Skip to Content

Normativa, Calendario, Plan de actividades, Documentos, Conmemoracións, Semana cultural

RIBADESELLA

09/05/2024 20:34

Esta semana o alumnado de 1º de bacharelato fixo unha saída de 3 días a Ribadesella para facer deportes de aventura e coñecer a contorna.

 

 

O martes 9 comezaron cunha actividade de paintball.

 

 

O segundo día, pasaron a mañá nun parque de aventura e pola tarde disfrutaron duns xogos tradicionais.

 

 

 O xoves, na última xornada remataron co descenso do Sella.

 

 

 

Máis fotos AQUÍ

CHARLA MANUEL NÚÑEZ SINGALA

03/05/2024 16:57

O mes de maio convidamos o escritor Manuel Núñez Singala ao IES de Porto do Son para manter dous encontros: Un co alumnado de 1º de Bacharelato e outro co de 2º da ESO. Agradecemos a súa presenza no noso centro e a colaboración da Editorial Galaxia.

No primeiro encontro Manuel Núñez Singala conversou co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Camiños na auga.

No segundo encontro, co alumnado de 2º de ESO, o escritor falou sobre a súa obra dramática O achado do castro.

Foi un privilexio para nós poder achegarlles a obra de Singala aos nosos estudantes da man do propio autor.

CHARLA RISCOS LABORAIS

03/05/2024 17:05

O 3 de maio, o alumnado de FOL do 1º curso do ciclo, tivo unha charla de riscos laborais en materia de prevención e protección nas actividades relacionadas co turismo activo,  impartida por Mª Jesús Copa Arias do ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia)

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL

25/04/2024 18:39

O 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato, participou nun obradoiro de BENESTAR EMOCIONAL impartido por QUÉROTE+, onde se falou de todo o relacionado coa xestión emocional.

CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN

24/04/2024 12:48

O 24 de abril tivo lugar a fase provincial da proba de Deporte Escolar, modalidade Orientación no Campamento Virxe do Loreto, de Porto do Son. Participou na actividade o alumnado de 2º de ESO e 2 alumnos de 4º de ESO, clasificados na fase previa.

Desta volta, quedaron clasificados: Carmen Paz (1ª clasificada), Aldara Fernández (2ª clasificada) e Anxo Fernández (3º clasificado). Parabéns!

 

OBRADOIRO IGUALDADE

24/04/2024 12:56

Durante a mañá do 24 de Abril, o alumnado de 3º de ESO asistiu a uns Obradoiros onde se traballou todo o referido á igualdade de xénero.

OLIMPIADA XEOGRÁFICA

23/04/2024 16:25

Durante a mañá do martes 23 de abril, 7 alumnos de 3º de ESO participaron na actividade “Olimpiada Xeográfica Junior de Galicia” organizada pola AGE (Asociación de Geógrafos Españoles)-Delegación de Galicia, na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.

 

 

Os nosos parabéns a Izan de 3ºA, Uxia, Andrea, Raquel e Sabela de 3º B, Mateo e Ryan de 3º C, que conseguiron o 1º e 2º premio!

 

 

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

16/04/2024 09:18

Ante a necesidade de abordar unha educación sen estereotipos de xénero, a Consellería de Educación e a de Promoción do Emprego e Igualdade, creou o programa formativo “Que non te líen, ti elixes” para tratar de eliminar a baixa representación feminina nos sectores laborais da construción, a madeira, o TIC, o metal e o mar de Galicia. Todos eles sectores con dificultades para alcanzar a igualdade laboral entre mulleres e homes.

Deste xeito, durante a mañá do martes 16 de abril, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO puido asistir a esta charla no Salón de Actos.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS

17/04/2024 13:02

O 12 de abril tivo lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL de CROS no Loreto no que resultou gañadora a nosa alumna de 3ºC Carmen Paz Santamaría.

Os nosos parabéns!

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

11/04/2024 17:50

 

Distribuir contido


by Dr. Radut