Hoxe, luns, foi xornada de presentación ás familias do curso escolar 2017-2018. Foi grata para nós a alta asistencia, tan importante porque detrás está un obxectivo compartido por toda a comunidade educativa: a formación académica e persoal do alumando do IES de Porto do Son.
Na reunión, informamos da organización do centro, da oferta académica, do marco da LOMCE, das actividades a desenvolver, das normas de convicencia... A continuación puideron coñecer os titores e titoras de cada grupo e estableceron os primeiros contactos de cara a lograr unha boa marcha do ano académico.
Lembrade que nesta entrada da convocatoria podedes consultar os descargar o Caderno informativo para este curso.
