Skip to Content

Tecnoloxía

VISITA Á ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA

27/04/2019

O alumnado de bacharelato visitou este mércores a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A saída, organizada polo departamento de Tecnoloxía, forma parte do programa de orientación académica do IES. 

 

 

REUTILIZANDO EN TECNOLOXÍA!

12/04/2019

O alumnado de Tecnoloxía de 2º de ESO... reutilizando as pezas dos típex! Mirade que chulo!

ASÍ FOI A VIAXE A DUBLÍN!

12/04/2019

Xa están de volta os mozos e as mozas de 4º de ESO de Tecnoloxía Biblingüe! Ben contentos que se ven nas fotos! Trinity College, Graffton street, Museo de Arqueoloxía,  Cliff of Moher, Gallway,, ... PARA REPETIR!

   

 

 

 

   

SEGUE AVANZANDO A AULA ESPAZO MAKER

12/02/2019

A aula de Espazo Maker segue tomando forma: alegre, divertida, colorida... Convida a crear! Aí está Paloma cos chicos e chicas de Tecnoloxía botándolle imaxinación para darnos un novo espazo de aprendizaxe e convivencia!

  

 

 

 

FACENDO DE SEU A AULA DE ESPAZO MAKER

26/01/2019

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, coa profesora de Tecnoloxía Paloma Lavandeira, comezou onte a facer da aula na que se ubicará o Espazo Maker un lugar de seu. Xa formaron parte no curso 2016-17 da auditoría sobre o uso dos recursos enerxéticos. Co aforro derivado das medidas xeradas a partir desta revisión puidemos crear este curso a Aula de Xogos. Aí están, formando parte da innovación no centro! Grazas a eles e ao profesorado implicado nestas dinámicas. Cremos que, sen dúbida, este é un dos camiños que debe seguir o ensino!

       

     

    

   

 

EXPERIENCIA PIALE EN CANADÁ

14/12/2018

Paloma Labandeira, profesora do departamento de Tecnoloxía e responsable do curso de Tecnoloxía bilingüe, achéganos, dentro do plan de difusión, o que foi a súa experiencia no programa Piale en Canadá. Observemos para ver que podemos "importar" desta experiencia ben interesante!!!!

 

 

 

PIALE. Canadá. Unha entrevista. from SonCine on Vimeo.

Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras. PIALE. Canadá. Unha entrevista cun bo profesor de historia da nosa compañeira Paloma. Mesmos problemas, contextos parellos, quizais mellores solucións.
Grazas, Alexander Gibson.

Recollendo lixo para os robots

23/05/2017 22:19

O alumnado de Tecnoloxía aproveitou o bo tempo para recoller lixo na praia: limpan e ao tempo recollen refugallo co que crearán as carcasas para os robots. Aprendendo ciencia e convivindo co entorno!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut