Skip to Content

ESCOLA DE NAIS E PAIS E PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

28/05/2019

Este luns, á tardiña, presentamos ás nais e pais dos rapaces que comezan no instituto o próximo curso o noso centro. Falámoslles da organización da nova etapa académica que van cursar os seus fillos e fillas e da nosa liña de traballo, do noso proxecto educativo. E tamén da escola de nais e pais. Aproveitamos esta primeira xuntanza para unha das sesións informativas que, dentro desta actividade formativa, parte do propio centro: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención, impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers no noso IES, entre outros, durante varios cursos. As súas conclusións han de sernos, sen dúbida, de moita utilidade. Necesarias. 

Ao rematar, mostrámoslles os diferentes espazos do instituto: os corredores coas exposicións dos traballos deste curso, a biblioteca, a aula de xogos, as aulas do proxecto perseveira, a Sala Perseveira, a aula de Espazo Maker, a radio... 

 

  

FESTA DE GRADUACIÓN DO CURSO 2018-19!

27/05/2019

Despois dun curso intenso, unha nova promoción pecha a súa etapa no IES de Porto do Son. Forman parte da comunidade educativa que integran os alumnos e alumnas, o  profesorado e o persoal non docente que viviu parte da súa vida formativa e laboral no noso centro. O centro son esas persoas. Non os espazos, ou non só. A carón deles, están as vivencias compartidas nestes anos. Bos momentos e momentos difíciles. Todos eles conforman o que son, o que é o centro. Estudo, Entroidos, excursións, celebracións, amizades, amores, risos...

Música para abrir un acto que presentaron, simpáticos e emocionados, Ricardo e Ismael:

 

Houbo tamén discursos de profes e alumnado que falaron do tempo pasado no centro e dos novos camiños que agora comezan...

...

Recibiron os diplomas que os recoñecen como membros da comunidade do IES de Porto do Son. Como non, o merecido certificado de Matrícula de Honra para Clara Miranda e Adriana Pouso:

Dende o público, a alegría dos convidados, das familias, o profesorado e os compañeiros e compañeiras:

 

Felices, pecharon tamén cantando. Despois, pinchos na cafetería, charla, fotos de recordo... BOA SORTE!!!

 

 

 

 

ÚLTIMA SESIÓN DO PROGRAMA CON-CIENCIA: PARTICIPACIÓN ACTIVA

23/05/2019

"Participación activa: entidades do territorio" foi a última charla que o alumnado de 2º de ESO tivo dentro do Programa Con-Ciencia, iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible,  Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). 

Nesta ocasión, a empresaria Janira Somoza, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios de Noia e propietaria dun negocio de restauración, contounos da súa evolución e animou aos alumnos e alumnas a formárense e a seren emprendedores e emprendedoras. Un exemplo a seguir na contorna.

Agora queda a sesión de clausura. O 19 de xuño, unha selección do alumnado encontrarase en Muros cos rapaces e rapazas doustros centros que participaron no programa. 

 

NO MES DAS LETRAS: ANTONIO FRAGUAS, FOLIADA DAS LETRAS...

22/05/2019

Neste mes das Letras adicado a Antonio Fraguas, o mestre etnógrafo, o ensino mira a Galicia, aos costumes, á paisaxe, ás tradicións, á memoria oral, ao patrimonio, material e inmaterial... E nós, tamén. Un ano máis, celebramos a III Foliada das Letras! Son os alumnos e alumnas quen nos sacan o punto, os que marcan o paso!

    

 

 

 

Acollida a nais e pais do alumnado de 1º ESO 2019-2020

ABAU - 2020 - INSTRUCCIÓNS E INFORMACIÓN

18/05/2019 21:47

 

A información indispensable tela aquí: 

http://ciug.gal/gal/abau

 

 CAMBIOS ABAU 2020

 

 NON O ESQUEZAS: INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA

enlace, revísao para evitar problemas)

 

 

MATRÍCULA NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

 

Solicitudes de admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao no Sistema Universitario Galego.

 

 

REPASA OS LINKS DE CIUG:

NOTAS DE CORTE

PONDERACIÓNS

 

 

E para calquera dúbida, non esperes, e pregunta en

 

Orientación do IES, 881866701 de 11 a 12.

 

Pode serche de axuda para definir os teus pasos

esta guía do Concello da Coruña  (2019)

(ENLACE A MOITOS OUTROS ENLACES QUE PODES PRECISAR E INFORMACIÓN SOBRE BECAS E AXUDAS).

 

 

Que estudiar y donde en la universidad española

 

SERVIZO DE INFORMACIÓN DE PREINSCRICIÓN UNIVERSITARIA:

 Figuran tfno e correos electrónicos

 

 

Estudios Universitarios - Oferta de titulaciones de grado por rama de conocimiento

 

SIMULADOR DA NOTA DE ADMISIÓN AS TITULACIÓNS DO SUG:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262 

 

ENLACE A "QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2020LA VOZ DE GALICIA

ENLACE para facilitar a búsqueda dos diferentes estudos: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/ 

A Voz de Galicia, publicou o  17 de maio,  a segunda edición da guía de estudos superiores. 

 Graos universitarios e ciclos de F.P. de grao superior  agrupados por cores  para unha fácil identificación, segundo a rama de coñecemento.

 Estudos de Artes Plásticas e Artes Escénicas 

 Másteres

 Na explicación de cada grao universitario aparece:

1. Centros universitarios de Galicia onde se poden cursar

2. Nota de corte en cada universidade 

3. Plazas libres no curso anterior se é o caso 

4. Se se trata dun doble grao 

5. Materias de Bacharelato que ponderan para cada grao

6. Características e salidas profesionais de cada título.

 Na explicación de cada ciclo superior de Formación Profesional figura:

1. Centros educativos onde se poden cursar

2. Características do ciclo e saídas profesionais

3. Nota de corte de Bacharelato se é o caso.

 Pero pregunta, sempre pregunta, non quedes con dúbidas.

 

SORTE!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA O ALUMNADO DA ESO

16/05/2019

Esta semana o alumnado da ESO participou no "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", da Consellería de Educación. Asistiu ás charlas sobre uso de novas tecnoloxías, drogas e alcohol, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Somos conscientes da necesidade de que o alumnado se forme o máis posible de cara ao seu desenvolvemento integral como persoas responsables tanto consigo mesmo como coa comunidade da que forman parte.

A CRUZ VERMELLA IMPARTE UN CURSO DE PRIMEIROS AXUILIOS PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO

16/05/2019

Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia.

Charlas para nais e pais

16/05/2019

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)

Moitas grazas pola súa atención.

Asdo. o director

 

David Pérez Iglesias

 

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO

15/05/2019

Tiñan que ir a semana pasada pero o temporal fixo que aprazásemos a saída. E foi bo! Tan bo que o luns e o martes o alumnado de 2º de ESO tivo uns días estupendos para visitar a illa de Ons! Cos científicos de Arenaria Coordinación, cos que levan facendo obradoiros no programa Con-Ciencia, tiveron o privilexio de coñecer este espazo protexido do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Como quen di, tiveron a illa case para eles sós! Ata falaron con Chefa, unha das mulleres que leva máis tempo vivindo na illa. 

Unha vez máis: natureza, patrimonio e convivencia! Conciencia da necesidade de comprometerse coa Sostibilidade.

  

 

 

   

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut