Skip to Content

Conmemoracións

BO NADAL

22/12/2023 10:40

DENDE O IES DE PORTO DO SON QUEREMOS EXPRESAR O NOSO AGRADECEMENTO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA IMPLICACIÓN NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE DE CURSO, DESEXARVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS E MANDARVOS OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O VINDEIRO ANO 2024.

 

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

22/11/2023 17:01

Durante a mañá do luns 20 de novembro, o alumnado de 3º da ESO asistiu a unhas charlas sobre agresións sexuais e violencia sexual no salón de actos.

  

 

   

 

 

 

O mércores 22 de novembro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato asistiu a unha obra de teatro “O pequeno poni” na Casa da Cultura de Porto do Son.

 

 

Con esta obra pretendese visibilizar unha lacra desgraciadamente asentada nalgúns dos nosos colexios e institutos: o acoso escolar e concienciar sobre a importancia da aceptación de quen é diferente.

 

Ao remate, o alumnado participou nunha charla coloquio sobre a temática tratada na obra.

 

 

 

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

20/11/2023 16:55

Nesta semana previa ao 25 de novembro contra á violencia de xénero, o alumnado do IES participou en diferentes actividades: CHARLAS SOBRE AGRESIÓNS E VIOLENCIA SEXUAL, unha obra de teatro: O PEQUENO PONI,...

Para ver máis, pulsar AQUÍ

  Para escoitar  pulsa  MATRIARCAS-GUADI GALEGO  

 

MAGOSTO 2023

03/11/2023 16:15

Entre temporales de vento e choiva e algún que outro escampado, o venres 3 de novembro, celebramos o Magosto coas típicas castañas e un chocolatiño quente aportado pola cafetería.         

 

Grazas  ás aportacións de castañas por parte dalgúns rapaces, ó préstamo dos asadoiros do concello, á  preparación das castañas e á organización dos xogos populares por parte do alumnado e profesorado do ciclo, e tamén á colaboración da cafetería, do persoal non docente e de limpeza, de todo o profesorado e alumnado, todos poidemos disfrutar dun estupendo Magosto.

  

HALLOWEEN

31/10/2023 20:40

 Photocall terrorífico nos recreos do 31 de outubro!!!

 

Dende o martes 31 de outubro ata o venres 3 de novembro, o alumnado pode ver a exposición de fondos terroríficos nos corredores do primeiro andar do instituto e asistir na biblioteca aos pases de curtas de medo nos recreos do martes, xoves e venres, organizados polo equipo de biblioteca.

Máis información no blog da biblioteca:

https://etikeles.wordpress.com/2023/11/02/noite-de-difuntos-volta-o-medo-a-biblio/

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut