Skip to Content

AS ESPECIES INVASORAS NA RUTA DA AUGA

28/06/2019

As plantas invasoras son plantas que veñen doutros países ou lugares e matan o ecosistema. Estas invaden o terreo e impiden que crezan as especies de aquí. Moitas veces os animais non as poden comer e iso pode provocar que eses animais desapareza da zona.

Á parte de plantas invasoras, tamén hai animais invasores. Existe unha páxina que nos informa das plantas e animais invasores de España, feita polo Goberno de España: 

https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce-eei-catalogo.aspx

Porén, o catálogo do Goberno de España non é completo, xa que falta a cala e a cana da India. Por iso, buscamos información noutros catálogos de especies invasoras, como a elaborada polo Concello de Piélagos (Cantabria):

https://www.pielagos.es/download/banner/32/archivo.pdf

Durante a ruta, en outubro, só atopamos estas plantas que citamos a continuación. Non obstante, no catálogo do concello de Piélagos recoñecemos moitas máis que están presentes no concello de Porto do Son, polo que chegamos á conclusión de que cando traemos plantas de fóra hai que ter coidado porque se poden converter en invasoras.

Decatámonos de que o eucalipto non figura como planta invasora en ningún dos dous catálogos. As razóns que atopamos son que ás empresas lles importa traballar con el, como as empresas de biomasa, que empregan moito eucalipto ou tamén poder ser porque é bo para a xente que corta a madeira, porque os eucaliptos medran moi rápido. Ás empresas non lles interesa que o eucalipto se denomine como especie invasora, porque ten usos máis variados ca outras especies e é economicamente moi produtiva e, se o Estado o catalogase como especie invasora, non se podería plantar máis.

Neste documento explícanse os diferentes tipos de plantas que se poden encontrar ao longo da ruta da auga que fixeron os rapaces e rapazas de 1º de ESO en outubro. Estas plantas danan o ecosistema galego e, como o seu nome di, invaden as nosas terras e por iso a vexetación natural de Galicia esta diminuíndo. O que vén a continuación é para demostrar aos galegos que a nosa vexetación propia está desaparecendo pouco a pouco sen que nos deamos conta.

Con isto intentamos sobre este tipo de plantas para que saibades algo mais delas e poidades distinguilas.

Os eucaliptos son especies invasoras de Oceanía. Rosendo Salvado trouxo o eucalipto a Galicia no S. XIX. As primeiras plantacións de eucaliptos realizáronse en Tui, aproximadamente en 1860. Nun principio era unha planta de adorno nos pazos, as casas de xente de clase alta. Agora úsase para a celulosa. Hoxe en día sabemos que hai problemas cos eucaliptos, porque consomen moita auga, expándense moi rápido e non deixan sitio para as especies autóctonas. Ademais, é unha especie moi inflamable.

 

A unlla/uña de gato é outra especie invasora que atopamos nas dunas da praia da Aguieira. A unlla de gato crece no litoral, nas zonas de dunas e acantilados e ocupa todo o solo, polo que non deixa medrar as plantas de aquí.

   

No mesmo sitio onde atopamos as unllas de gato e mais no miradoiro de Cabeiro atopamos as canas (Arundo donax), tamén chamadas cando son moitas canaval ou canedo. Atopámolas  en todas as provincias de España, alteran os hábitats e é considerada unha das 100 especies invasoras máis problemáticas da península. Introduciuse no S. XVI. Ocasiona problemas como que alimenta os incendios, despraza as especies autóctonas, diminúe a capacidade dos ríos e canles, etc. A súa erradicación é moi custosa e difícil.

 

A piteira (ágave americana) sitúase nas praias e dunas. É orixinaria de México e chegou a España no S. XVI. Trouxérona como planta ornamental e despois usouse para a industria téxtil. Atópase no catálogo de plantas invasoras feito polo Goberno de España.

O plumeiro da Pampa ou cortaderia selloana é unha especie invasora procedente de América do Sur, que apareceu en 1969. A invasión máis grave dáse na cornixa cantábrica e nas illas Canarias. Invade zonas naturais e zonas humanizadas, como as estradas.

 A cala (zantedeschia aethiopica) é unha planta que provén de Suráfrica. Chegou a España como planta ornamental, aínda que non se sabe a data de entrada. Abunda en zonas de brañas, nas cunetas das estradas, en zonas axardinadas, etc.

 

Cana da India (Canna indica) provén de América Central. Chegou como planta ornamental, pero atopámola na ruta da auga como planta salvaxe. Reprodúcese por rizomas ou raíces. 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut