- Para decidir a modalidade de Bacharelato deberas ter en conta que titulacións universitarios ou ciclos formativos de Grao superior, che gustaría facer e nas túas capacidades para cursarlas con éxito.
- Se a túa OPCIÓN é a UNIVERSIDADE, pensa en 5 titulacións diferentes que che gustaría facer porque podes solicitar 5 opcións . Mira no seguinte enlace a rama na que se encadra se encadra e fíxate nas materias de 2º de Bacharelato que contan para entrar nas titulacións que queres.
https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf
- Contrasta que a modalidade de bacharelato que escolles é a adecuada para eses estudos universitarios para facer ben a elección. Por exemplo: hai unha tendencia a crer que grao de psicoloxía pertence a rama de Ciencia Sociais e resulta que está dentro da ramas de Ciencias da Saúde.
- Ten en conta que se queres facer estudos universitarios para entrar no grao, na nota de acceso computa a nota media do Bacharelato (60%) + nota da parte xeral da ABAU (40%). Con esa suma sae unha nota sobre 10 puntos. A esa nota súmase as cualificacións dos exames das materias que se teñen en conta na titulación que solicitas multiplicada por 0,1 ou 0,2, segundo se específica nos parámetros de ponderación. Desta maneira podes chegar a ter ata 14 puntos no acceso á Universidade.
- Para facerte unha idea do teu plan de estudos en Bacharelato, podes consultar tamén o plan estudos 2º Bac:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/MATR%C3%8DCULA%202%C2%BA%20BAC-2020.docx_.pdf
- Se queres coñecer o programa das materias podes consultalo no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato/materias
- Se a túa OPCIÓN é cursar un CICLO FORMATIVO DE FP DE GRAO SUPERIOR, pensa que si accedes desde o título de Bacharel, os criterios que se seguen para a adxudicación de prazas son os seguintes:
1º.- Alumnado que teñan a MODALIDADE de BACHARELATO preferente e materias vinculadas para o acceso a CICLOS SUPERIORES. Tes a información neste enlace:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8214
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente.
Máis información sobre FP (Grao Medio e Superior):
- FOLLETOS INFORMATIVOS FP: http://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-fp
- Para a INSCRICIÓN NOS CICLOS DE FP tendes que entrar en Solicitude web de ciclos formativos: www.edu.xunta.es/ciclosadmision. Podedes solicitar ata 5 ciclos formativos e/ou centros diferentes. Seguide as seguintes orientacións:
- VIDEO DE AXUDA para realizar a solicitude web de ciclos formativos de FP: https://www.youtube.com/watch?v=SuG1kaxaiYI
- INSTRUCIÓNS SOLICITUDE WEB para admisión a ciclos:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8205
Os alumnos inscritos na proba de acceso podedes facer a vosa solicitude poñendo de enderezo electrónico, a vosa conta que remata en “edu.xunta.es”.
- Tes información sobre FP DUAL en:
http://www.edu.xunta.gal/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia
Se queredes máis información poñeron en contacto con Elena: elena@ieson.gal