Skip to Content

1º ESO. Roteiro da auga.

Un camiño ata a Ponte de Cans (Nebra), pola natureza, a historia, a paisaxe.

A RUTA DA AUGA, 2018-19

25/10/2018

 

 

O luns, nun soleado día de outono, o alumnado do ciclo guiou 80 rapaces e rapazas de 1º de ESO dende o IES ata Cans! Non é tarefa fácil, os mozos e mozas do ciclo estréanse nunha das actividades que han desenvolver no seu futuro: conducir grupos no medio natural e facelo dende o respecto e a posta en valor da paisaxe, o patrimonio e a memoria. E fano ao grande! Agradecemos o seu esforzo e o compromiso de Alejandra, a súa profe. Sen eles esta actividade non sería posible. 

Esta iniciativa, que comezou no curso 2016-17 e continuou no 2017-18, forma parte das actividades de acollida ao alumnado máis novo do centro, enmarcada no Plan de Convivencia e no Plan de Acción Titorial e asenta unha das liñas de proxectos do centro. os roteiros. Na páxina do centro podedes ver o que se foi traballando sobre os puntos de interese da ruta. O entorno, un entorno de excepción, transformado en aula. No camiño, exercicio físico, recoñecer marcas de ruta, recoller lixo, a paisaxe, o EDAR (sempre tan agradables connosco), a auga, a natureza, o patrimonio, a memoria, botellas con mensaxes, xogos...!!!

 

Desta volta houbo tamén caras novas entre os profes: Juan, Sandra, Amy, Carmen, Nuria... Antón, sempre tan próximo e xeneroso, contándonos da importancia do EDAR. Fernando, aínda que non está no centro e anda enredado con angueiras no CAFI, achéganos no vídeo o cerne da ruta: "un proxecto para coñecer e coñecerse".

Comezamos!!!

 

 

RUTA DA AUGA, 2017-18

23/10/2017

Iniciamos o curso 2017-18, un ano máis, coa Ruta da Auga. Supón o inicio do traballo por proxectos en 1º de ESO, poñer os primeiros chanzos da convivencia desta nova xeración, crear conciencia de grupo, fomentar no alumnado o interese por coñecer o entorno e respectalo, transformar o concello de Porto do Son nunha aula, abrir as portas do centro a todo o que pode estimular o interese pola formación e transformar os mozos e mozas que pasan polo IES de Porto do Son nos seus mellores embaixadores. 

Foron guiados polos alumnos e alumnas do Ciclo de Condución de Grupos no Medio Natural. Unha primeira práctica para a maioría, e unha oportunidade de demostrar o aprendido para algúns deles. Teñen no propio centro unha recreación do que puideran ser os seus primeiros "clientes": 60 rapaces novos e os seus profesores! E FIXÉRONO MOI BEN! Podedes velo neste vídeo:

 

VÍDEO TÉCNICO DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

Cales son as características técnicas da Ruta da Auga? Cales os puntos de interese? Do departamento de Educación Física achéganos este vídeo onde se recolle esta información. Preparad@s para camiñar?!!!  Calzado cómodo. Saímos do centro e rematamos en Cans!

Convertemos o noso entorno na mellor aula!

  

Roteiro da auga. 1º ESO from SonCine on Vimeo.

ENTENDENDO A ARQUITECTURA DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

O alumnado de 1º de ESO traballou na materia de Lingua Galega a arquitectura patrimonial da Ruta da Auga. Únense historia, patrimonio, natureza e tradición. Xuntos elaboraron esta presentación na que axudan a entender os hórreos, as capelas, a casa tradicional,  os cruceiros e  os muíños. Fixeron as fotografías, invesgaron... Mirade que completiña está. Agora, cando paseemos pola ruta, poderemos entender mellor o que estamos a ver e saber o que nos contan estas construcións da nosa identidade como pobo. 

No mes de Antón Fraguas, adicámoslle a el este traballo de investigación. É unha forma de manter vivo o seu legado. De seguro, habíalle gustar!!! 

  

Arquitectura ruta da auga,IES de Porto do Son

More presentations from etikeles
 
 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, recolleu parte desta información e elaborou un tríptico que se enviará as familias no mes das Letras. 

RUTA DA AUGA18-19: DO IES A CANS!

25/10/2018

III Ruta da Auga realizada dende o IES ata Cans. Entrade no apartado dos Roteiros  desta páxina para saber máis desta actividade.

DATOS SOBRE A RUTA

28/06/2018

 

TÍTULO DA PARADA: IES Porto do Son

INTERESE DA PARADA: Paisaxístico e  arquitectónico 

Como se chega:

Dende Porto do Son ó IES hai  aproximadamente uns 1,5 km. Na estrada xeral AC-550 e xusto no primeiro desvío despois da gasolineira Cepsa hai unha indicación e verás un edificio branco. Porto do Son é unha vila  moi accesible, hai autobuses que chegan ata Noia e Ribeira.

 Porto do Son

Recomendacións para facer esta ruta:

Tárdase aproximadamente 1h 30 min (depende do ritmo ao que vaias).

Ten un percorrido de 2’5km.

Ten 7 paradas. 

Realízase andando, xa que é campo a través (polo que é necesario calzado cómodo).

É recomendable facela dende a mañá ata pola tarde. Necesitarás comida para todo o día e auga; unha das paradas é o merendeiro.

Leva:

  • abundante auga.
  • protección solar se a fas no verán.
  • roupa cómoda .

Esta ruta non é de dificultade baixa.

FIRST STOP: IES DE PORTO DO SON

21/06/2018

 

We will start our walk from the car park outside the school and we go to the “Faro de Caveiro” which is our next stop.   You go from the school to the main road AG550 and then you take the first road on the left, it is the Noal road and  it is just before the Petrol Station. Then you walk towards the beach but you must  take the first turning on the right and then walk along a path until you get to another road. After that you turn left and you go straight ahead and up forwards the lighthouse or Faro de Caveiro.

 

 

 

BOTELLAS CON MENSAXE: APROPIARSE / RESPONSABILIZARSE DO ESPAZO

20/06/2018

Dentro do traballo de 1º de ESO desenvolvido sobre as botellas, a convivencia, o apropiamento do espazo para facelo noso, para que o alumnado se responsabilice facéndoo seu, achegámosvos a intervención creativa do alumnado de plástica de 1º ESO B no corredor dos bacharelatos. Continuamos co PROXECTO PERSERVEIRA, que vai da man do PROXECTO DA RUTA DA AUGA. Cando botamos a andar as rutas como elemento integrador, estabamos abrindo camiños. Estes son os camiños que se abren entre as cores, os sorrisos, a colaboración, o uso sostible do material... PARABÉNS! 

Os seus compañeiros de 1º ESO A e 1º ESO C tamén participaron no proxecto! Podedes ver o vídeo que explica como se desenvolveu esta nova fase de Botellas con Mensaxe no  Facebook da Sala Perseveira!

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut