Skip to Content

Xeografía e Historia

VISITANDO ALLARIZ CO PROXECTO TERRA

02/06/2018

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO e o de 1º de ESO que cursa a materia de Paisaxe e Sustentabilidade visitou Allariz, dentro do Proxecto Terra. Podedes ler máis no blog da biblioteca.

Raúl Soutelo faise co Premio Manuel Murguía de Ensaio

30/11/2017

Seguimos con novas dos éxitos  dos nosos compañeiros!!! Desta volta o galardoado é Raúl Soutelo, quen, xunto con José Manuel Vázquez Lijó, vén de gañar por segunda vez o PREMIO MANUEL MURGUÍA DE ENSAIO coa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño

O xornal Sermos Galiza recolle a nova. Dende o IES dámoslles os parabéns polo recoñecemento ao esforzo no seu labor de investigación. O equipo de biblioteca, do que forma parte, súmase ás felicitacións e recoméndavos a lectura da súa obra As cartas do destino.

 

"A SAGA DO BACALHAU" NO MUSEO MAREA

12/10/2017

Alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron a semana pasada a exposición "A saga do bacalhau"" no Museo Marea. Organizada polo profesor Raúl Soutelo, do departamento de Xeografía e Historia, enmárcase nun proxecto didáctico de fomento entre o alumnado do "coñecemento empírico da importancia da pesca e das actividades derivadas dela nas sociedades costeiras na época contemporánea". A exposición que pertence ao Museo Marítimo de Ílhavo, en Portugal, está a percorrer varios puntos de Galicia no marco do proxecto Morada Atlántica.

Como ben sabedes, o bacallau é un dos referentes gastronómicos de Portugal. Destrás desta tradición hai unha dimensión económica, política e cultural da que dá conta a mostra. Formada por obxectos relacionados con esta actividade que levou a moitos mariñeiros a Terra Nova e Groenlandia e polo testemuño do xornalista australiano Alan Villiers -un libro, un filme e unha reportaxe fotográfica de 1951-, fálannos dun duro traballo non moi afastado da nosa propia historia. 

 

Visitando Allariz co Proxecto Terra

24/05/2017 17:30

Este martes, o alumnado de 3º de ESO e de 1º de ESO que cursa Paisaxe e sustentabilidade visitou Allariz. A actividade enmárcase dentro do Proxecto Terra, un programa que promove o coñecemento do territorio e a súa posta en valor dende a identidade,  resultado da colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. 

Saíron ben cedo. Ás 10:30 comezaron un roteiro polo centro histórico da vila, visitando o Museo do Coiro, o Museo da Moda e o Museo do Xoguete como significativas actuacións de recuperacón do patrimonio etnográfico da vila, e facendo espacial fincapé nas actuacións que o Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Allariz (P.E.C.H.A.) deu como resultado a concesión en 1994 do Premio Europeo de Urbanismo: o saneamento do cauce do río Arnoia; a recuperación medioambiental das súas marxes; a rehabilitación integral de vivendas e as actuacións en rúas e espazos comúns. 

Ao mediodía, xantaron no Rexo, onde, pola tarde, participaron nas actividades do Centro de Educación ambiental (CEA), a cargo dos monitores monitores da Fundación Gonzalez Ferreiro.

Como vedes nas imaxes, aprenderon e divertíronse:

 

Páxina Ciencias Sociais

facede click na imaxen para visitar a páxina de recursos e materiais para o estudio das ciencias sociais elaborada pola profesora carmen mecías

 

 

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut