada, recibiu unha das dez mencións de honra e Pablo Manuel Piñeiro Insua acadou o 3º premio nesta edición da fase galega.

 

Este 3º premio supón a súa partipación na LV Olimpiada Matemática Española formando parte do equipo galego xunto con Júlia Misaki Anguera Zemba do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo e Roi Vence Nogueira do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Este ano, a fase estatal da Olimpíada Matemática terá lugar en Ourense do 21 a 24 de marzo.

 

 

Pode atoparse máis información da olimpíada en http://www.usc.es/olympia/news.htm

 

Curso de atención a urxencias sanitarias para familias

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no CIFP Compostela (Rúa Lamas de Abade, SN, Santiago de Compostela)  e as datas de realización serán os vindeiros días 16 - 23 - 30 de xaneiro entre as 17:00 e as 20:00 H.
 
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a xcarlosro@edu.xunta.es antes do día 15 de xaneiro, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente.
 

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut