Esta mañá unha boa parte do alumnado asistiu na Casa de Cultura á posta en escena de El Quijote. R2D2 e o actor Ricardo Frazer reflexionan en escena sobre a lectura que na actualidade se pode facer da obra de Cervantes. A máquina e o home lévannos a momentos cheos de humor, mais tamén a deternos a pensar sobre por que esta novela continúa vixente nestes tempos.
Sen dúbida, unha interesantísima actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, na que coincidiron con alumnado dun centro de Noia.

