Skip to Content

4º Curso

OS MATERIAIS, POR QUÉ OS ADORO'

08/04/2022 14:17
Charla que recibiu o alumnado da materia Física e Química de 4º ESO (A+B+C) o pasado mércores 6 de abril.
A charla encadrase dentro do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC" e foi impartida polo Profesor Francisco Guitián Rivera, profesor emérito da área de Edafoloxía e Química Agrícola e director do Instituto de Cerámica de Galicia. A charla, de título: "Os materiais, por qué os adoro?",  pretendía achegar ao alumnado as novas propiedades e aplicacións que poden adquirir as materias primas cando son procesadas cunha determinada microestructura.


A LITTLE ENGLISH CHALLENGE

31/05/2019

Os días 24 e 25 de abril tivo lugar no noso centro a actividade titulada A Little English Challenge. Esta actividade estivo organizada polo profesor Héctor Agrafojo Blanco, do Departamento de Inglés, e estaba destinada aos grupos cos que traballa este curso: 4º da ESO A-B-C e 1º de Bacharelato A-B. Esta era unha actividade voluntaria para mellorar o nivel de inglés na que os alumnos debían facer un exercicio do seu libro de texto que consistía en dar os seguintes pasos: en primeiro lugar, os estudantes tiñan que buscar en internet e no seu tempo libre información sobre un tema que se lles propoñía. En 4º da ESO, o tema era unha película importante de próxima aparición; en 1º de Bacharelato, tratábase dun movemento que loite por unha boa causa. A continuación, os alumnos tiñan que expoñer oralmente no instituto un resumo da súa busca de información e entregarlle ao profesor unha copia da versión escrita do seu traballo. Neste traballo eran importantes aspectos como a corrección léxica e gramatical e a boa pronunciación.

 

 

Finalmente, os mellores alumnos recibiron, a semana pasada, como premio un libro en inglés, que lles regalou o centro. Os gañadores, xunto cos temas que abordaron e os libros que elixiron, foron os seguintes:

Laura Lojo Romero (4º ESO A)

  • Tema: Avatar 2
  • Libro: The Princess Bride, de William Goldman

Laura Pego Sampedro (4º ESO A)

  • Tema: Fast & Furious 10
  • Libro: Darkly Dreaming Dexter, de Jeff Lindsay

Clara Tomé Mariño (4º ESO B)

  • Tema: Avengers: Endgame
  • Libro: Hippie, de Paulo Coelho

Javier Dios Santos (1º de Bacharelato A)

  • Tema: The Spanish Association Against Cancer
  • Libro: Black Man in a White Coat: A Doctor’s Reflections on Race and Medicine, de Damon Tweedy

Jesús Luis Vázquez Pajares (1º de Bacharelato B)

  • Tema: The Palestinian cause
  • Libro: Animal Farm, de George Orwell

Desde o instituto felicitamos a estes alumnos polo seu bo traballo nesta actividade e polo seu bo rendemento e comportamento habituais na materia de Inglés. Esperamos, tamén, que no futuro o libro en inglés lles quede como un agradable recordo a estes estudantes do seu paso polo IESON. Grazas e parabéns!

ENERXÍA CON CONCIENCIA. FUNDACIÓN REPSOL

21/02/2017 19:27

O alumnado de 4ESO está a participar no proxecto da Fundación Repsol Energía con conciencia, que ten como obxectivo sensibilizar os mozos e mozas no uso responsable da exerxía. Esta mañá participaron nunha simulación dunha auditoría enerxética ao noso centro. Os datos que  recolleron nos seus traballos foron analizados con voluntarios da Fundación. Nunha análise científica que parte da observación e da experimentación, desenvolven competencias que han de repercutir non só neles, senón tamén nos seus compañeiros. O obxectivo é formalos na conciencia do concepto de eficiencia enerxética e de coidado do medio ambiente. Por suposto, o centro aproveitará a súa aprendizaxe e o esforzo dos profesores e profesoras implicados!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut